Un camioneiro ataca a marteladas a un ciclista ás portas de ENCE en Pontevedra

Un camioneiro ataca a marteladas a un ciclista ás portas de ENCE en Pontevedra. O deportista, que foi hospitalizado, circulaba nas proximidades da pasteira con outro compañeiro cando, tras seren rebasados polo vehículo, lle recriminaron a súa actitude ao transportista. O condutor do camión agrediu un deles co martelo e estragou as bicicletas, tal e como amosa o vídeo remitido a Praza.gal por unha testemuña dos feitos.

ENCE vén de emitir un comunicado no que "rexeita tallantemente" este "ataque con violencia", asegura que vai "identificar coa maior rapidez posible" ao transportista para denuncialo e "que non volva traballar para a compañía". Segundo informa Pontevedra Viva, o atacante xa foi identificado pola Policía.