A amnistía política na dereita española: do catastrofismo constitucional á xustificación do golpismo militar

Bóveda do hemiciclo do Congreso CC-BY-SA Barcex

1. Grande parte do debate político actual xira arredor da amnistía política aos encausados polos feitos derivados do Procès, actualmente en negociación entre o PSOE e os partidos independentistas cataláns (ERC e Junts) como un dos elementos centrais da conformación dunha maioría parlamentar suficiente para a XV lexislatura 2023-2027.

Como non sabemos aínda o alcance concreto desa eventual lei de amnistía, e por tanto carecemos de elementos de xuízo para valorar a súa motivación, a dereita política – e parte da vella garda do PSOE– lanzou unha furibunda campaña preventiva, que xira arredor da presunta inconstitucionalidade de unha tal amnistía política

Como non sabemos aínda o alcance concreto desa eventual lei de amnistía, e por tanto carecemos de elementos de xuízo para valorar a súa motivación, a dereita política – e parte da vella garda do Psoe– lanzou unha furibunda campaña preventiva, que xira arredor da presunta inconstitucionalidade de unha tal amnistía política. Como xa é habitual, nesta campaña a Constitución de 1978 aparece como un texto “de lectura única”, isto é, como un texto que só ten unha interpretación posible: a máis conservadora e inmobilista. Quen leve a contraria, sitúase fóra: na anti-España.

2. Os constitucionalistas de garda teñen xa adoptado posicións sobre este debate; desde os máis maximalistas (non cabe outorgar amnistías por estar prohibidos os indultos xerais no artigo 62), até os que consideran que a amnistía é unha medida de gracia ou perdón distinta, que concede o lexislador, e a Constitución no prohibe. 

Neste sentido, a propia doutrina do Tribunal Constitucional ten admitido hai anos que a amnistía é unha decisión política excepcional, que o Constituínte situou nas mans do lexislador ordinario, e desde aí no ámbito de control propio do Tribunal Constitucional, sen que a propia Constitución sexa un impedimento para a súa adopción (STC 63/1983, 147/1986). De feito, ten habido xa “amnistías” ou perdóns fiscais (por exemplo, o obxecto da STC 73/2017).

A propia doutrina do Tribunal Constitucional ten admitido hai anos que a amnistía é unha decisión política excepcional, que o Constituínte situou nas mans do lexislador ordinario, e desde aí no ámbito de control propio do Tribunal Constitucional, sen que a propia Constitución sexa un impedimento para a súa adopción

3. A cuestión é se poden adoptarse medidas excepcionais de perdón –ou non perseguibilidade penal– das condutas penalmente punibles que se derivaron do Procès. Na miña opinión persoal, non albisco ningunha razón seria que a priori descarte a plena constitucionalidade dunha medida de perdón adoptada polo lexislador neste caso.

O propio concepto de integración política ao que obedece calquera Constitución debe levar a que esta non sexa un atranco, senón a canle de encaixe de solucións políticas a problemas de integración política dunha parte da cidadanía ou dun dos territorios dun Estado. Unha desas solucións políticas de concordia –non a única, e nen sequera a principal, pois segue pendente de solución o verdadeiro problema de fondo: unha resposta constitucional ás demandas de maior autogoberno de Catalunya e Euskadi– é a amnistía ou non perseguibilidade penal das condutas derivadas do Procès como broche dun acordo de Estado que aposte por unha solución pactada dentro da Constitución de 1978.

4. Porén, mesmo así, a campaña LARE (“La Amnistía Rompe España”) irá a máis. 

A resposta tan virulenta da dereita española fronte a unha posible amnistía é preocupante. O relato da amnistía como catástrofe –en interacción co relato de o PP como gañador das eleccións xerais de xullo de 2023– sitúanos perante unha actitude contra-constitucional

É probable, por exemplo, que o Grupo Parlamentar do Partido Popular presente un recurso de amparo contra a admisión a trámite da proposición ou proxecto de Lei (Orgánica) que articule, no seu caso, esta amnistía política, por entender aplicable a doutrina de control constitucional dos actos parlamentarios que incorran en “graves infraccións constitucionais”. Precedentes non faltan: a STC 15/2022, do 8 de febreiro, concedeu ese recurso de amparo no caso do acordos da Mesa do Parlamento de Catalunya do 25 de setembro de 2019, polos que se admitiu a trámite as propostas de resolución sobre “Un acord per l’autodeterminació, l’amnistia i els drets civils i polítics”

5. Así as cousas, a resposta tan virulenta da dereita española fronte a unha posible amnistía é preocupante. O relato da amnistía como catástrofe –en interacción co relato de o PP como gañador das eleccións xerais de xullo de 2023– sitúanos perante unha actitude contra-constitucional; unha comprensión de España que lonxe de admitir como consubstancial o pluralismo político, busca a represión dos discrepantes conforme á agresiva idea tradicionalista da nación española sustentada sobre a Lei, a igualdade e a orde, que caracteriza a historia contemporánea das dereitas en España. 

6. Dous exemplos abondan para trazar a liña xenealóxica da retórica catastrofista da LARE.

O primeiro ten corenta e sei anos: a única forza parlamentaria que non votou a favor da proposición de Lei de Amnistía Política de 1977 foi Alianza Popular

O primeiro ten corenta e sei anos: a única forza parlamentaria que non votou a favor da proposición de Lei de Amnistía Política de 1977 foi Alianza Popular. 

Na intervención do ex ministro franquista Antonio Carro Martínez no debate desta Lei no Congreso o 14 de outubro do 1977, pode lerse en defensa da abstención que “parece que la preocupación fundamental en estos momentos es amnistiar en lugar de gobernar, y esto no dudo en calificarlo como la política más peligrosa y desestabilizadora de cuantas puedan seguirse (...) me temo que en estos momentos la nueva amnistía que hoy nos proponéis, en lugar de contribuir a la reconciliación nacional, que en mi idea es algo que estamos palpando afortunadamente, se traduzca en un fermento de inseguridad social, en la institucionalización del desconocimiento del Estado de Derecho y en una profunda erosión de la autoridad. Es decir, que con la aprobación de esta nueva, de esta enésima amnistía, mucho me parece que estamos deslizándonos por el plano inclinado del menosprecio de las leyes, del desgobierno y, en fin, de la anarquía (...) la democracias no es, como algunos novatos creen, el desconocimiento o el derrumbamiento de la autoridad. Muy al contrario, la democracia, al asentarse en un ordenamiento jurídico que coinstruímos los representantes del pueblo soberano, tiene muchos más quilates de valor moral para que sea permanentemente actuada y respetada. Y frente a los ataques a la democracia no es buena medicina la amnistía. La única medicina que aplican las democracias más genuinas y consolidadas es una estricta aplicación de la ley y de la justicia”.

Un dos motivos de xustificación do golpe militar foi a amnistía concedida polo goberno da Fronte Popular por Decreto-lei de 21 de febreiro de 1936

O segundo exemplo remóntase oitenta anos. Tíroo do Dictamen de la Comisión sobre ilegitimidad de poderes actuantes en 18 de julio de 1936, co que Serrano Súñer puxo a traballar aos xuristas afectos para buscar xustificar xuridicamente o golpe militar de Franco e os seus secuaces. 

Nese argumentario xurídico, un dos motivos de xustificación do golpe militar foi... a amnistía concedida polo recén electo goberno da Fronte Popular por Decreto-lei de 21 de febreiro de 1936:

Texto do Decreto-lei da amnistía concedida polo recén electo goberno da Fronte Popular o 21 de febreiro de 1936 Dominio Público

O relato empregado por tan infame Comisión para xustificar que tal amnistía merecía un golpe militar era o seguinte:

Relato empregado 'Comisión sobre ilegitimidad de poderes actuantes en 18 de julio de 1936' para xustificar que a amnistía merecía un golpe militar Dominio Público

Incluirá o pack neofranquista de PP-Vox a tentación de repetir, aínda que sexa como farsa, esta nosa tráxica historia?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.