A represión marroquí no Aiun segue sumando vítimas

Na tarde do día 23 de xaneiro, varios activistas de dereitos humanos manifestáronse no Aaiun esixindo os dereitos á autodeterminación do Sahara Occidental

Axiña que os manifestantes, na súa gran maioría home maiores e mulleres, reuníronse foron atacados de inmediato e violentamente pola policía marroquí.

Entre os activistas de dereitos humanos feridos atopábanse: Ruqai O Hawassi, Degja Lachgar, Slaima Limam, Fatimatou Daoudi, Faddala Yaouda, Ali Saadouni, Hassanna Duihi, Dafa Ahmed Babou, Mohamed Daddach, Faddala Jaouda,, Nourdine O Argoubi e Maalouma Abdallahi.

O numero de policías e forzas auxiliares nas rúas do Aaiun é cada vez maior.

En relación aos mozos desempregados que seguen en folga de fame, resaltar que foron privados de novo de acceso a auga e cortáronlles a subministración da electricidade

Na mañá de escribir isto un dos mozos, Saaid Ayachi, foi trasladado ao hospital,quedando agora 11 folguistas na sede de laADDH.

Os marroquís poden atacar, seguir coas súas prácticas violentas contra a poboación saharauí, mesmo chegar a matalos... pero nunca poderán acabar coa inquebrantable vontade do pobo saharauisen reclamar o seu dereito á autodeterminación.

Os activistas saharauís fan unha vez máis un chamamento á comunidade internacional, para que poña fin a este sufrimento, denuncien as prácticas represivas das forzas de ocupación marroquís e que se celebre dunha vez por todas o prometido referendo de autodeterminación.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.