50%

CC-BY-SA Praza Pública

Facía publico, estes días, a patronal da hostalaría; que a nivel estatal contaban con facturar preto do 48% menos que no 2019. Supón unha perda de 15.000 millóns de euros no sector, un dos máis fortemente castigados pola crise derivada da pandemia. É certo que as medidas e as accións para paliar as curvas de contaxio teñen, en boa lóxica, que regular fortemente e sen medias tintas a interacción das persoas na hostalería e comercio. 

Son o sector do 50%. A maioría das medidas son reducións nesa porcentaxe: 50% de aforo, 50% nas terrazas, 50% co comedor, mais non é o 50% nas cargas impositivas nin nos gastos para os empresarios

Son o sector do 50%. A maioría das medidas son reducións nesa porcentaxe: 50% de aforo, 50% nas terrazas, 50% co comedor, mais non é o 50% nas cargas impositivas nin nos gastos para os empresarios.

A Mariña primeiro, agora Ourense e no camiño Lugo e Coruña foron testemuña das medidas restritivas para remediar a transmisión da COVID. Medidas que foron acertadas na súa aplicación e que xunto coa responsabilidade social de cada quen, foron dobregando a propagación. Á publicación no DOGA das medidas acompañouse sempre dunha exposición técnico política das autoridades sanitarias, sempre, das sanitarias. Desde a óptica da xestión científica e médica, porén a crise ten máis vertentes que non son atendidas nin resoltas nesta situación de repunta, ou segunda onda.

Boto en falta a comparecencia tamén das distintas administracións con competencias en traballo, economía e seguridade social. Non tería máis lóxica que nestes peches selectivos de Concellos e comarcas no canto de reducir prazas e fomentar terrazas se fixese un peche total do 100% da hostalería e comercio? agás claro os esenciais. Acompañando aos peches de axudas e compensacións para os pequenos propietarios e autónomos, que supoñan unha balsa para evitar os gastos de actividade, que son os mesmos de antes, cando a capacidade de traballo é do 50%. A maiores seguro que é máis efectivo para evitar o contaxio.

Non tería máis lóxica que nestes peches selectivos de Concellos e comarcas no canto de reducir prazas e fomentar terrazas se fixese un peche total do 100% da hostalería e comercio?

Toca poñerse na pel de eses emprendedores dun negocio pequeno ou mesmo familiar que ten varios traballadores, as restricións obrigan a abrir, xa que non podes ir a un ERTE por días e manter aos traballadores, pagar taxas, pagar subminístroos e impostos para no mellor dos casos ter unha capacidade de recadación do 50% que sabemos que non é tal, xa que a situación non fomenta o consumo. Non sería mellor compensar os días ao persoal e as taxas á empresa e non abrir? Eu coido que si, e por iso penso que dende o goberno central tense que reformar o marco normativo para recoller esta “nova realidade” das relacións laborais e da xestión empresarial, que no caso de repunta non comprometa a viabilidade da hostalería e do comercio de barrio, ese que fai a identidade das nosas vilas e cidades. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.