A nova era mundial: Estados Unidos a procura de recuperar un liderado perdido

Donald Trump, escenificando a sinatura dos aranceis, o 3 de abril de 2025 © Casa Branca

As decisións tomadas pola nova administración estadounidense nestes primeiros cen días de mandato indícannos que Donald Trump e os oligarcas que o apoian queren cambiar a actual relación de Estados Unidos co resto do mundo. Que buscan recuperar a antiga superioridade económica e estratéxica

As decisións tomadas pola nova administración estadounidense nestes primeiros cen días de mandato indícannos que Donald Trump e os oligarcas que o apoian queren cambiar a actual relación de Estados Unidos co resto do mundo. Que buscan recuperar a antiga superioridade económica e estratéxica o que, para estes dirixentes, supón “poñer en primeiro lugar os intereses nacionais esenciais dos Estados Unidos” (Marco Rubio, Secretario de Estado). Intereses nacionais que neste caso teñen un compoñente supremacista: Estados Unidos deben seguir sendo a primeira potencia mundial (MAGA. Made America Great Again). Unha condición que si foi indiscutible nas décadas que seguiron a II guerra mundial agora non o é tanto en primeiro lugar polo enorme ascenso experimentado por China pero tamén pola alza económica da India e, incluso, pola recuperación de Rusia.

 

A lóxica dos aranceis: recuperar o liderado económico e comercial 

Para a nova administración estadounidense manterse como primeira potencia pasaría, ineludiblemente, por recuperar o liderado económico e comercial. Un liderado a cuxa perda contribuíron decisivamente o libre comercio e as deslocalizacións empresariais ámbolos dous favorecidos, segundo os actuais gobernantes estadounidenses, polas políticas neoliberais seguidas polas administracións anteriores de Barak Obama e Joe Biden basicamente. Unhas políticas neoliberais que foron as que facilitaron a mundialización capitalista e que, a nivel interno, debilitaron o tecido empresarial estadounidense.

Velaí a lóxica dos aranceis: protexer a economía nacional da competencia internacional e favorecer o regreso das empresas estadounidenses cubicadas no exterior por mor das vantaxes comparativas especialmente nos salarios. Esto último, seguindo coa estratexia da nova administración, veríase estimulado pola baixada de impostos que permitirán os ingresos públicos derivados dos aranceis.

Mellorar a competencia continuando coa aposta polas fontes enerxéticas clásicas

Os aranceis veranse acompañados doutras estratexias a curto prazo que xa se van debullando no horizonte político estadounidense. En primeiro lugar a potenciación da enerxía procedente de fontes fósiles. En segundo lugar lograr un mais grande e intenso acceso a aqueles recursos naturais que aparecen como imprescindibles para o desenrolo das novas tecnoloxías 

Os aranceis veranse acompañados doutras estratexias a curto prazo que xa se van debullando no horizonte político estadounidense. En primeiro lugar a potenciación da enerxía procedente de fontes fósiles (petróleo e gas). En segundo lugar lograr un mais grande e intenso acceso a aqueles recursos naturais (litio, terras raras, cobalto, prata....) que aparecen como imprescindibles para o desenrolo das novas tecnoloxías que precisan sectores estratéxicos que a administración estadounidense considera de futuro como, por caso, a automoción eléctrica e o aeroespacial. En estes dous casos a produción nacional das citadas recursos aparece como claramente insuficiente polo que os Estados Unidos deberá acudir aos subministros exteriores. Unha necesidade que, en parte, explica as novas alianzas que a administración Trump está intentando poñer en marcha.

A aposta por incrementar a enerxía procedente de fontes fósiles explica tanto o abandono dos Acordos de París sobre o cambio climático como os intentos de construír novos compromisos e alianzas que poden parecer estrañas a primeira vista. Novos compromisos que leven a uns maiores vínculos comerciais cos monarquías arábigas, coas que coinciden na negativa a reducir o consumo de combustibles fósiles, e a un mais que probable cambio de actitude con países que durante anos formaron parte do eixo do mal como sucede con Irán e Venezuela pero que son grandes potencias enerxéticas (petróleo, gas). Neste escenario non poucos analistas sitúan a nova táctica en relación a guerra en Ucraína: trataríase de conseguir un acordo que satisfaga plenamente a Vladimir Putin que permita, posteriormente, abrila porta a posibles acordos comerciais nos que o petróleo e o gas ruso ocupen un lugar preferente. Alguén dubida de que lideres políticos tan faltos de escrúpulos como Donald Trump e Vladimir Putin poidan chegar a acordos comerciais?

 

Superar os déficits de materias primas

A interrogante queda aberta: manterá a tradicional estratexia imperialista de propiciar golpes de estado militares naqueles países que se mostren reticentes ou cambiará a prol dunha estratexia mais baseada na negociación?

En relación aos recursos naturais que demandan sectores de futuro hai claras evidencias de que, hoxe por hoxe, Estados Unidos está moi lonxe de abastecerse en tales materias primas críticas nas que, por outra parte, China lle leva unha enorme vantaxe tanto polos recursos con que conta como por que actualmente domina a cadea de valor nestes ámbitos, dende a mineira e o refinado deica a súa transformación final. Un déficit que lle obriga a ter que negociar con países do Sur global que si contan con estes materiais imprescindibles (litio para as baterías, terras raras para motores e xeradores eléctricos, xermanio e galio para chips....) tanto para a industria civil como para a militar. Segundo fontes especializadas mais do 50% dos recursos mundiais de litio se atopan no denominado triangulo do litio ou ABC do mesmo: Arxentina, Bolivia e Chile. En relación as chamadas terras raras aparte de China (que conta coa terceira parte das reservas mundiais), Vietnam (17%), Brasil (16%) e Rusia (16%) acaparan as maiores existencias. No caso do xermanio e o galio China volve a ser unha enorme potencia (produce o 60% do xermanio e o 80% do galio a nivel mundial).

Neste marco a dúbida está en que métodos utilizará a administración Trump para que eses países acepten negociar a explotación e venda dos seus recursos. A interrogante queda aberta: manterá a tradicional estratexia imperialista de propiciar golpes de estado militares naqueles países que se mostren reticentes ou cambiará a prol dunha estratexia mais baseada na negociación?. Non se debe perder de vista que algúns destes estados están na órbita dos BRICS onde China ademais de ser a potencia dominante ten empresas ben instaladas o que incrementa as súas vantaxes. 

Impedir que os rivais o superen

Dentro desta estratexia hai que incluír, aínda que inicialmente non o pareza, a nova táctica dos Estados Unidos en relación coa guerra en Ucraína. Unha posición revisionista das relacións con Rusia que busca restarlle aliados a China ao tempo que forza a Unión Europea a incrementalo gasto en defensa por que eso beneficia a industria militar estadounidense. 

Nesta estratexia por manter o liderado na nova orde mundial entra tamén o obxectivo de impedir que os rivais, neste caso China, podan superalo. Obxectivo que a administración Trump agarda conseguir por unha dobre vía: apostando moi fortemente por investimentos en tecnoloxía punta e directamente impedindo que lles poda alcanzar e incluso pasar diante. Si o primeiro dos obxectivos se pensa conseguir mediante fortes investimentos: a principios deste ano 2025 Donald Trump anunciou un investimento “histórico” de 500.000 millóns de dólares en infraestrutura de intelixencia artificial (IA) en colaboración con OpenAI, Oracle y SoftBank. Para o segundo obxectivo a administración Trump confía en “convencer” aos seus aliados da OTAN. Como? Pois, por caso, ameazándoos con que, a partir de agora, terán que incrementala súa contribución a defensa conxunta (OTAN) xa que o paraugas estadounidense deixará de ser tal moi especialmente no caso de que non colaboren coa súa estratexia imperial e imperialista.

Dentro desta estratexia hai que incluír, aínda que inicialmente non o pareza, a nova táctica dos Estados Unidos en relación coa guerra en Ucraína. Unha posición revisionista das relacións con Rusia que busca restarlle aliados a China ao tempo que forza a Unión Europea a incrementalo gasto en defensa por que eso beneficia a industria militar estadounidense. 

 

Unha estratexia con varios frontes e unha prioridade

Unha nova estratexia, política e militar, que igual que sucede no terreo comercial ten no punto de mira a China. Así a nova administración estadounidense parece ser plenamente consciente tanto do poderío da nova potencia asiática, que supón unha clara ameaza aos seus obxectivos supremacistas, como do seu declive como imperio o que lle impide atender a varios frontes ao mesmo tempo

Unha nova estratexia, política e militar, que igual que sucede no terreo comercial ten no punto de mira a China. Así a nova administración estadounidense parece ser plenamente consciente tanto do poderío da nova potencia asiática, que supón unha clara ameaza aos seus obxectivos supremacistas, como do seu declive como imperio o que lle impide atender a varios frontes ao mesmo tempo. Así, por caso, atender ao fronte chino lle obriga a reducir a preocupación pola defensa de Europa

Unha nova estratexia, cun marcado carácter proteccionista (MAGA: “Make America Great Again”), no que a economía ocupa un lugar preferente, prioritario, que se reflicte tanto na política interior como exterior e que no primeiro caso pasa por que a oligarquía empresarial amiga do presidente ocupe lugares estratéxicos na nova administración poñendo así en evidencia que nos novos tempos a economía ven a substituír a diplomacia. A economía pasa a seren quen guíe tanto as relacións exteriores como interior e a propia seguridade nacional. Algo que Donald Trump espera afianzar grazas ao seu control da ámbalas dúas cámaras (Congreso e Senado).

Proba deste nova orientación témola en que a hora de xustificar a súa política contraria ao libre comercio, en oposición clara a propia OMC, un dos argumentos máis utilizados por Donald Trump é o de que os aranceis son unha cuestión política, de seguridade nacional o que non deixa de ser unha concepción empresarial de esta última. Concepción que se pon en evidencia, a nivel de política interior, cando persoal funcionario é despedido (mais de 120.00 empregados federais) para ser substituído por persoal de confianza, con mentalidade empresarial en, moitos casos, sen apenas ou ningunha experiencia administrativa, moito menos diplomática. Persoal que chega a ocupar posicións de grande relevancia política como pode seren a de embaixador (velaí os casos dos embaixadores en Colombia e Arxentina, empresarios amigos con nula experiencia diplomática) ou a de negociador a nivel internacional (as negociacións con Ucraína foron iniciadas por un multimillonario, compañeiro de golf, de Donald Trump), persoal cun marcado perfil ideolóxico (afines ao trumpismo), moitos deles multimillonarios, grandes doantes a campaña presidencial e cuxo exemplo mais paradigmático é o do Elon Musk acérrimo defensor das purgas na administración pública. Unha estratexia que moi probablemente introducirá nesta última grandes doses de inestabilidade non so administrativa senón tamén política.

Pero seguindo este camiño entrariamos nos que podemos chamar puntos débiles da estratexia de Donald Trump e os seus oligarcas cuxo análise e descrición deixo para outro artigo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.