Si, así temos á nosa mocidade na cidade da vella Auria. Desmotivada, apática, cansa de non contar para ninguén e ser sempre o foco de todos os males sociais.
E todo isto, acentuado polos case tres anos de inoperancia do Alcalde Jácome e o seus compañeiros de viaxe do Partido Popular. Sen actividades, sen propostas e, o que é máis importante, sen voz. Non existe ningún medio no cal a xente moza da cidade poida compartir as súas inquedanzas e transmitirllas a quen manda... E estamos no ano 2021!! Non podemos ter máis facilidade para isto!!
Hai uns meses, volveu o eterno problema (dende hai 20 anos) e o único momento no que falamos de xuventude: o botellón. Xa apareceron coma sempre, esas voces (rancias) que avalan a prohibición, pero non se preocupan de educar no consumo, aportar alternativas ou sentarse e coñecer o por que. Que máis da. Branco fácil. Non se van defender, porque están cansas e porque non teñen quen os/as represente.
O curioso, que esquecen que hai moito movemento xuvenil organizado e informal. Movementos que saen á rúa, que participan a nivel galego ou estatal, e que son máis que recoñecidos/as no exterior. Sabedes que temos ao manager do AC Milan de Brawl Star (eSports) ou á unha futura promesa do break dance (con 11 anos) a nivel estatal en Ourense?
Sabedes que poderíamos albergar unha instalación pionera no Estado de videoxogos e que o Alcalde negouse, sabendo que move milleiros de siareiros e siareiras?
O que pasa, que a motivación pode ser algo moi doado de conseguir se nos informamos do que interesa. E chegará á nosa cidade, quen aposte por darlle esa confianza e escoitalas por fin.
Pouca esperanza temos en que esta Alcaldía dea unha volta inesperada e comece a pensar nas persoas mozas. Aínda así, oxalá imaxinar a nosa cidade coma un espazo onde a xuventude forme parte das decisións
Tomemos diversas referencias como poden ser “Nocturnia” na cidade da Coruña, “Noites Abertas” en Pontevedra ou “Xa! Xuventude”. Aquí, ademais de actividades propias e actualizadas, rapazas e rapaces poden propoñer e executar as súas iniciativas. Isto é, o que durante moitos anos a Casa da Xuventude de Ourense encargouse de fomentar. A autoxestión e participación activa da mocidade. Nin tan sequera é preciso ter un espazo físico, pode ser ata secundario. Existiu, o cal mostra o camiño para poder comezar a crear.
Pouca esperanza temos en que esta Alcaldía dea unha volta inesperada e comece a pensar nas persoas mozas. Aínda así, oxalá imaxinar a nosa cidade coma un espazo onde a xuventude forme parte das decisións. Onde entendamos que respectan a diversidade en todas as persoas, bailan hip-hop, break dance, xogan quidditch, son creativas, controlan (moito) de videoxogos…. Son solidarias, teñen inquedanzas, están preocupadas polo medio ambiente…
Mentres tanto, os/as que xa non somos “novos” e “novas”, daremos voz sempre ás centos de rapazas e rapaces que de seguro, cambiarán este mundo a mellor, pese a que tratemos de xeito continuo de poñer pedras no seu camiño. Ánimo!!