A conspiración

“ Ahora cuelgo, pues aquí pasa algo”.*
Pablo Escobar

Podo afirmar coa mesma seguridade coa que Diego A. Manrique afirma que non houbo unha CONSPIRACIÓN  (“ Las drogas duras no entraron en España por una decisión en algún despacho gubernamental; olviden las conspiraciones [..]) que si que existe unha CONSPIRACIÓN contra ti, contra Diego Manrique, contra Ramón Area e en definitiva contra todos NÓS.

Eu non podo esquecer!.

Podémola chamar A CONSPIRACIÓN DA HABANA. ( Titulo que podería valer para que calquera dos autores, que nestes días visitaron a Chapelle de la Trinité, Lyon ,escríbese unha novela negra ou tamén podería valer para unha serie que bote os mércores pola noite,as dez e media, o canal PARAMOUNT CHANNEL en substitución de The Fall  )

Metidos de cheo na lectura dos papeis de Panamá e en analizar as bágoas do presidente Feixoo ( “tivo que interromper sete veces entre saloucos o discurso pronunciado para anunciar que se presentará por terceira vez como candidato á presidencia da Xunta”. Domingo Sampedro) e os calzón blanco de Cristiano Ronaldo (“ Cristiano Ronaldo vive en un continuo anuncio de calzoncillos”. Quique Peinado) e en escoitar a Mariane Faithfull cantando Ah, come on, Sister Morphine, you better/ make up my bed/'Cause you know and I know in the morning /I'll be dead/Yeah, and you can sit around, yeah and you can watch all the/Clean white sheets stained red , non nos decatamos dende que os The Rolling Stones visitaron a cidade da Habana,  a cantidade de xente que morreu. Hendrik Johannes Cruijff (Grácies), Imre Kertész, Patty Duke, Raúl “El Güero” Cárdenas, Leandro “Gato” Barbieri, Manolo Tena, Douglas Wilmer (Elemental Prezado Watson, o fin chegou para min) Chus Lampreave e todas a persoas que aparecen nas necrolóxicas dos xornais El Correo Gallego, La Región, Faro de Vigo, El Progreso, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, ABC, El País e El Mundo. Sit tibi terra levis!

Na cidade da Habana, o día vinte e cinco de marzo de dous mil dezaseis subscribiuse as agachadas un verdadeiro pacto co diaño. Fidel Castro e os membros dos Rolling Stones firmaron a paz e chegaron ao acordo de que queren ser os derradeiros habitantes do mundo.

Tremo por ti, por Diego A. Manrique, por Ramón Área (Non vas ter tempo nin para escribir a túa segunda novela e para que un crítico comente no suplemento FUGAS da Voz de Galicia a túa primeira novela. Tempo de pedra.) e por todos NÓS.

Polo que pode acontecer as miñas derradeiras verbas son unha mestura das que dixeron Sir Arthur Conan Doyle e Knut Hamsun as súas mulleres “ María. Es admirable, pero deixa a almofada, xa morro”, mentres na habitación sona Criminal dos The Roots e na televisión segue a falar de fútbol “Lobo” Carrasco.

Coda:

*Segundo recolle Werner Fuld no seu libro Lexikon der letzen Worte. Lezte Bostchafen berúhmter Mánner und Frauen von Konrad Adenauer bis Emiliano Zapata (Eichborn AG, Franfurt am Main, 2001), estas foron as derradeiras verbas que o barón colombiano da droga lle dixo ao seu fillo cando unha unidade especial da policía precipitouse no seu agocho e disparoulle.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.