Carril bici ao paso por Conxo
-
Chegada do carril bici desde O Milladoiro á zona de Conxo, coa obra da senda moi avanzada e onde as bicis compartirán espazo na calzada cos coches -
Lugar no que o ramal do carril bici que comunica O Milladoiro co barrio de Santa Marta continuará cara a San Caetano e o resto do carril bici a través das rúas Benéfica, ao fondo na imaxe, e Ramón Baltar xa existentes en Conxo -
Subida do ramal cara ao barrio de Santa Marta -
O ramal a Santa Marta nas proximidades do seu remate, aínda lonxe do hospital -
Subida actual a Conxo desde o ramal a Santa Marta por onde a Xunta argumentaba que non había espazo para o carril bici e por onde pasará finalmente ao renunciar a facelo polo bosque -
Rúa Ramón Baltar pola que continuará o carril bici desde a praza de Conxo como alternativa ao paso polo bosque -
A infraestrutura pasa de Conxo ao Restollal polo túnel, xa acondicionado, baixo as vías do tren e a SC-11 -
Á saída do túnel, a senda continúa pola beira dereita do río Sar ata meterse no parque Eugenio Granell, duplicando con trazados de nova construción sendas xa existentes na zona