24-Outubro. Os insaciábeis tamén veñen a polas nosas pensións

Manifestación 24 de outubro © Modepen

Vox e PP avisan (en senllos despistes como lles recriminou o director de OKdiario) de que cando gobernen realizarán “unha reforma estrutural cara a un modelo misto de pensións que combine o sistema de reparto co de capitalización individual”

Voxi e PPii avisan (en senllos despistes como lles recriminou o director de OKdiarioiii) de que cando gobernen realizarán “unha reforma estrutural cara a un modelo misto de pensións que combine o sistema de reparto co de capitalización individual”

Traducido: Vox, e PP, van encamiñar as pensións públicas e de reparto a pensións privadas e de capitalización.

Sabemos que non é un antollo de Vox nin do PP. Detrás están os bancos e os fondos de investimento. Eses que manexan á “dereita” desde atrás 

 

Os insaciábeis.

Volve o xa cansino “colapso inevitábel das pensións”. Un vello discurso de finais da década de 1970, co neoliberalismo de Milton Friedman. Hai tanto tempo, por certo, que a maioría dos xubilados actuais, incluso os de máis de corenta anos de cotización, aínda nin comezaramos a traballar.

A súa ansia de máis beneficios é cansina. Cando vén unha presa, sexa a sanidade pública, a educación ou a vivenda, vólvense pacientes e machacóns. Como as hienas.

 

Son insaciábeis.

Traducido: Vox, e PP, van encamiñar as pensións públicas e de reparto a pensións privadas e de capitalización. Sabemos que non é un antollo de Vox nin do PP. Detrás están os bancos e os fondos de investimento. Eses que manexan á “dereita” desde atrás 

Lembremos a catastrófica (para os pensionistas) privatización realizada xa no Chile de Pinochet (1980)iv.

Lembremos, xa na década pasada, a M.Rajoy e as súas “medidas drásticas” supostamente necesarias e inaprazábeis. Algunhas derrotadas, como o decreto de Fatima Báñez, ese 0,25% que conseguimos tumbar, e outras exitosas como o roubo do superávit da caixa das pensións. (Por certo, seguimos agardando pola auditoríav).

A pesar da rapiña, e contradicindo ás trolas, o sistema non colapsou. Non lles importa. Son inasequíveis ao desalento (como dicían hai anos). E xestionar as pensións daríanlles tantos cartos...

E son tan insaciábeis.

Unha cantinela que daría vergoña allea se non nos atacase directamente, se non fose que nos queren roubar o dereito a vivir do noso traballo, ese que vendemos cando podiamos facelo a cambio de vivir del con dignidade, de novos e de vellos, mediante o sistema de “Seguridade social”. Un seguro contributivo, non gasto orzamentario como repite a dereita, que financiamos os traballadores e os empresarios, ao que contribuímos mentres traballabamos os que tivemos a sorte de poder traballar. Por iso existen técnicas financeiras para evitar calquera colapso. 

Mais o noso seguro, a nosa Seguridade Social, non importa ante a súa ansia de máis beneficios.

Son insaciábeis.

Por moito que berren “que vén o lobo” as pensións públicas e de reparto van ben. As sucesivas medidas adoptadas polo goberno potenciando os ingresos do Sistema de Seguridade Social están a funcionar dacordo co previsto. Así o recoñece o último informe da regra do gasto da Airef

Por moito que berren “que vén o lobo” as pensións públicas e de reparto van ben. As sucesivas medidas adoptadas polo goberno potenciando os ingresos do Sistema de Seguridade Social (SSS)vi están a funcionar dacordo co previsto.

Así o recoñece o último informe da regra do gasto da Airefvii. Dálles igual, malia toda evidencia a ofensiva para roubarnos o dereito á pensión está afianzándose. O premio é moi substancioso e non queren soltar a presa que tanto beneficio lles pode dar. Teñen fame eterna,

Son insaciábeis.

Queren as comisións, o control, os cartos... E veñen con ímpeto renovado, cabalgando nas ondas dos bulos e das extremas dereitas. Como veñen, insaciábeis, a converter en negocio todos os nosos dereitos tan duramente conquistados, todo o que sexa público, sanidade, educación, vivenda... Porque a súa mente calenturienta só saben que os dereitos non dan beneficios e os negocios si.

E cabalgando tamén nos ombros da mesma Comisión Europea (CE), que está a dirixir un asalto continuado para entregar as cotizacións sociais aos bancos, compañías de seguros e fondos de investimento, nun chamado á acción, nunha especie de “Quen poda facer que faga” que se está a executar en toda a Unión Europea. (Alemaña, Francia, Holanda, Portugal...) Canto máis comen máis fame teñen.

Son insaciábeis.

O que queren, o que lles gustaría, é que non existisen, que o prezo do noso traballo unicamente nos valese para vivir mentres estamos en idade de traballar, que a partir de aí tivésemos que vivir dos aforros, eses aforros que serían xestionados por eles, con substanciais comisións seguras, con beneficios seguros para eles e co risco unicamente para nós

Non queren xestionar as pensión públicas, igual que non queren xestionar a educación, a sanidade, nin a vivenda... . Non é certo. O que queren, o que lles gustaría, é que non existisen, que o prezo do noso traballo unicamente nos valese para vivir mentres estamos en idade de traballar, que a partir de aí tivésemos que vivir dos aforros, eses aforros que serían xestionados por eles, con substanciais comisións seguras, con beneficios seguros para eles e co risco unicamente para nós.

Quen non fose quen de aforrar debería conformarse cunha pensión de “caridade”... ou con nada,

Son insaciábeis.

Mais enfronte terannos a nós.

 

 

Notas

i Declaracións de Figaredo (VOX) https://www.eldiario.es/economia/vox-defiende-reforma-privatizacion-pensiones-da-muerto-sistema-publico-actual_1_13565422.html

ii Declaracións da portavoz do PP: https://www.eldiario.es/politica/portavoz-pp-defiende-cambiar-sistema-publico-pensiones-forma-valiente-petar_1_13583651.html

iiiDeclaracións de Eduardo Inda: https://www.publico.es/tremending/inda-aconseja-pp-mienta-sobre-pensiones-campana-electoral-callen-formen-gobierno.html

iv CTXT (e Indra): https://ctxt.es/es/20261001/Firmas/55507/pensiones-privatizacion-chile-pp-juan-torres-lopez.htm

vVer disposición adicional sexta da Lei: https://www.boe.es/buscar/doc.php?lang=gl&id=BOE-A-2021-21652

vi As medidas son: Incremento da base máxima de cotización, creación do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI), introdución dunha cotización adicional de solidariedade, aumento do salario mínimo interprofesional, obriga das persoas autónomas de cotizaren polos seus ingresos reais, reforma laboral de 2021, transferencias desde os Orzamentos Xerais do Estado e regularización das persoas inmigrantes. Fonte: https://www.modepen.org/wp-content/uploads/2026/06/Asalto-ao-sistema-de-pensions.pdf

vii Fonte: Ver punto V. Conclusións do informe da Airef: https://www.airef.es/wp-content/uploads/2025/03/Informe_regla_de_gasto_de_pensiones/Informe.pdf

 

Análise de Xabier Pérez Davila: Na web de modepen https://www.modepen.org/wp-content/uploads/2026/06/Asalto-ao-sistema-de-pensions.pdf

En Nós.Diario: https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/clase-traballadora-obrigada-financiar-rearme-aleman/20260810215316264019.html

Manifestación 24 de outubro © Modepen

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.