Co obxectivo de avanzar no ámbito da conciliación e racionalización de horarios, Ana Mato acaba de propoñer ás canles privadas que os informativos das 21 horas se cambien para as 20 horas. Imaxino aos que traballan na hostalaría e no comercio, e a tant@s outr@s que teñen horarios que cada día se asemellan máis aos dunha funeraria, dando saltos de ledicia por esta iniciativa que pretende construír a casa polo faiado. Para que nos entendamos, estalle regalando unhas gafas de mergullar a quen vive no deserto. Non teño dúbidas de que as gafas son moi bonitas, pero nada prácticas para quen vive sen auga, e rodado de area.
Co obxectivo de avanzar no ámbito da conciliación e racionalización de horarios, Ana Mato acaba de propoñer ás canles privadas que os informativos das 21 horas se cambien para as 20 horas
Copian a idea da racionalización de horarios mencionada na importante Lei de Igualdade aprobada polo Goberno de Zapatero, que recordemos eles foron o único partido do arco parlamentario que non apoiou, pero eso si, fan un “corta-pega” dun parágrafo e rexeitan o demais.
E que tal se ampliara o programa de garderías públicas, garantíndose unha praza para tod@s @s nen@s, ou se se implicase en fomentar a corresponsabilidade de tarefas no fogar?
Ministra por favor, quítese as lagañas de confeti dos ollos, e se realmente quere sentar as bases para a conciliación da vida familiar e persoal, comence por pedir a derrogración da Reforma Laboral aprobada polo seu Goberno, que entre outros moitos “logros”, facilita que un empresari@ poida cambiar a xornada de traballo e o horario dos seus empregados sen ningún tipo de consenso. E que tal se ampliara o programa de garderías públicas, garantíndose unha praza para tod@s @s nen@s, ou se se implicase en fomentar a corresponsabilidade de tarefas no fogar?
E se nos quere equiparar aos países nórdicos, en lugar de actuar de capitá da Familia Telerín, e mandarnos á cama á mesma hora que eles, por que non imitar o seu número de horas de traballo, ou as medidas para flexibilizar o horario, a acumulación de tempo traballado para canxealo por tempo de vacacións, ou a posibilidade de escoller como organizar as horas laborais ao longo do ano.
Se finalmente esta medida triunfa nas canles públicas e privadas, o que ides perder é a publirreportaxe de Feijoo chamado telexornal pola TVG
Queda moito que pelexar para que a conciliación da vida profesional e familiar nos achegue ao que debe ser un dos obxectivos máis importantes, a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. Mentres tanto, aos que estades a sufrir xornadas con excesivas horas de traballo e horarios irracionais, recordarvos que se finalmente esta medida triunfa nas canles públicas e privadas, o que ides perder é a publirreportaxe de Feijoo chamado telexornal pola TVG, a Norma Duval de xurado nun programa de baile de TVE, ou a Esteban soltando lindezas como que “Dubrovnik é a perla do Antártico”…pensándoo así, case mellor que non os modifiquen, porque seguramente durmamos máis, pero peor.