O concepto de carga mental está a ser un eido de estudo moi amplo nos últimos anos no campo laboral e da prevención de riscos laborais. Este termo de xeito xeral é entendido como o “conxunto de requerimentos mentais, cognitivos ou intelectuais aos que está sometido o traballador ao longo da súa xornada laboral, é dicir, nivel de actividade mental ou de esforzo intelectual necesario para desenvolver o traballo” (INSST).
Fóra do mundo laboral, no eido doméstico tamén podemos falar de “carga mental” que inevitablemente ten un sesgo de sexo, aparecendo o que chamamos o “síndrome da muller esgotada”. Falamos do labor de planificación, organización e toma de decisións no fogar que asumen maioritariamente elas
Pero fóra do mundo laboral, no eido doméstico tamén podemos falar de “carga mental” que inevitablemente ten un sesgo de sexo, aparecendo o que chamamos o “síndrome da muller esgotada”. Falamos do “labor de planificación, organización e toma de decisións no fogar que asumen maioritariamente elas”.
Un traballo non recoñecido que pode aumentar o estrés, a ansiedade e que é a base de moitos conflitos de parella. Falamos moito de corresponsabilidade, pero hai moito que facer para acadar esa “corresponsabilidade emocional”.
En relación co antedito, tendo en conta que segundo INE as mulleres seguen sendo as que cargan coa maior parte das responsabilidades familiares ou o coidado do fogar. As mulleres empregan diariamente como media 3 horas e 24 minutos de tempo adicado ao fogar ou a familia cando no caso dos homes segue a ser de 2 horas e 20 minutos. É dicir un total de 26 horas de media á semana das mulleres fronte a 14 horas dos homes.
Dentro destas tarefas e responsabilidades familiares atopamos que os labores de loxística, planificación, coordinación e toma de decisións no fogar, incide maioritariamente nas mulleres que nos homes, unha situación que en moitas ocasións medra coa maternidade. Segundo estudos como o de P&G referido ao ano 2021 o 71% das mulleres sofre carga mental, e só 12% dos homes, no referido ao eido doméstico.
As mulleres empregan diariamente como media 3 horas e 24 minutos de tempo adicado ao fogar ou a familia cando no caso dos homes segue a ser de 2 horas e 20 minutos. É dicir un total de 26 horas de media á semana das mulleres fronte a 14 horas dos homes
Este concepto é máis evidente en momentos como é a post-maternidade, ou cando os pais son maiores ou dependentes e requiren máis coidados, caendo a meirande parte do peso (cando non é total) nas mulleres (que incide non só a nivel mental co que implican “os coidados”, senón tamén na súa carreira profesional).
“A carga mental das nais fai que o verbo conciliar sexa máis difícil de conxugar para elas, e inflúe na desigualdade por sexos do mundo laboral”, segundo as verbas da socióloga Maite Egoscozabal, socióloga doClub de Malasmadres.
Segundo o estudo realizado por esta entidade que recibe o nome de “Somos Equipo”, que afonda nas causas da imposibilidade de conciliar”, indica que “o 58% das mulleres, despois de ser nais, toman decisións que implican unha certa renuncia (redución da xornada laboral, excedencia ou abandono do trabalo) na súa carreira profesional”
Nestes datos temos que destacar os factores externos, sociais e legais, que favorecen que a muller deixe o seu traballo no favor dos seus fillos e familia; e as barreiras internas, que veñen dadas pola propia educación diferenciada recibida entre os homes e mulleres, (roles de xénero culturalmente asentados) que dan como inherente na condición de muller ser a que leve a carga dos fillos, a que tome decisións sobre as cuestións domésticas ou a que teña que renunciar a parte da dúa vida profesional, ou cando non renuncia a soportar unha dobre carga mental e esgotamento.
Segundo este estudo os fillos perciben tamén de forma inconsciente esta desigualdade de tarefas; xa que só un 12% dos pais afirman que son as persoas de referencia para as necesidades diarias dos seus fillos, fronte al 70% das nais. Outro dato curioso é que só o 14% dos pais están no chat do colexio, fronte ao 65% das nais.
Falamos de tarefas como viaxes, aniversarios, datas de compromisos familiares, agasallos (por exemplo no nadal), intendencia doméstica, vacinas dos nenos, consultas médicas, aniversarios ou tarefas de coidados en xeral, seguen a recaer nas mulleres que supón un esforzo mental que nin se ve nin se recoñece.
Son elas as que fan malabarismos para coordinar e adicar tempo a todas as partes da súa vida, moitas veces renunciando a tempo para elas
Segundo advirten moitos expertos como Marta Giménez (Profesora Asociada na Facultade de Psicoloxía (UCM) no Dpto. Psicoloxía Social, e do Traballo Diferencial. Destaca neste sentido a súa participación no Mestrado de Estudos de Xénero da Universidade Complutense de Madrid), “estas tarefas invisibles requiren unha serie de recursos cognitivos, de memoria, planificación que supoñen un custe mental que vemos traducido en fatiga, falta de concentración, e maior asiedade”.
Hai un falla de conciencia absoluta sobre esta cuestión, é unha carga silenciosa, que non se ten en conta á hora de partillar as tarefas domésticas e familiares. Esta queda agochada baixo o reparto equitativo das tarefas, pero no que o tema da planifcación e da xestión da familia, segue a quedar no campo das mulleres, e que supón unha fonte de esgotamento, que tivo un agravamento coa crise provocada pola COVID-19 e o teletraballo.
De acordo cun estudo realizado polo Departamento de Socioloxía e Antropoloxía Social da Universidade de Valencia (a raíz do confinamento), as mulleres con menores que teletrallan soportaron maior estrés no confinamento. Segundo este estudio “son elas as que fan malabarismos para coordinar e adicar tempo a todas as partes da súa vida, moitas veces renunciando a tempo para elas”. Madrugando para poder sacar adiante as horas de traballo, conectadas continuamente aos seus correos profesionais, mentras educan, coidan e xestionan as necesidades da casa. E están esgotadas. É o que coñecemos como o “síndrome da muller esgotada”.
Este síndrome ven definido por un cansancio vital que da lugar a un agotamente crónico que é máis grave pola situación actual. Pero non é algo excepcional, xa que é un mal acumulativo e que co confinamento e a presenza dos menores na casa foi a máis. Cansanzo emocional que pode derivar en moitas outras doenzas que se poden cronificar co tempo (debilidade do sistema inmunolóxico, problemas de tensión muscular, depresión, problemas da pel...).
Non hai nada inherente nin biolóxico nas mulleres, para entender que deban asumir este papel de “coordinar o fogar ou os coidados”, non é máis que algo imposto culturamente por un sistema sexo- xénero patriarcal, en base a uns roles e estereotipos de xénero, prescritores de comportamentos
En España aínda queda moito camiño por facer, a pesares de que xa comezan este tema a aparecer en moitos estudos con perspectiva de xénero, aínda en moitos casos non se trata coma un mal diagnosticado, a diferenza de países da nosa contorna coma Inglaterra no que o Servizo Nacional de Saúde xa emprega o temo TATT “Cansas todo o tempo”.
Non hai nada inherente nin biolóxico nas mulleres, para entender que deban asumir este papel de “coordinar o fogar ou os coidados”, non é máis que algo imposto culturamente por un sistema sexo- xénero patriarcal, en base a uns roles e estereotipos de xénero, prescritores de comportamentos. O xénero non pode definir identidades nin personalidades, nin moito menos obrigas ou atitudes, o xénero é algo a derrogar, porque non é máis ca un pilar fundamental da base da discriminación e a desigualade estrutural entre homes e mulleres.
“Nesta familia non hais xefes, somos unha cooperativa” (Mafalda)