A Necesaria Unidade da Esquerda

Hoxe en día a Unidade da esquerda e das persoas de esquerdas é  máis necesaria e imprescindibel que nunca nestes tempos de salvaxe capitalismo depredador, nestes tempos de Neoliberalismo, de salvaxe desmantelamento do Estado de Benestar, de  salvaxes recortes, de grave emerxencia social que viven moitas familias. A Unidade e a Confluencia da Esquerda e das persoas de esquerdas é fundamental pra democratizar a economía, pra transformar a sociedade, pra rescatar o público, pra defender o ben común e pra recuperar as institucións pra xente do común. 

Esa Unidade e Confluencia da esquerda e das persoas de esquerdas debe ser  dende as bases, debe estar construída dende abaixo de forma inclusiva, democrática, plural, participativa porque é máis o que nos une que o que nos separa. Debemos deixar a un lado os egos, os personalismos, os protagonismos, os individualismos, o control dos aparatos dos partidos, o patriotismo de partido, o reparto de carnets de puro izquierdismo haber quen é máis de esquerdas, a predominancia dunhas siglas sobre outras e tanto sectarismos e etiquetas. A esquerda e as persoas de esquerdas é máis o que nos une que o que nos separa. Dende a miña humilde opinión todos/as somos necesarios/as e ninguén é imprescindibel.

A esquerda e as personas de esquerdas debemos unirnos, traballar e cooperar conxuntamente sobre o que nos une e non sobre o que nos separa. Nos une a defensa dos dereitos da clase traballadora e das persoas máis vulnerables, a defensa dos dereitos sociais, da igualdade de oportunidades, dos dereitos humanos, das libertades democráticas, da democracia, dos servizos públicos, da Sanidade Pública e do Ensino Público, o dereito a unha vivenda digna, a loita contra as políticas neoliberais, de austeridade e de salvaxes recortes da Troika, de Rajoy e do PP e da dereita conservadora europea, a loita contra os recortes nos dereitos sociais, na Sanidade Pública, no Ensino Público e nos servizos públicos, a loita contra a desigualdade social, contra a pobreza enerxética, contra os desafiuzamentos e contra o Tratado de Libre Comercio (TTIP) entre EEUU e a UE, un tratado profundamente neoliberal, antisocial, antidemocrático negociado de forma opaca e oscurantista e de espaldas a cidadanía pra incrementar as ganancias, os privilexios e os beneficios das grandes multinacionais americanas.

A esquerda e as personas de esquerdas debemos ser persoas xenerosas, ter altura de miras, cooperar e traballar conxuntamente porque vivimos tempos de emerxencia social na que a maoría social e a clase traballadora estamos sufrindo unha gran Estafa chamada Crise na que se nos condea o paro, a pobreza, a precaridade laboral, o exilio económico, a exclusión social e a miseria pra defender os intereses de clase e pra incrementar as ganancias, os beneficios e os privilexios das élites económicas, financieiras, dos grandes banqueiros e das grandes multinacionais a costa do empobrecemento salvaxe e do recorte de dereitos da maioría social e da clase traballadora.

A Plataforma Somos Izquierda seguiremos traballando, cooperando e colaborando pra conseguir a Unidade da Esquerda e das persoas de esquerdas dende as bases porque creemos que esa Unidade e Confluencia da esquerda e das persoas de esquerdas e fundamental pra transformar a sociedade, pra democratizar a economía, pra rescatar o público, pra recuperar as institucións pra xente do común. Súmate, Participa , Apoia e Firma o Manifesto de Somos Izquierda na Páxina Web: somosizquierda.org o mandando un correo a: izquierdasomos@gmail.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.