Permitídeme que non fale de nada actual, e sen embargo, máis de hoxe que as novas 'frescas'.
Afeitos a escoitar 'por riba de' outras voces, novas, cousas, o que rematamos a facer é atarefarnos en oír máis que en escoitar e comprender.
Afeitos a escoitar 'por riba de' outras voces, novas, cousas, o que rematamos a facer é atarefarnos en oír máis que en escoitar e comprender
Quedamos nunha primeira fase, que xa nos costa, na que identificamos sons, co que nos chega a indiferenza; os sons son diferentes, pero para nós non son máis ca iso, sons. Identificamos que nos chegan, pero non chegamos a diferencialos para nós clasificalos, analizalos, traballar con eles, integralos no noso coñecemento, ser, decisións. E isto, de xeito irremisible, lévanos ó pasotismo, á falta de actuación sobre o que transmiten, máis aló do ruído. Só actuamos polo ruído. Polo ruído máis forte, por aquel que nos fai facer o menos esforzo para identificar que é. Que é un son individualizado. Sabemos que mesmo así, poderíamos facer máis esforzo por interpretar e interpelar ese son que nos chega como ruído, pero xa é abondo esforzo en xeral o chegar á identificación dun son sobre os outros ruídos, e elixilo para seguilo. Repito: para seguilo, non para descifralo, comprendelo, criticalo en relación a nós, actuar como resultado desa crítica e non da orde que todo berro ven a representar. E un son que sobrepasa en intensidade ó resto de ruído hasta facerse audible por riba del, berro é.
Entendo que é esa 'fábrica de pasotismo' á que tentou responder Pedro Sánchez co seu anuncio, de xeito independente ó resultado concreto no caso, ou a contemplación dunha estratexia de futuro, cousas nas que non entro agora e que nos levarían a preguntas como, por que agora e non antes?
Narrar: tomar decisións conscientes da lingua. Din algo así como que ter un sentido na vida é facerse unha narrativa propia. E unha narrativa non se constrúe a base de berros, de interxeccións, aínda que podan intervir poñendo unha nota de cor. Iso: unha nota de cor que pode ir corrixindo a indiferenza para marcar a diferencia. E, de resultas, para rematar co pasotismo, pasando a acción de control da propia vida e de co-control da sociedade na que estamos (e está a sociedade) inmersa. O dito: non podemos narrarnos a base de ruído.
De aí, aplíquese a elixir o que consumir (por exemplo, información, ou política), ou canto (se algo), pero sobre todo, a tomar decisións sobre a propia vida, a tomar as rendas propias sen adoptar os movementos que inducen os tiróns das bridas alleas, como se de animais de carga se tratara.
Remato cunha nota aparte despois da nova da semana:
Entendo que é esa 'fábrica de pasotismo' á que tentou responder Pedro Sánchez co seu anuncio, de xeito independente ó resultado concreto no caso, ou a contemplación dunha estratexia de futuro, cousas nas que non entro agora e que nos levarían a preguntas como, por que agora e non antes?