A labrega e o retrón: Lidia Senra e Pablo Echenique en Europa

Preguntada que faría na xornada de reflexión, Lidia Senra contestou que, como todos os sábados, estaría vendendo no seu posto do Mercado da Praza de Lugo n’A Coruña, actividade ben distinta das confesadas (e coincidentes) por Millán Mon ou Xosé Blanco. Pola súa banda, o día seguinte ás eleccións, Pablo Echenique, quinto deputado de Podemos, narraba no blog de eldiario.es De retrones y hombres as experiencias dun retrón –nome co que se autodenominan Pablo e Raúl Gay, autores do blog, no canto de “discapacitados” – en campaña, da constatación de que auditorios e teatros están preparados para que os retróns participen como espectadores, mais non como protagonistas sobre o escenario, ás dificultades para franquear os chanzos de acceso a unha radio ou televisión en cadeira de rodas.

Ven isto a conto dos resultados de Podemos nas eleccións europeas estaren suscitando reaccións semellantes ao éxito de AGE nas galegas. Por unha banda descualificacións e manipulacións. Por outras asombro

Ven isto a conto dos resultados de Podemos nas eleccións europeas estaren suscitando reaccións semellantes ao éxito de AGE nas galegas. Por unha banda descualificacións e manipulacións, como equiparar a forzas de esquerda, defensoras da democracia, cos partidos xenófobos. Por outras asombro: Como pode a cidadanía confiar nestes partidos “recén chegados”?

Quen son entón estas cidadás, estes cidadáns que votaron (con ilusión) a Lidia ou a Pablo Echenique? Persoas que prefiren xente cos pés na terra

Quen son entón estas cidadás, estes cidadáns que votaron (con ilusión) a Lidia ou a Pablo Echenique? Persoas que prefiren xente cos pés na terra, e nunca mellor dito que no caso de Lidia, a alguén que coñeza o día a día da crise, que traballasen en actividades distintas ao aparato dun partido; a diferenza de Elena Valenciano, Xosé Blanco ou Fátima Báñez. Persoas que desexan dar voz a quen non están representados, mulleres –unicamente o 35% do parlamento europeo en 2009, porcentaxe similar á do galego e o español –, retróns e “retroas” –dous no parlamento europeo –, dirixentes da Vía Campesina, como Lidia Senra e José Bové. Pois non é unicamente que aumente a representación de mulleres, senón que haxa máis feministas, máis discapacitados rebeldes, máis labregas e labregos defensores do dereito á terra e preocupados polo destino da Terra.

Eses votos significan, por exemplo, que moitas persoas non comungan coas rodas de muíño da “transición”, que comparten a indignación dos indignados do 15M, que queren ter representantes políticos que planten cara aos homes de negro

Eses votos significan, por exemplo, que moitas persoas non comungan coas rodas de muíño da “transición”, que comparten a indignación dos indignados do 15M, que queren ter representantes políticos que planten cara aos homes de negro que pretenden gobernarnos sen seren escollidos. Pois o capital dos nosos tempos, ese vampiro que describía Karl Marx como “traballo morto que só se reanima, ao xeito dun vampiro, ao zugar traballo vivo” agóchase nas criptas de entidades opacas, agardando que outros executen as súas ordes. Porén, para derrotalo non virá Van Helsing, non hai allos, nin balas de prata, correspóndenos a nós. E en primeiro lugar cómpre a convicción de que a mudanza é posible, pois ademais dos pés na terra debemos ter, como diría Agustín Fernández Paz, os pés no aire.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.