Non hai día que nos medios de comunicación da dereita galega non apareza algunha crítica a En Marea. Primeiro, antes das Eleccións Galegas, multiplicaron por 1000 os problemas que houbo para que En Marea se constituira como partido. Unha vez constituído como partido, quitáronlle importancia a que por vez primeira na historia galega, máis de 10.000 persoas eliximos, nunhas Primarias con listas abertas, a quen quixemos que nos representara. E tamén quitáronlle valor a que Luís Villares fora elixido como candidato presidencial co 88% dos votos, co peregrino argumento de que era o único candidato, o cal non só significa que ningunha outra persoa quixera presentarse senón que significa algo máis importante: o éxito total colectivo dos Partidos, dos Colectivos e das Persoas independentes que, dende unha gran diversidade, confiouse nunha persoa nova no mundo político que amosou unhas ganas enormes de traballar, unid@s, por unha modificación fonda da sociedade galega en termos de dereitos sociais e autogoberno nacional.
Unha vez ratificado este gran proceso, apareceron algunhas enquisas que lle daban 37, 38, 39 deputad@s ao PP, 14, 15, 16 ao PSOE, 16.17, 18 a En Marea, 2, 3 ao BNG, enquisas que tiñan o claro obxectivo de mobilizar o electorado do PP para repetir maioría absoluta; e de mobilizar electorado do PSOE e do BNG, co obxectivo de frear o avance de En Marea.
Por que a dereita galega combate con tanta furia a En Marea?
A dereita galega é o Poder Económico Galego e Español que mandan en Galicia; que ten como gran Axente Político a un partido -o PP- moi asentado en Galicia ao traveso dunha impresionante rede caciquil; e que conta co apoio de importantes medios de comunicación. E a pesares de ter tanto Poder, por qua asañarse tanto con En Marea?
Porque En Marea é un movemento de Unidade Popular impulsado por Partidos, Colectivos e Persoas de esquerdas e nacionalistas, que logrou conectar con importantes sectores da poboación, agredidas polas políticas do PP, e que, así mesmo, oponse frontalmente ao PP, polo que farán o que sexa con tal de debilitar a En Marea, e a todo o relacionado ca Marea, empezando polos concellos nos que gobernan as Mareas municipais.
Isto convirte a En Marea a que sexa considerado o principal inimigo do Poder que manda en Galicia.
Retos que ten por diante En Marea
Evidentemente, o primeiro gran reto é facerlle fronte a quen considera a En Marea como principal inimigo. E a mellor maneira de facerlle fronte é con unidade. Sabemos de sobra o difícil que é lograr unha unidade cando hai tanta variedade, e esa unidade logrouse, con moitos problemas e bastantes erros, pero logrouse a través do Partido instrumental, e froito diso foi que En Marea sacara 14 deputad@s -5 máis que AGE-; 273.523 votos -72.700 votos máis a respecto de AGE-, incluído o voto CERA.
Esta unidade estámola a ver todos os días acompañada da outra gran arma política: o traballo institucional e o traballo na rúa. Liderados por Luís Villares, todos os días, @s deputad@s de En Mareaoestán a xuntarse nas Comisións e Plenos do Parlamento, ao tempo de xuntarse con Colectivos Sociais que sofren problemas, ao tempo de apoiar as mobilizacións de traballadoras e traballadores en loita, e ao tempo de lanzar a campaña "En Marea avanza", na cal @s deputad@s están a ter Xuntanzas por toda Galicia para falar e escoitar os problemas que a xente
prantexamos.
Algo importante deste traballo: van deputad@s dunhas provinciais, e dunhas afinidades políticas distintas, en mescolanza, funcionando como un partido unido.
Esta andaina de En Marea inflúe moi positivamente, asimesmo, n@s deputad@s do Congreso, o que provocou unha enorme mellora no traballo e na coordinación presentando continuamente propostas a prol de Galicia.
Unidade, traballo institucional e na rúa, xustiza social e autogoberno nacional
O éxito histórico logrado por AGE de ter uns moi bos resultados aunando xentes de esquerda e nacionalista, viuse refrendado no éxito das Mareas Municipais, e deu un paso de xigante ao transformar unha Coalición de Partidos nun Partido no cal conviven persoas afiliadas a partidos con persoas independentes. En Marea está a construirse dende unha gran diversidade o que propicia enfrontamentos inevitables, uns suaves, outros fortes.
Achéganse citas claves para o futuro de En Marea que ten que dotarse dunha Dirección e dunha estrutura organizativa. De terse presente que En Marea está considerada o principal inimigo do Poder que manda en Galicia, En Marea logrará traballar mellor ampliando a unidade de xentes de esquerdas e nacionalistas, por unha fonda modificación da Sociedade Galega en termos de Xustiza Social e Autogoberno Nacional.