A Arxentina de Milei entra en recesión

Javier Milei na súa primeira comparecencia televisada como presidente electo de Arxentina CC-BY-SA Praza Pública

O Goberno de Milei enfróntase agora a un escenario marcado pola caída da actividade económica, a diminución do consumo e a crecente preocupación dos investidores, e a desaprobación maioritaria da súa xestión. Os datos apuntan a que o país vai cara a unha recesión técnica

A economía de Arxentina atravesa un momento complicado. A contración do PIB dos dous últimos trimestres e as proxección do 4º así o evidencian. O Goberno de Javier Milei, que chegou ao poder coa promesa de transformar profundamente o país, enfróntase agora a un escenario marcado pola caída da actividade económica, a diminución do consumo e a crecente preocupación dos investidores, e a desaprobación maioritaria da súa xestión. Os datos apuntan a que o país vai cara a unha recesión técnica.

Desde a súa chegada á Casa Rosada en decembro de 2023, Milei puxo en marcha unha política baseada na redución do gasto público, no control da inflación e na liberalización dos mercados. Medidas que conseguiron certos resultados positivos, como a mellora das contas públicas e a moderación da suba dos prezos. Porén, o custo social do programa comeza a ser cada vez máis visible, crecente e insoportable. O aumento nas tarifas de servizos públicos (transporte, enerxía, auga) tras la redución de subsidios o o freno na obra pública son os puntos con maior avaliación negativa da maioría dunha poboación que xa olla cara ao desemprego coma a maior preocupación. 

A motoserra do Ministerio de Saúde reduciu a cesta de medicamentos esenciais subministrados de balde nos centros de saúde públicos, pasando de 128 produtos a tan só 6. Entre os fármacos clave eliminados do programa nacional de distribución gratuíta atópanse: Enfermidades crónicas, Antibióticos e antifúnxicos, saúde materno-infantil e anticoncepción.

Un dos principais problemas é o debilitamento do consumo interno. Moitas familias teñen dificultades para chegar a fin de mes debido á perda de poder adquisitivo e ao encarecemento dos servizos básicos

Un dos principais problemas é o debilitamento do consumo interno. Moitas familias teñen dificultades para chegar a fin de mes debido á perda de poder adquisitivo e ao encarecemento dos servizos básicos. Esta situación afecta directamente ao comercio, á industria e ás pequenas empresas, que están a sufrir unha importante baixada das vendas. Algúns negocios víronse obrigados a reducir os seus cadros de persoal ou mesmo a pechar as súas portas. A xestión do presidente xa merece unha desaprobación arriba do 60% dos arxentinos.

A experiencia da chegada de ultraliberais ao gobernos fai que podamos albiscar con certeza como vai ser o final. Solo falta agardar a coñecer canto tempo duran

A situación tamén preocupa aos mercados financeiros. O risco país mantense elevado, dificultando o acceso ao financiamento e complicando as posibilidades de recuperación.

Aínda que o Executivo conseguiu reducir considerablemente a inflación e avanzar cara ao equilibrio fiscal, estes logros non parecen suficientes para compensar as dificultades que sofre unha parte importante da poboación. A caída da actividade económica está a reducir os ingresos do Estado e poñer en perigo a estabilidade das contas públicas. Pódese meter a motoserra nos gastos, pero sen unha economía dinámica non hai ingresos e as contas públicas colapsan. 

Outro factor que agrava o panorama é a competencia dos produtos importados, que afecta especialmente á industria nacional. Inzan a bandeira arxentina nos mitins, pero son os maiores facilitadores da entrada de produtos e empresas estranxeiras. Sectores como o téxtil e a construción están a experimentar importantes dificultades para manter a súa actividade. Desde que Milei chegou ao gobernó pecharon 32.429 empresas en Arxentina (unha reducción do 6,3% respecto al total rexistrado en novembro de 2023).

Certo é que non todos os arxentinos sofren os rigores de Milei. Un 25% está a mellorar a súa situación económica, máis un 75% sente como cada día abafan máis oprimidos polos rigores ultraliberais. Así adoitan ser as economías bipolares

O futuro do seu proxecto dependería dun xiro de 180º da economía neoliberal que mellorase o emprego, o consumo e permitise un maior benestar social. Mentres tanto, Arxentina xa está a comprobar como as políticas de austera motoserra, poden mellorar temporalmente os índicer macroeconómicos como a inflación ou a débeda, pero acaban colapsando por falta de vigor da economía interna.

A experiencia da chegada de ultraliberais ao gobernos fai que podamos albiscar con certeza como vai ser o final. Solo falta agardar a coñecer canto tempo duran. Certo é que non todos os arxentinos sofren os rigores de Milei. Un 25% está a mellorar a súa situación económica, máis un 75% sente como cada día abafan máis oprimidos polos rigores ultraliberais. Así adoitan ser as economías bipolares.

Milei con Abascal © Vox

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.