O vindeiro 24 de outubro a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade ímonos manifestar as 12 horas do mediodía no Obradoiro en Santiago de Compostela contra as políticas neoliberais, de austeridade e de salvaxes recortes da Troika e do goberno de Rajoy e do PP, unhas políticas neoliberais, austericidas, inxustas, crueis, salvaxes, antisociais que están condeándonos ao paro, á precaridade laboral, á pobreza, á exclusión social, á miseria e ao exilio económico á maioría social e á clase traballadora.
Voltamos ao Obradoiro a manifestarnos como xa fixemos mais veces na defensa dos dereitos sociais, dos servizos públicos, da Sanidade e do Ensino Publicos, do dereito a unha vivenda digna e a opoñernos rotundamente a Ley Mordaza, o recorte nos servizos públicos, nas liberdades democráticas, nos dereitos dereitos sociais, así como os desafiuzamentos e o Tratado de Libre Comercio (TTIP) entre os EEUU e a UE.
Imos ao Obradoiro de Santiago de Compostela a dicir alto e claro que o Pobo ten dereito a Pan, Traballo, Teito e Dignidade e que esta Crise é unha grande Estafa, un gran roubo e un gran atraco a cidadanía pra incrementar os privilexios e os beneficios dunha minoría privilexiada a costa do empobrecemento salvaxe e do recorte de dereitos da maoría social e da clase traballadora.
O 24 de Outubro enchamos o Obradoiro de dignidade e revindiquemos e digamos alto e claro que o Pobo ten dereito a Pan, Traballo, Teito e Dignidade
As Marchas da Dignidade facemos un chamamento a toda a cidadanía a que o vindeiro 24 de Outubro nos acompañe, participe e acuda con nos o Obradoiro de Santiago de Compostela porque é importante que enchamos o Obradoiro de Dignidade e que a cidadanía sigamos defendendo nas rúas os nosos dereitos e a nosa dignidade así como tamén é fundamental que a cidadanía nos empoderemos e fagamos política por nos porque se non facemos política pra defender os nosos dereitos e a nosa dignidade outras persoas farán política por nós e contra nós e nos roubaran os dereitos, a dignidade a democracia e hasta a cartera. O 24 de Outubro enchamos o Obradoiro de dignidade e revindiquemos e digamos alto e claro que o Pobo ten dereito a Pan, Traballo, Teito e Dignidade.