Destrución de material pirotécnico ilegal nunha canteira de Tui

A Garda Civil destrúe nunha canteira de Tui explosivos incautados á pirotecnia ilegal que estoupou o pasado maio na vila causando dúas mortes. Entre o material destruído en Tui e o que xa fora estoupado controladamente noutra canteira de Oia suman uns 2.800 quilos.