A remar. Irmá, eu créote

Mensaxe contra a violencia de xénero nunha mobilización feminista CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo

O que acontece ao enterarnos que un militante de esquerdas como Errejón que supostamente loitaba ao noso e do noso lado, era un depredador sexual, un acosador, fai que todo o noso mundo caia aos nosos pés, aos pés das mulleres feministas de esquerdas. Sentímonos responsables de non telo visto

É un momento duro e inspirador para quen que fixo da militancia na esquerda, a súa vida personal e profesional. Moitas das decisións na miña vida privada estiveron absolutamente ideoloxizadas e non é que non fóra decidido, que si o era pero o certo e que a miña decisión partía da crenza de que o humanamente bo e correcto eran os valores dese proxecto político-ideolóxico. Como se as persoas non foramos moito máis que iso! 

Tardei en chegar ao feminismo e fíxeno chea de incoherencias que seguen aquí vivas pero despois de por as gafas moradas nada se ve igual. Miro para atrás e son capaz de ver multitude de cousas mal resoltas. Como dí Rosa G. Graell, "non podemos dar crédito ao patriarcado e lernos dende a incoherencia. Os paradoxos fannos humanas e transitarlos é máis complexo que incoherente".

O que acontece ao enterarnos que un militante de esquerdas como Errejón que supostamente loitaba ao noso e do noso lado, era un depredador sexual, un acosador, fai que todo o noso mundo caia aos nosos pés, aos pés das mulleres feministas de esquerdas. Sentímonos responsables de non telo visto.

Só hai unha cousa clara: o noso apoio incondicional ás vítimas de Errejón dicindo alto e claro "irmá, eu créote"

É duro asumilo, igual de duro que enfrontalo no caso dun fillo, un irmán, un pai. E que os afectos non desaparecen de súpeto. Ás mulleres estamos afeitas a seguir poñendo amor sobre quen nos fire. Non estamos preparadas  para asumir a presenza da violencia patriarcal no noso entorno máis íntimo.

Só hai unha cousa clara de todo isto: O NOSO APOIO INCONDICIONAL ÁS VÍTIMAS DE ERREJÓN DICINDO ALTO E CLARO:  IRMÁ, EU CRÉOTE .

Non me aparece acaído que desde o feminismo lle pídamos responsabilidades ás compañeiras máis directas de Errejón. Creo que o correcto é axudalas a asumir tanta dor, a poñerlle nome, a dicilo publicamente, a pasar o do. Iso é a sororidade

Pero esta situación pode ser tamén inspiradora, axudarnos a remar xuntas. Non me aparece acaído que desde o feminismo lle pídamos responsabilidades ás compañeiras máis directas de Errejón. Creo que o correcto é axudalas a asumir tanta dor, a poñerlle nome, a dicilo publicamente, a pasar o do. Iso é a sororidade. Necesitamos entender que mañá nos pasa a nós e necesitaremos axuda para asumilo e seguir remando xuntas na loita contra o patriarcado e a prol dunha sociedade máis xusta. 

No meu camiñar político pasei por varias forzas de esquerda e sei que nada disto é alleo a ningunha forza política. Eu non souben ver ou hoxe miro de forma distinta situacións vividas por compañeiras ás que a organización lles deu ás costas. É desesperanzador sentir que proxectos ilusionantes sobre todo para as novas xeracións, caen a cachos mentres campa o fascismo como se nada. 

Pero non podemos entender esto máis que como unha oportunidade para reforzar o feminismo desde o colectivo e desde o individual, porque como di Carme Adán: non é o patriarcado quen toma as decisións, senón cada un e cada unha de nós! Así que toca remar ao unísono, porque o feminismo é unha revolución sen sangue!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.