A festa d@s 31

Prevese unha festa por todo o alto en Génova porque este mes houbo 31 persoas, d@s casi 5 millóns de desempregad@s, que atoparon un posto traballo. Agora calculemos canto tempo vai a necesitar o PP para crear os 3,5 millóns de empregos que González Pons anunciaba a bombo e platillo en campaña. Van vento en popa, eh?

Nada que comentar das case 100.000 persoas menos afiliadas á Seguridade Social, en parte relacionado co que a mente máis privilexiada deste Goberno chama “mobilidade exterior”

Nada que comentar das case 100.000 persoas menos afiliadas á Seguridade Social, en parte relacionado co que a mente máis privilexiada deste Goberno chama “mobilidade exterior”, e que está deixando ao país sedento do talento e profesionalidade dunha  mocidade que tería que estar sentando as bases do noso presente e futuro .

Pouco importa tamén que en comparación co 2012 este ano se firmaran un 27,46% menos de contratos indefinidos, e se estean destruíndo os xa consolidados a un ritmo vertixinoso grazas as bondades da Reforma Laboral. Á fin e ao cabo, os balances deste Goberno sempre son nos termos cuantitativos que a eles/as lles interesa, e nunca en índices de calidade de vida. Non lles importa que cada día haxa máis cidadáns que apenas poden comezar o mes, que mermen os dereitos d@s traballadores/as, porque o que nos queren vender a toda costa é un descenso no número de desempregad@s rexistrad@s. E para iso como se teñen que recurrir aos minijobs alemáns, axudarlles a pechar as maletas a miles de moz@s, ou facer todo tipo de trucos para que figuren menos parad@s d@s que realmente son.

Os balances deste Goberno sempre son nos termos cuantitativos que a eles/as lles interesa, e nunca en índices de calidade de vida

Por suposto Galicia non escapa a esta “oleada de euforia” da dereita, e Feijoo tamén se apunta a colocar a medalla. Esquece que a redución no número de cotizantes da nosa comunidade é unha das máis altas do país, que se desangra o noso sector naval, que en Galicia cada hora 3 traballadores/as se ven afectados por un ERE… Vergońento!

E neste momento no que segundo o PP “estamos facendo historia”, aos cidadáns chéganos unha mensaxe encriptada, iso si, sen sobre do PP, da que desciframos un descenso nas pensións coa excusa de que non hai suficientes cotizantes á Seguridade Social. Pero non estabámos de festa? Non entendo nada…

Menos velas para a Virxe do Rocío e estratexias de recuperación económica tipo "que caiga España , que xa a levantaremos nós”, e máis investimento para a creación de emprego

Así que por favor, menos velas para a Virxe do Rocío e estratexias de recuperación económica tipo "que caiga España , que xa a levantaremos nós”, e máis investimento para a creación de emprego, políticas sociais, apoio a sectores productivos altamente rentables como as enerxías renovables, reforma en profundidade do sistema financieiro…En fin, señores/as do PP, dedíquense a traballar por e para a cidadanía e deixen de rirse de todos nós.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.