En tódolos partidos poden existir ovellas negras, igual que existen en tódalas profesións, o grave, e que mentres algúns partidos toman decisións, por exemplo, os imputados son expulsados inmediatamente, noutros, fundamente no PP, isto non se fai, ou se tarda demasiado, ou incluso se apoian ata que non hai máis remedio. Tampouco, cando está nas súas mans, fan leis claras que eviten esta lacra ou permiten que existan institucións como as Deputacións e outros chiringuitos que favorecen prácticas pouco transparentes. Incluso tratan, por tódolos medios, de controlar o poder xudicial, para que os beneficie, aínda que as veces teñen certas dificultades.
Na derradeira etapa de Felipe González a fronte do PSOE, a corrupción era un clamor e pagouno nas furnas. Agora estamos aínda peor, chegando o extremo de que o propio PP está imputado por financiamento irregular e tivo que depositar un millón douscentos mil euros de aval por esta causa. Non obstante, da a impresión de que a xente non lle da tanta importancia.
Vou citar algúns casos significativos e coñecidos. Con este número de membros importantes condenados ou imputados, ningún partido en Europa sería capaz de gañar unhas eleccións.
Rodrigo Rato: ex-Ministro de Economía e ex-presidente do F.M.I. Imputado por corrupción en Bankia, uso de tarxetas Black e apareceu con contas en Panamá. Pasou pola cárcere e está pendente de varios xuízos.
Luis Barcenas: ex-tesoureiro, Ex-senador e Ex -xerente do PP durante máis de 20 anos, Imputado no caso Gurtel. Pendente de xuízo por contas exorbitadas en Suiza, pasou un ano na cárcere e está pendente de varios xuízos. Cos seus papeis manuscritos implicou a dirección actual do PP.
Jaume Matas: ex-Ministro de Medio Ambiente e Ex-Presidente de Baleares, na cárcere, e pendente de varios xuízos por malversación e outros cargos.
Carlos Fabra: ex-Presidente da Deputación de Castellón, na cárcere por diversos casos de corrupción.
Francisco Granados: ex-Vicepresidente da Comunidade Madrileña, na cárcere por ter contas en Suiza, implicado no caso Púnica, pendente de varios xuízos.
Ignacio González: ex-Presidente da Comunidade Madrileña, imputado por a compra irregular dun ático en Marbella.
José-Manuel Soria: ex-Ministro de Industria, dimitiu do cargo por mentir e ter contas en paraísos fiscais.
José-Maria Aznar: ex-Presidente do Goberno, acusado de fraude a Facenda e multado con 60.000 €.
Miguel Arias Cañete: Actual Eurocomisaro e Ex-Ministro de Agricultura, participou como ministro na lei de amnistía fiscal á que se acolleu a súa muller para regular diñeiro procedente de paraísos fiscais. Investigado no caso Acuamed.
Alfonso Alonso, actual Ministro de Xustiza e Javier Maroto, Ex Alcalde de Vitoria, membros da dirección do PP, condenados polo Tribunal de Contas o pago de preto de 400.000 € por actuar irregularmente cando eran Alcalde de Vitoria e Concelleiro de Facenda
Gustavo de Aréstegui: ex-deputado e ex-embaixador na India, acusado por cobro de elevadas comisións ilegais.
Pedro Gómez de la Serna: Deputado, acusado de cobros irregulares.
Ana Mato: ex-ministra de Sanidade, acusada de recibir regalos inxustificados, e o seu ex marido implicado no caso Gurtel por malversación de caudais públicos.
Vicente Martínez-Pujalte: Ex-deputado, investigado por falsidade e cobros irregulares.
José Torres Hurtado e Isabel Nieto: ex-alcalde de Granada e ex concelleira de urbanismo demitiron do seu carrego por acusación de corrupción urbanística.
Rafael Blasco: ex Conselleiro da comunidade Valenciana, acusado por apropianción indebida de cartos que terían que ser entregados ó terceiro mundo.
Juan Cotino, ex Presidente das Cortes Valencianas e Ex Director Xeral da Policia, Ex Delegado do goberno, acusado de malversación pola contratación irregular de empresas vinculadas a trama Gurtel. Tamén está investigado no caso Brugal. Etc.
Esta é unha pequena mostra, existen moitos máis implicados sobre todo en Madrid e Valencia, onde as tramas Gurtel e Púnica implican a inmensa maioría de cargos do PP, e Galicia tampouco se queda atrás, por exemplo:
Pablo Crespo, ex secretario de Organización do PP galego, estivo na cárcere e a xustiza pide 18 anos de condena por soborno, malversación e fraude .
Gerardo Conde Roa, ex Alcalde de Santiago de onde dimitiu por presunto delito contra a Facenda Pública.
José-Luis Baltar, ex Presidente da Deputación de Ourense, inhabilitado xudicialmente para calquera cargo publico por enchufismo durante oito anos.
José-Manuel Baltar, Presidente da Deputación Ourensán, investigado por intentar conceder un traballo a cambio de favores sexuais e manifestacións telefónicas de enchufismo, etc
Ademais en tódalas tramas de corrupción galegas: Pokemón, Campeón, Orquesta, Arena, Manga, Zeta, están implicados Alcaldes, Deputados e Concelleiros do PP, e aínda que é certo que algúns poden ser absoltos, fundamentalmente porque dispoñen de moitos medios e tamén hai membros de outros partidos, os casos de corrupción dentro dos altos cargos do PP, é escandaloso.