Cántos mortos (e feridos) estamos dispostos a ofrecer para recuperar un kilómetro cadrado de territorio? mil, dez mil, cen mil, un millón?
Durante cánto tempo?
As vidas dos mozos reclutas son irrecuperables. Como tamén o son os seus propios e respectivos futuros aínda por escribir.
Os territorios ocupados seguirán ahí logo do armisticio.
Tamén os territorios liberados con tanto esforzo e sacrificio. As vidas non. As vidas perdidas non teñen volta. Vanse, para sempre, cos seus futuros por vivir.
Os altos mandos dos exércitos, os políticos como Borrell, quen dirixe desde o Krenlim, Putin ou quen sexa, desde a OTAN, Jens Stoltenberg ou Biden, esta guerra diferida ou interposta, fan fríos cálculos de baixas, de mortos e de feridos, as máis das veces, desde cómodos despachos moi alonxados da fronte de combate, das trincheiras e da mugre. Fan balances de custes- beneficios. Fríamente. Mortos por metros. En tódalas guerras. Nesta tamén. Os fan os rusos e tamén os ucraínos, quén son os que poñen os mortos, cada día, tódolos días. Tamén os que animan a guerra desde moi lonxe, en Washington, en Bruselas, en Londres... Cántos mortos por metro cadrado? Durante cánto tempo máis?
Na extraordinaria película do admirado Stanley Kubrick, de 1964, Dr. Strangelove, aquí "Teléfono vermello, voamos cara Moscova", no arranque, vemos por todas partes, na base militar americana, distintos cartazes e sinais coa frase ben visible: "Peace is our profession", a paz é a nosa profesión. E certamente, coñezo militares que asumen como propio este lema. Non é o caso de Strangelove. Moitas veces, os máis belicistas, non son precisamente os militares. Creo que agora e sempre. Os e as pacifistas, hoxe tamén, aqueles que seguen a máxima de Gandhi: "Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño" non entenden, non entendemos, o das armas para a paz ou o dos orzamentos de guerra para a paz. Qué lle imos facer.
Ben sei que houbo nun tempo pasado Ministerios de Guerra, sustituídos máis tarde por Ministerios de Defensa e probablemente no futuro cheguen a existir Ministerios de Paz, pode ser, así o desexamos, pero mentres tanto, vólvome a preguntar como ó principio:
Cántos mortos custa un metro cadrado de territorio?