A árbore que nace torta, tarde ou nunca se endeireita

Fachada principal do Pazo de Meirás © Xunta

Fai unha semana, a sección terceira da Audiencia Provincial da Coruña revocou o auto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 que ordenaba depositar a favor do Estado todos os mobles e elementos accesorios das Torres de Meirás. O tribunal estimou o recurso interposto pola familia do dictador e deixou sen efecto a medida cautelar acordada a petición da Administración, á cal, ademais, foi condenada a indemnizar aos recurrentes polos danos e perxuizos que lles causara a orde anulada. Non nos atrevemos a facer unha valoración xurídica da sentanza, posto que carecemos dos coñecementos para poder facelo, mais non nos resistimos a sinalar algún aspecto chamativo da mesma e que nos retrotraen a finais do 2008, cando as Torres de Meirás foron declaradas Ben de Interese Cultural.

Segundo se recolle no Decreto de declaración, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incoou, mediante resolución do 1 de agosto de 2008, o procedemento de declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento en favor das Torres de Meirás. Durante o devantido procedemento solicitáronse os preceptivos informes das intitucións consultivas sinaladas no artigo 7.3 da derrogada Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. Se ben o artigo 9.3 da referida Lei sinalaba a obrigatoriedade de contar co informe favorable de dous órganos consultivos, no procedemento que aquí nos atinxe incluíronse os informe de tres deses órganos, nomeadamente da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, do Consello da Cultura Galega e da Universidade de Santiago de Compostela.

Os dous primeiros estimaron nos seus informes que a categoría que máis se axustaba para o caso das Torres de meirás era a de sitios histórico e non a de monumento, ao considerar que os valores culturais máis sobresaíntes que atesoura Meriás son os relativos á “memorias dos momentos importantísimos da historia de Galicia e do Estado español que alí tiveron lugar”.

Fonte: Inventario dos bens existentes nas Torres de Meirás elaborado en cumprimento do auto ditado pola titular do sulgado de primeira instancia número 1 da Coruña, de data 9 de novembro de 2020, na peza de medidas cautelares do P.O. 752/2019.

Cómpre sinalar que os informes das insitucións consultivas, recollidas no artigo 7.3 da actual Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, teñen un singular valor posto que a xurisprudencia os ten recoñecido como parte substancial do expediente de declaración ao ter a función de acreditar os valores que posúe o ben para ser declarado ou non, de ser o caso. É dicir, os informes dos órganos consultivos teñen carácter probatorio encamiñado a verificar si o ben obxecto da incoación do procedemento reúne, ou non, algúns dos valores que xustificarían a súa declaración como ben cultural, e nou seu caso, cal é a categoría xurídica concreta que lle corresponde (Barrero, 2006).

Os tribunais poden revocar, e revocan, actos de declaración da Administración nos que non quede debidamente acreditada a presenza no ben dos valores que determinan a súa declaración. Polo tanto, o órgano instrutor do expediente, atendendo ao sinalado por ambos informes consultivos e de acordo co procedemento administrativo común, determina na declaración de ben de interese cultural das Torres de Meirás que esta se produza coa categoría de sitio histórico.

Como foi sinalado, no intre da declaración estaba en vigor a Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, a cal definía como sitio ou territorio histórico o lugar ou paraxe natural vinculado a acontecementos ou recordos do pasado, creacións culturais ou da natureza, e obas do home que posúen valores históricos ou técnicos.

Si atendemos ao inicio da definición de “lugar ou paraxe natural”, estanos indicando que se trata dunha figura máis próxima aos bens de carácter ambiental, como é o caso dos xardíns históricos ou dos paraxes pintorescos, onde prima a protección da natureza fronte a aquelas outras figuras que protexen os valores máis culturais.

Porén, o monumento é definido como a construción ou obra produto da actividade humana, de relevante interese histórico, arquitectónico, arqueolóxico, artístico, ernográfico, científico ou técnico, con inclusión dos mobles, instalación e accesosrios que expresamente se sinalen como parte integrante do mesmo, e que por si soa constitúa unha unidade singular. Tendo en conta isto, así como o feito de que no auto os xuíces destacan que na demanda non se reivindique “un ben de interese cultural como conxunto formado tanto por bens mobles e inmobles”, quizais a proposta inicial de declarar Meirás como monumento non ía tan desacertada. Hai tempo para rectificar?

 

  • BARRERO RODRÍGUEZ, C. 2006. La Ordenación urbanística de los conjuntos históricos.

 

Artigo publicado orixinalmente no blog Xestión do Patrimonio

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.