Hamburgo, 31.01.12.
A oposición ao goberno de Merkel cre que que a cumbre europea non servirá para nada se limita a fomentar a austeridade e non se acompaña dunha estratexia de creación de emprego.
Os propios sindicatos alarman do perigo que suporía un empobrecemento dos estados europeos porque se convirtirían en ferramentas cada vez menos incapaces para crear emprego, como explicou ao xornal Die Zeit o representante dos sindicatos Michael Sommer.
Pola súa banda, os socialistas alemáns SPD alertan por medio do seu portavoz económico Carsten Schneider, de que se está poñendo todas as espectativas e en consecuencia, a esperar unha verdadeira “miragre” dun pacto limitado a frear a débeda dos estados.
A inexistencia dun programa creíble para crear de emprego nos países que padecen altas cotas de paro foi unhas das críticas da representante dos verdes, Renate Künast, que ve que en lugar dunha estratexia o pacto se contenta cunha declaración de boas intencions.
Máis alá vai Gesine Lötzsch, xefa do partido die Linke. Prognostica que estas medidas só conducen a profundizar máis ao extender a toda Europa as receitas que levaron a Grecia á sua actual situación.
En todo caso, tanto oposición como axentes sociais e analistas económicos coinciden en criticar que, independentemente da inviabiliade dunhas medidas limitadas ao aforro, os acordos acordados dificilmente se levarán a cabo se non van acompañadas de sancións en caso de incumprimento e acusan directamente á canciller Angela Merkel de ser incapaz de “impoñerse” en Europa ao ceder neste punto.