A Europa das liberdades

Bandeira da UE CC-BY AndrzejRembowski

O artigo 11 da Carta de dereitos da UE recoñece a liberdade de expresión, considerada como a liberdade de opinión e de recebir e comunicar información sen inmisións das autoridades públicas nin consideración de fronteiras. Tamén integra este dereito a liberdade e pluralismo dos medios de comunicación

Os 27 Estados da Unión Europea (UE) partillan tamén uns valores xurídicos comúns, alicerzados nunha concepción comunitarista dos dereitos humanos contida na Convención Europea dos Dereitos Humanos (CEDH-1950), interpretada pola abondosa xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Strasbourg e que constitúe a máxima instancia xudicial no eido dos dereitos das persoas, por riba dos Tribunais dos Estados Membros todos e da propia UE. A devandita Convención reforzouse coa moito máis recente Carta de Dereitos Fundamentais da UE ( 2010), que rexe na UE e nos seus 27 Estados Membros. 

O artigo 11 da devandita Carta de dereitos da UE recoñece a liberdade de expresión, considerada como a liberdade de opinión e de recebir e comunicar información sen inmisións das autoridades públicas nin consideración de fronteiras. Tamén integra este dereito a liberdade e pluralismo dos medios de comunicación. Todo ilo no marco dun sistema baseado na presunción de inocencia e na protección xudicial efectiva destes dereitos por xuices independentes aos que poden acceder as persoas todas e non só as que fan parte da cidadanía europea.

Russia Today CC-BY-SA Benoît Prieur

 De verdade queremos seguer ese camiño? Queremos actuar como o réxime autoritario de Putin, como a ditadura chinesa, como as monarquías represivas e feudais saudi e dos emiratos do Golfo? Semella que Borrell e outros malos políticos europeos si

Velaí as regras de xogo da Unión Europea. E velaí que a Presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen ou o seu Vicepresidente e responsábel da súa política exterior., Josep Borrell, non poidan apelar á prohibición das canles rusas Russia Today e Sputnik co Dereito europeo na mán, malia que si acadasen parcialmente este efecto por mor da exclusión das mesmas na oferta dalgunhas plataformas de TV privadas e das redes sociais Facebook, Instagram e Tik Tok.

Arredor desta cuestión sucede o que sucedeu tamén na crise pandémica con novas que diferían de certa uniformidade de discurso a respecto das medidas sanitarias e de vacinamento, até o extremo que cuestionarmos os efectos positivos do pasaporte Covid semellaba para moitas persoas profesar o negacionismo máis revirado. O que pasou tamén nos medios do Estado español coa ilegalización do abertzalismo vasco ou, moito máis recentemente, co procès catalán.

O único xeito europeo de trunfar contra a agresión rusa, como o único xeito europeo de garantir a loita contra a pandemia é o que se alicerza sobre as liberdades e as garantías democráticas. Se rachamos esta regra rachamos os nosos valores, o noo espirito, a nosa democracia

Russia Today e Sputnik poden ser media propiedade dun Estado agresor e de seguro están a contar a realidade dun xeito deturpado, actividade na que por desgraza teñen parceiros en moitos sitios. Mais emiten consonte coas nosas regras de xogo. Rusia ven de expulsar indirectamente centos de xornalistas occidentais ao lexislar penas de cárcere para a emisión de novas falsas. De verdade queremos seguer ese camiño? Queremos actuar como o réxime autoritario de Putin, como a ditadura chinesa, como as monarquías represivas e feudais saudi e dos emiratos do Golfo? Semella que Borrell e outros malos políticos europeos si. E contra esta tendencia, que mesmo pode ser mainstream co tempo, habemos de loitar. Como loitamos contra a agresión rusa e pola paz.

Porque o único xeito europeo de trunfar contra a agresión rusa, como o único xeito europeo de garantir a loita contra a pandemia é o que se alicerza sobre as liberdades e as garantías democráticas. Se rachamos esta regra rachamos os nosos valores, o noo espirito, a nosa democracia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.