Axudas da Xunta a empresas xornalísticas e de radiodifusión - Convocatoria 2025
A Xunta publica o reparto das súas axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión en 2025. Suman 1,98 millóns de euros e distribúense entre nove empresas editoras de xornais impresos, 16 de publicacións dixitais e oito propietarias de emisoras radiofónicas. As condicións mantidas pola Secretaría Xeral de Medios nestas convocatorias, con acceso prohibido para entidades sen ánimo de lucro, impiden que participe delas a Fundación Praza Pública, editora de Praza.gal e VINTE, con independencia do cumprimento de requisitos en materia de persoal ou uso do galego, entre outros.