A conspiración pt. III

“ A Morte baixou por fin á Vida
matou a moitos mentres despertaban”.
Thomas Bernhard*.

“Ningúen fai caso.
Úrsula Heinze de Lorenzo.

“ Porque es triste y es también preciso
comprender que eso es vivir”.
J.M Caballero Bonald
A Charlie Watts.

Volvo a insistir e por derradeira vez, coa mesma seguridade coa que Diego A. Manrique afirma que non houbo unha CONSPIRACIÓN  (“ Las drogas duras no entraron en España por una decisión en algún despacho gubernamental; olviden las conspiraciones [..]) que si que existe unha CONSPIRACIÓN contra todos NÓS. Podémola chamar A CONSPIRACIÓN DA HABANA P.T III.

Metidos aínda de cheo na lectura dos papeis de Panamá e no sumario da Púnica , dos versos de Manuel María e Antonio Colinas (un poeta que canta e conta), dos programas electorais e en escoitar a The Who cantando Coke 2 e a Caxade dicíndonos que Os romanos chegaron aquí en sandalias, aínda non nos decatamos, que dende a publicación en Praza Pública duns contos titulados A Conspiración da Habana e A Conspiración da Habana II nos  que se lembraba que  na cidade da Habana, o día vinte e cinco de marzo de dous mil dezaseis subscribiuse as agachadas un verdadeiro pacto co diaño entre Fidel Castro e os Rolling Stones, a cantidade de persoas que morreu a maiores das citadas nos mesmos. Pedro Gónzalez, Luciano Broncoli, Esther Cidoncha, Miguel de la Quadra Salcedo, Madeleine Lebeau , Ramón Carlín, Marco Panella , Jane Litlte, Sabino Torres, Guy Clark. Petter Shaffer, Víctor Korchnói, Arturo Pomar, Yan Jiang, Muhammand Alí, Jean Claude Decaux, John Berry, Margarito, John Berry e todas a persoas que os locutores da Cadena Ser len cada día as unha e media da tarde. Sit tibi terra levis!

Volvo a lembrar, porque ninguén fai caso, que Fidel Castro e os membros dos Rolling Stones firmaron a paz e chegaron ao acordo de que queren ser os derradeiros habitantes do planeta. O acordo volvérono a referendar no setenta e cinco aniversario do Charlie Watts.

Xa non tremo nin por todos NÓS nin polo critico do suplemento Vuotaa que non poderá  escribir sobre a primeira novela de Raimund Alue titulada Aika Stone. Aquí estou e non che teño medo! e como di o poeta de Jerez de La Frontera Me entrego , pues, a ti./ He nacido en tu reino: úngeme, pero iso si espera que reúna os cartos para financiar sen que eles o saiban o último traballo de 2nafronteira*.

Nota Bene:

* O autor ten dous soños que desexa cumprir antes de toparse de bruces con el tiempo vacio. Un hospedarse con Lady Mary na habitación 911 do hotel sito na praza Vendôme para probar unha das 120000 botellas que o mariscal Goering non levou para Berlin e comprobar Que reste-t-il de nos amours?. Que reste-t-il de ces beaux jours? O outro facer como fixo Coco Chanel coa A consagración da primavera de Stravinsky. Financiar a un artista sen que o saiba.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.