Quedan poucos días para que miles de adolescentes afronten esa proba despois de dous anos nun estado de tensión sostida que deixa pegada. Un número significativo deles chega a esa proba con necesidade de acudir a consultas de saúde mental ou con medicación ansiolítica
Os ritos de paso definen ás sociedades que os teñen. Son o espello no que unha cultura se revela: o que celebra, o que esixe, o que promete aos seus novos membros no momento de incorporalos. Na nosa cultura e no noso tempo, un deses ritos é a proba de acceso á universidade, PAU. Quedan poucos días para que miles de adolescentes afronten esa proba despois de dous anos nun estado de tensión sostida que deixa pegada. Un número significativo deles chega a esa proba con necesidade de acudir a consultas de saúde mental ou con medicación ansiolítica. Non é esaxeración: é o que describe a clínica, o que relatan as familias, o que confirman os propios adolescentes cando alguén lles pregunta como están.
Os ritos de paso existen en tódalas culturas porque responden a unha necesidade real: marcar o umbral entre o que se era e o que se vai ser, recoñecer publicamente que algo cambiou, integrar ao individuo nunha nova posición dentro da comunidade. Son momentos de vulnerabilidade e de apertura, de despedida e de comezo. Teñen unha carga simbólica que vai moito máis alá da proba en si. O que importa non é só o que se supera, senón o que se celebra e o que se recoñece.
A PAU funciona como rito de acceso a unha suposta elite. Unha promesa de adultez exitosa e adaptada: quen supere o umbral con nota suficiente tería reservado un lugar no mundo que se considera valioso. Esa promesa é o que lexitima dous anos de esforzo sostido, de renuncia, de presión acumulada.
A PAU funciona como rito de acceso a unha suposta elite. Unha promesa de adultez exitosa e adaptada: quen supere o umbral con nota suficiente tería reservado un lugar no mundo que se considera valioso. Esa promesa é o que lexitima dous anos de esforzo sostido, de renuncia, de presión acumulada.Mais non todos chegan igual de exhaustos. Nin todos xogan coas mesmas cartas
Mais non todos chegan igual de exhaustos. Nin todos xogan coas mesmas cartas.
Quen pode permitirse unha universidade privada non depende da PAU do mesmo xeito. Para ese alumno, a nota é importante pero non determinante: hai outras portas, outros accesos, outras redes. Para quen non ten esa posibilidade económica, a nota é o único criterio, a única oportunidade, o único umbral. O mesmo exame, a mesma data, as mesmas preguntas. Pero non a mesma presión, nin as mesmas consecuencias, nin o mesmo marxe de erro. Suponse a meritocracia, porque supostamente aplica o mesmo raseiro a todos. O que non sempre se di é que o punto de partida nunca foi o mesmo.
E logo está a lóxica da orientación. O talento como recurso que hai que rendibilizar, non como proxecto vital que hai que acompañar. O mercado xa decidiu que itinerarios son máis valiosos e cales menos. A educación asumiu ese criterio como propio, e o adolescente aprende a desexar o que se lle indica que debe desexar. En función das túas escollas podes ser un proxecto de triunfador ou sinxelamente “un loser da vida”, irrelevante.
Un rito de paso revela sempre a sociedade que o produce. Este revela unha sociedade que mide o valor das persoas polo seu rendemento. E antes de que o adolescente chegue ao umbral, algo xa ocorreu: aprendeu a desexar o que se espera del, a orientar as súas expectativas cara ao que se considera exitoso
Nese contexto, os vídeos das notas da PAU que inundan as redes cada xuño adquiren outro significado. Adolescentes que gravan e comparten a súa reacción no momento de coñecer os resultados: a alegría, o choro, o alivio ou o fracaso, todo en tempo real e para consumo inmediato. En alemán existe unha palabra para nomear o que ocorre aí: Maskenfreiheit, a liberdade que proporcionan as máscaras. Mostrarse para non ter que expoñerse de verdade. A emoción exhibida é tamén unha pantalla. O que non se ve —a angustia real, a presión acumulada, o medo ao xuízo— queda protexido detrás do contido. O espectáculo ofrece así un paradoxo cruel: canto máis te expós, menos te ven.
Guy Debord escribiu que o espectáculo non entretén: goberna. Mantén a atención capturada, impide a reflexión, produce suxeitos reactivos. A PAU podería estar funcionando de este xeito: converter dous anos de vida adolescente nunha carreira cara a un número, que logo converte ese número nun acontecemento público a consumir. O que queda fóra —o que o alumno aprendeu, o que lle custou, o que perdeu polo camiño, como se xestionou entre o desexo propio e as expectativas alleas— non conta. Non é medible. Non é espectacular.
Hai algo que está ao alcance dos adultos que acompañan a eses adolescentes: preservar, na medida do posible, un espazo onde o desexo da rapazada, sexa posto en valor. Lembrarlles que ninguén debe sentirse identificado a través dunha calificación, sexa boa ou sexa mala. Axudarlles a pensar futuros posibles antes que que grandes éxitos. Non é pouco
Un rito de paso revela sempre a sociedade que o produce. Este revela unha sociedade que mide o valor das persoas polo seu rendemento, que tende a confundir capacidade con utilidade e que promete recoñecemento a cambio de clasificación. E antes de que o adolescente chegue ao umbral, algo xa ocorreu: aprendeu a desexar o que se espera del, a orientar as súas expectativas cara ao que se considera exitoso. Esa é quizais a parte menos visible do rito: non o que se esixe, senón o que se captura.
As alternativas a esta cuestión, si as hai, non son técnicas, son estructurais: implicarían cambiar a relación entre educación e mercado, entre mérito e clase, entre o que unha sociedade pon en valor e o que mide. E iso máis que unha reforma educativa é outra sociedade. Pero hai algo que si está ao alcance dos adultos que acompañan a eses adolescentes: preservar, na medida do posible, un espazo onde o desexo da rapazada, sexa posto en valor. Lembrarlles que ninguén debe sentirse identificado a través dunha calificación, sexa boa ou sexa mala. Axudarlles a pensar futuros posibles antes que que grandes éxitos. Non é pouco.