A redución da xornada laboral

Camareiro Dominio Público

As negociacións que o goberno español de quenda (PSOE/Sumar) está levando adiante cos axentes sociais (CCOO, UGT, CEOE) en torno a redución da xornada laboral están, polo que sabemos, atopando grandes dificultades para avanzar por mor da oposición dos representantes da clase empresarial

As negociacións que o goberno español de quenda (PSOE/Sumar) está levando adiante cos axentes sociais (CCOO, UGT, CEOE) en torno a redución da xornada laboral están, polo que sabemos, atopando grandes dificultades para avanzar por mor da oposición dos representantes da clase empresarial. Nada novo pois é de sobras coñecida a súa enorme resistencia aos avances en dereitos sociais e melloras laborais incluso cando son tan modestos coma os actuais.

A xornada media actual en España esta legalmente fixada en 40 horas dende o ano 1983 (Lei 4/1983 do 20 de xuño. BOE 155 do 30.06.1983). Unha data que nos serve para afirmar que non hai razóns macroeconómicas que xustifiquen a negativa a redución da xornada: nestes anos a produtividade media incrementouse nun 450%. Un incremento que na súa maior proporción derivou en ganancias das rendas de capital.
 

Unha reivindicación histórica e unha oposición permanente

A xornada media actual en España esta legalmente fixada en 40 horas dende o ano 1983. Unha data que nos serve para afirmar que non hai razóns macroeconómicas que xustifiquen a negativa a redución da xornada: nestes anos a produtividade media incrementouse nun 450%. Un incremento que na súa maior proporción derivou en ganancias das rendas de capital

E de xustiza subliñar que a redución da xornada laboral foi de sempre unha das reivindicacións históricas por parte das organizacións sindicais que actualmente a enmarcan “no camiño de facer posible as máximas de traballar menos horas para vivir mellor e traballar menos para traballar todos e todas, ofrecendo así solución a un mundo no que o traballo é un ben escaso e a produtividade se incrementa como consecuencia dos procesos de automatización e dixitalización”.

Tamén e xusto sinalar que ao longo da historia a reivindicación dunha redución de xornada sen perda salarial atopou sempre a oposición non so dos empresarios senón tamén de non poucos economistas pois ambos consideraban que era reivindicar cobrar por non traballar. Para xustificar esta negativa utilizáronse argumentos apocalípticos sen que nunca se cumpriran como demostraron, por caso as escasas experiencias habidas en Europa (Francia, Suíza e Alemaña son os únicos estados europeos que teñen fixado un tope de 35 horas semanais: 5 menos que en España): nin se paralizou a economía, nin se perderon empregos, nin caeron as ganancias das rendas de capital. 

 

Vantaxes dunha redución progresiva da xornada de traballo.

Nun estado como o español, cun elevado desemprego, unha alta precariedade e un elevado volume de horas traballadas a xornada completa a redución da xornada laboral pode converterse nunha importante panca para impulsar un novo modelo laboral e produtivo que xere mais emprego e da calidade

Nun estado europeo como o español, cun elevado desemprego, unha alta precariedade e un elevado volume de horas traballadas a xornada completa a redución da xornada laboral pode converterse nunha importante panca para impulsar un novo modelo laboral e produtivo que xere mais emprego e da calidade, que sexa mais xusto e sostible. Un novo modelo no que a redución progresiva da xornada de traballo se converta nun importante vector de distribución e reparto do emprego asalariado.

Pensemos que as sociedades nas que vivimos están dominadas por un neoliberalismo en crise. Un neoliberalismo que nas últimas décadas impuxo, en España en maior medida que nos estados da Unión Europea da nosa contorna, unha crecente flexibilizan da xornada laboral con horarios atípicos e sometidos a continuas variacións (xornadas, horarios, quendas, horas extras...) que precarizaron aínda mais os empregos. Neste contexto a implantación dunha redución da xornada laboral debe buscar a eliminación destas anomalías e orientarse a un maior control do tempo de traballo e das formas que vai adoptando a propia xornada laboral. 

Este sistema neoliberal impuxo a filosofía do crecemento continuo que leva a consumir cada vez mais, sen límites e mais aló das posibilidades reais e as propias necesidades ao tempo que vai destruíndo mais e mais recursos naturais. Neste marco un dos efectos positivos que, sen dubidas, tería a redución progresiva da xornada laboral sería a de un menor consumo de enerxía e, como consecuencia, unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro o que faría diminuír o risco certo duna catástrofe ambiental. Desta forma a redución da xornada de traballo gardaría unha relación directa coa loita contra o cambio climático

Un dos efectos positivos que, sen dubidas, tería a redución progresiva da xornada laboral sería a dun menor consumo de enerxía e, como consecuencia, unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro

Este neoliberalismo tamén trouxo aparellado unha redución do benestar e da xustiza social que se subordinaron a produción e ao consumo. Non cabe dúbidas de que unha redución progresiva da xornada de traballo posibilitará unha maior racionalidade e equidade na distribución do traballo remunerado e mesmo no emprego. Paralelamente lle permitirá aos/as traballadores/as adicar mais tempo as tarefas familiares grazas a un maior control do tempo “non traballado” quen sería así mais valorado. Dado que son as mulleres quen, por término medio dedican mais tempo ao traballo non remunerado unha redución de xornada podería permitir unha mais xusta e equitativa distribución da carga de traballo nos fogares

En relación a este posible impacto positivo da redución de xornada no benestar social e na igualdade de xénero compre ter presente a realidade actual. Unha realidade marcada pola precariedade dos servizos de benestar social mais importantes como, por caso, os da atención a vellez, a familia e a infancia. Na actualidade a precariedade de estas funcións de benestar fai que en moitas familias galegas sexan membros da mesma, maiormente mulleres, quen teñan que combinar o seu xa reducido tempo fora de traballo remunerado cos coidados a familia o que lles provoca situacións de estrés e de malas condicións de vida e saúde. Por tales razóns a redución da xornada laboral debería incorporar a esfera doméstica á esfera laboral o que posibilitaría unha mellora xeneralizada da calidade de vida para tódolos/as traballadores/as ao incrementar o tempo de ocio. 

 

A redución da xornada e as novas tecnoloxías

Resulta xusto esixir que os incrementos de produtividade que vai facilitar a dixitalización repercutan en reducións de xornada

Vivimos unha época que se move baixo o impacto do fenómeno da dixitalización tecnolóxica que impón cambios nas actividades produtivas, as empresas e as administracións públicas. Cambios que supoñen enormes desafíos pero tamén ameazas sobre os empregos e a calidade dos mesmos polo que resultará necesario o seu goberno e control. Moito mais cando vivimos nunha rexión do mundo (Europa) que presenta un grande retraio neste fenómeno o que incrementará o seu impacto.

Neste marco resulta xusto esixir que os incrementos de produtividade que vai facilitar a dixitalización repercutan en reducións de xornada, sen que impliquen rebaixas salariais naquelas actividades produtivas susceptibles de incorporar as novas tecnoloxías.

España e con ela Galicia están nunha posición claramente atrasada respecto a incorporación e a formación en novas tecnoloxías o que supón dispoñer de moito terreo libre para avanzar. Una avance que si ofrece moitas posibilidades a hora tanto de crear novos empregos como de reducila xornada e melloralos salarios tamén presenta non poucos riscos como a destrución de empregos manuais e pouco cualificados moi abundantes en Galicia: algúns estudios calculan nun 50% os empregos susceptibles de desaparecer. Riscos que hai que estender, dadas as experiencias coñecidas como pode selo das criptomoedas, ao medio ambiente. Tendo isto en conta, que a tecnoloxía non é neutral, será moi necesaria a gobernanta deste proceso de dixitalización onde aparece como imprescindible a participación activa do movemento sindical para controlalo rumbo que tome a revolución dixital e garantir unha transición xusta.

Papel da redución de xornada

A redución de xornada debe xogar un papel na creación de emprego a medio e longo prazo. Tamén ten que servir para mellorar o benestar e a calidade de vida así como para dispor de mais tempo libre

Como resumo de todo o sinalado pensamos que a redución de xornada debe xogar un papel serodio na creación de emprego a medio e longo prazo. Empregos que axuden a erradicar a elevada precariedade laboral polo que deben ser estables e de calidade. Redución de xornada que tamén ten que servir para mellorar o benestar e a calidade de vida así como para dispor de mais tempo libre. Redución de xornada que debe camiñar da man coa loita contra o cambio climático.

As reducións de xornada, que non son unha panacea pero moito menos son un desastre, si serven para aumentala produtividade que impulsa a economía, para mellorala calidade de vida dos traballadores e ben implementada para unha mais xusta distribución das rendas. Porén, non se debe caer no erro de pensar que por si soas van a resolver os problemas de emprego que, hoxe por hoxe, teñen España e Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.