'A forza escura', de Louis Couperus, unha radiografía colonial

A forza escura © Editorial Galaxia

A Compañía holandesa das Indias Orientais (Verenigde Oostindische Compagnie), fundada en 1602 marcou o comezo da economía global, tal e como a entendemos hoxe, de tráfico de mercadorías entre portos afastados e estacións de comercio ao longo das costas dos diversos océanos do mundo

Das varias nacións que procuraron imperios alén das súas fronteiras, se cadra para nós a empresa menos coñecida sexa a holandesa (ou a dos Países Baixos, na denominación actual dese estado monárquico europeo). Dixen empresa á mantenta, pois non outra cousa significaron os imperios europeos en ultramar, grandes empresas onde o interese se medía polos beneficios que se podían extraer para a metrópole. 

Así a Compañía holandesa das Indias Orientais (Verenigde Oostindische Compagnie), fundada en 1602 marcou o comezo da economía global, tal e como a entendemos hoxe, de tráfico de mercadorías entre portos afastados e estacións de comercio ao longo das costas dos diversos océanos do mundo, amais do establecemento de rutas comercias marítimas e a loita pola hexemonía nos varios océanos. Durante os séculos seguintes, e até 1800 a compañía estableceu unha rede de comercio internacional a través da que transportaba produtos de Oriente a Occidente e viceversa.

Capa de 'A forza escura' © Editorial Galaxia

A novela ambiéntase un século despois de desaparecida a Compañía, mais coas redes de comercio e dominación colonial perfectamente establecidas pola Coroa da Casa de Orange. Indonesia é naquela altura unha colonia xigantesca dirixida desde os Países Baixos coa única ambición en mente: a obtención de beneficios para a Coroa

A novela ambiéntase un século despois de desaparecida a Compañía, mais coas redes de comercio e dominación colonial perfectamente establecidas pola Coroa da Casa de Orange. Indonesia é naquela altura unha colonia xigantesca dirixida desde os Países Baixos coa única ambición en mente: a obtención de beneficios para a Coroa. Non é de estrañar, entón, que xurdan aquí (en Europa) e alá (nas colonias), voces críticas, que dean conta da corrupción e dos abusos aparellados 

Este é o caso de Louis Couperus, que recrea nesta novela a vida do gobernador da provincia de Labuwangi, na illa de Xava, na actual República de Indonesia, Otto van Oudijck e os personaxes que se sitúan no seu entorno familiar e burocrático. Nesta obra, metade novela metade crónica adobiada de ficción, o escritor neerlandés Louis Couperus preséntanos unha historia de rivalidade entre o poder colonial e poboación nativa, que baixo unha aparencia submisa, utiliza todos os medios ao seu dispor para confrontar o poder colonial e o seu ronsel de inxustizas. 

Nesta obra, metade novela metade crónica adobiada de ficción, o escritor neerlandés Louis Couperus preséntanos unha historia de rivalidade entre o poder colonial e poboación nativa, que baixo unha aparencia submisa, utiliza todos os medios ao seu dispor para confrontar o poder colonial e o seu ronsel de inxustizas

Nesta loita de poder, o autor anótase ao bando dos sometidos, que a través do uso da “forza escura” (guna-guna), un tipo de maxia que vai mirrando ao suxeito paciente como un veleno de depósito que se fora liberando de pouco a pouco, até dar cabo del. Literatura de altura, nas descricións e nas trama, na construción detallada dos personaxes e na ambientación temporal e espacial, tan evocadora. Literatura tamén, de compromiso e de denuncia, algo que resulta anecdótico nestes días, onde a meirande parte dos textos publicados resultan de carácter autobiográfico, cando non umbilical. 

Louis Couperus Dominio Público M. Goldsmid

Os tradutores, Antón Vialle e María Alonso Seisdedos, os que lle estamos agradecidos por pór ao noso alcance de lectores en galego este texto orixinalmente escrito en neerlandés, fixeron, como xa nos teñen acostumados, un magnífico traballo conseguindo que o galego culto que utilizan resoe en nós como unha lingua viva con múltiples matices

A narración, que coas súas magníficas descricións é quen de recrear para o lector a luxuria da vexetación e a complexidade das relacións entre castas, complétase cunha construción detallada de personaxes, dunha extraordinaria forza e vivacidade. Os tradutores, Antón Vialle e María Alonso Seisdedos, os que lle estamos agradecidos por pór ao noso alcance de lectores en galego este texto orixinalmente escrito en neerlandés, fixeron, como xa nos teñen acostumados, un magnífico traballo conseguindo que o galego culto que utilizan resoe en nós como unha lingua viva con múltiples matices. Ademais, as notas, son ben clarificadoras e contribúen a unha lectura fluída e atenta do texto.

En resumo, unha ledicia ter acceso a textos clásicos noutras linguas, que vertidos ao galego con habelencia non fan senón mellorar o uso literario na lingua de noso

É de agradecer que a editorial Galaxia consentira a inclusión nas páxinas finais dun amplo glosario de palabras do xavanés, coas súas variedades dialectais nativas da illa de Xava. Completa e enriquece as notas e resulta, por tanto, moi acaída a súa inclusión.

En resumo, unha ledicia ter acceso a textos clásicos noutras linguas, que vertidos ao galego con habelencia non fan senón mellorar o uso literario na lingua de noso. 

A Forza Escura”, de Louis Couperus, traducida do neerlandés por Antón Vialle e María Alonso Seisdedos; Editorial Galaxia, Vigo, 2024

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.