A España do caos

Escribín hai dous anos que PP e PSOE e, nomeadamente, os seus líderes, ZP e Rajoy (aos que alcumei no noso galego de “fenómenos”) eran parte do problema e nunca poderían traer a solución. O tempo, no seu rol de implacábel executor do principio de Peter, multiplicou exponencialmente as razóns a prol deste xuizo.

ZP gabábase do sistema financeiro máis sólido do mundo mundial, negaba a crise, vía brotes verdes e pactaba o PP estatal a liquidación das nosas Caixas de aforro, mentres investía milleiros de millóns de euros nun Plan E que non xerou nin emprego estábel nin desenvolvemento tecnolóxico, social ou económico e tivo a triste honra de demostrar que ás veces até o keynesianismo pode fallar, nomeadamente cando non se escollen os obxectivos nin se dimensionan os instrumentos.

ZP gabábase do sistema financeiro máis sólido do mundo mundial, negaba a crise, vía brotes verdes e pactaba o PP estatal a liquidación das nosas Caixas de aforro, mentres investía milleiros de millóns de euros nun Plan E que non xerou nin emprego estábel nin desenvolvemento tecnolóxico

Mais sendo a herdanza recibida polo PP unha pexa moi grande, en catro meses Rajoy alargou a sensación de malestar económico e xerou o caos, malia a gozar dunhas primeiras semanas relativamente doces por mor da achega de liquidez do Banco Central Europeo aos principais Bancos. Pero a desconfianza a respecto de Rajoy e do PP xa se fixo, polo menos, tan potente coma a desconfianza a respecto do goberno ZP, ao que contribuíu certamente o adiamento ou agochamento de determinadas medidas como trampa para gañar as eleccións andaluzas.

Pois ben, o PP perdeu as andaluzas, subiu os impostos directos e subirá os indirectos, inxectará entre 12 e 15 mil millóns de euros en Bankia e recortará outros 10.000 millóns de euros da sanidade e da educación, medidas todas non previstas na investidura do 19-D. E, con ser todo isto representativo da súa falla de vergoña política,o peor de todo é a idea que transmiten de que todo isto non chega e que non saben por onde andan. A sensación dun De Guindos, que cada vez que fala sobe o pan. E dun De Wert, un Gallardón ou unha Ana Mato que non saben por onde andan.

A desconfianza a respecto de Rajoy e do PP xa se fixo, polo menos, tan potente coma a desconfianza a respecto do goberno ZP, ao que contribuíu certamente o adiamento ou agochamento de determinadas medidas como trampa para gañar as eleccións andaluzas

Mentres, Rajoy considera que non compre que compareza perante a opinión pública. O mesmo pensa nalgunha fórmula para que non lle sigan, cada día un pouco máis, a asubiar os ouvidos no futuro.

 

 

A arrincadeira: O 15M no seu primeiro aniversario

Semella que algúns políticos aprenderon a lección recibida dos demócratas anoxados do movemento 15-M, mentres estes entenderon que i) Galicia non é Soria. ii) Non todos os políticos son iguais. iii) O futuro do movemento é a súa dimensión europea e universal e iv) A clave é puxar por unha fonda transformación social que garanta a cohesión e inclusión sociais e non por unha revolución anarquista ou comunista.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.