A guerra dos sonámbulos

CC-BY-SA Praza Pública

Nun recente libro sobre a I Guerra Mundial, descríbese dunha maneira moi visual o camiño que Europa deu desde o atentado de de Saraievo, até o estalido da guerra: os dirixentes das diferentes potencias actuaron como "sonámbulos"; dirixíanse a unha guerra sen que eles mesmos fosen moi conscientes do carácter que esa guerra ía adquirir

Nun recente libro sobre a I Guerra Mundial, descríbese dunha maneira moi visual o camiño que Europa deu desde o atentado de de Saraievo, até o estalido da guerra: os dirixentes das diferentes potencias actuaron como "sonámbulos"; dirixíanse a unha guerra sen que eles mesmos fosen moi conscientes do carácter que esa guerra ía adquirir, mundial interimperialistas.

No contraataque limitado de Iran contra Israel participaron activamente, ademais de Israel e Iran, Xordania, EEUU, Francia, Gran Bretaña na defensa do estado sionista; alen diso, están as operacións no mar Vermello que son parte da mesma guerra, onde hai fragatas de tres ou catro paises europeos protexendo aos mercantes. En Siria opera activamente Rusia con bases militares -ten un acordo con Israel de que non as toquen nos seus bombardeos recorrentes sobre territorio sirio-; ademais, está claro, de Libano e Hezbollá. Se sumamos todos os países implicados en operacións militares na guerra en Oriente Próximo dannos 11 estados. Pódese chamar como se queira, pero iso é unha guerra internacional, localizada xeograficamente, si; pero internacional, que é o que neste momento determina todas as decisións de todos os gobernos do mundo, porque ninguén fala do "elefante na habitación", que é China.

Todos chaman á "contención", desde Rusia até os EEUU, porque a ningún deles interésalles agora unha guerra aberta; entre outras, porque a de Ucraína está a demostrar que ningún está preparado para gañala, e ninguén vai a unha guerra se non cre que pode gañala.

Pero desde a mal chamada "comunidade internacional", que non é outra cousa que os paises do eixo euro norteamericano, engaden: a contención é militar, porque xa están a falar de máis sancións a Irán pola súa "desvergoña" de atacar así fose limitadamente e avisando, ao "neno consentido" desa "comunidade internacional".

O mundo actual non xira ao redor de Washington e Bruxelas, senón que ten outros referentes como Pekin, Nova Deli ou Sudafrica, ou a propia Moscova. É este pesadelo que viven nas capitais euro norteamericanas, que ven como perden inexorablemente o control do mercado mundial, o que lles converte neses "sonámbulos" cara á III Guerra Mundial. Se as sociedades non o impiden

A soberbia desa "comunidade internacional" co das sancións é que no mundo actual xa non teñen a capacidade de destruír paises como fixeron con Iraq, ao que afundiron na miseria co bloqueo.

O mundo actual non xira ao redor de Washington e Bruxelas, senón que ten outros referentes como Pekin, Nova Deli ou Sudafrica, ou a propia Moscova; desde onde se ten a capacidade financeira de sortear as sancións, como demostrou coas impostas a Rusia pola invasión de Ucraína e non só non a afundiron, senón que agora son eles, con Alemaña á cabeza, as que están en recesión.

É este pesadelo que viven nas capitais euro norteamericanas, que ven como perden inexorablemente o control do mercado mundial, o que lles converte neses "sonámbulos" cara á III Guerra Mundial. Se as sociedades non o impiden.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.