A demografía en Galicia

Despois do paro, o decrecemento da poboación no noso país quizais sexa un dos problemas máis graves que padecemos. Para resolver isto, teríase que solucionar fundamentalmente o tema do emprego e aplicar outras medidas sociais, como crear máis escolas infantís, dar facilidades no traballo ós pais dos recen nacidos, etc. Tamén sería importante favorecer cousas máis simples, como que a fecundación “in vitro” nos hospitais públicos se poida efectuar axiña, e non como acontece agora, que se obriga ás mulleres a agardar varios anos ou a ir a un centro privado, onde se fai máis rápido, iso sí, cun prezo altísimo que a maioría das persoas non poden asumir.

O goberno galego, ante os graves problemas, da a impresión de que está mirando para outro lado, e neste caso concreto, gustaríanos saber si ten algunha idea ou está pensado tomar algunha medida co fin de mitigar este decrecemento.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.