A Sanidade: o que non é, e o que pode ser!

A saúde é a maior posesión. A alegría é o maior tesouro. A confianza é o maior amigo (Lao Zi: maestro oriental do Taoísmo, nado no século V a. de C.)

Temos o mellor Sistema Sanitario Público do mundo...e xs peores administradorxs do mundo!

A Sanidade, non pode estar en mans de persoas que non cren no Público (sí, con maiúsculas): os cartos de todxs, deben ser adminisitrados de forma que cheguen a toda a poboación, e que calquera que teña unha necesidade sanitaria, poda ter a súa asistencia sin ter que hipotecarse para poder ser atendidx.

A Atención Primaria (AP) ten que estar preto da xente. Non podemos esperar ata 7 días para ser atendidxs polo Médicx de Cabeceira, non podemos esperar por unha proba diagnóstica un tempo que non temos pois cando estamos enfermxs é cando o precisamos, non podemos esperar por unha intervención cirúrxica, tanto tempo que cando nos chaman xa sexa tarde, ou xa recurrimos a outras instancias para resolver o problema de saúde. Si consideramos que a AP é básica, a adminsitración e xs nosxs xestorxs, teñen que poñer os medios para resolver o problema que temos, para eso son xs garantes de administrar o sistema, para que si a Sanidade Pública é de 1ª división, que xs xestorxs non sexan de 3ª rexional…

Para que a AP en Galicia teña futuro, temos que construir, por consenso, un Sistema Sanitario que de verdade sexa Universal, Gratuíto, Público, Equitativo e de Calidade. E a pregunta, é saber si ésto é posible. Temos que ter un marco legal para levalo a acabo: en Galicia creóuse o Consello Técnico (CT) de Atención Primaria, constituído por xente capaz de orientar xs administradorxs hacia un Sistema de Calidade; as 16 Comisións Técnicas creadas para levar a cabo o Novo Modelo de AP de Galicia e contar co coñecemento de persoas expertas de verdade (non “expertxs” sacados da chisteira do poder, das xestorías privadas e de fora de Galicia) para que o documento que saia, insisto, por consenso, sexa avalado polos partidos políticos que teñan a capacidade de gobernar a nosa terra. Ese documento, que será de máximos, porá en valor o que todxs buscamos na atención ás persoas: calidade, equidade,

recursos en infraestructuras e orzamentos para que xs profesionais do sistema non traballen en precario, teñan o respaldo dunha administración que vele polo Público e que teña futuro.

Todo ísto o temos xá. Os meses que traballou o CT, teñen que servir para que a AP en Galicia sexa a “sá de estar” das persoas. Non “a porta de entrada” (hoxe éntrase no sistema sanitario de múltiples maneiras) pero sí que sexa o lugar onde as persoas estén máis cómodas, para poder resolver os seus problemas de saúde, de forma próxima e inmediata...e de non resolvelo, sí encauzar os temas para que a atención especializada o poda solucionar próntamente, sin demoras e ca calidade que se presupón a un Sistema Sanitario do primeiro mundo, que non deixe na estacada xs máis vulnerables e que podamos acercarnos a él ca confianza de que o que nos pasa, poda ser resolto de forma óptima.

A xestión nos anos precedentes, non son un bo augurio para solucionar o exposto...pero a capacidade da xente que controla dos temas de saúde é un aval importante para levalo a cabo, sempre que xs xestorxs que teñan a misión de levar a AP en Galicia nos vindeiros anos, fagan caso das conclusións do CT de AP de Galicia.

O sistema que se implante, non será do partido político que está no poder. A saúde ten que ser algo que trascenda a política partidista e a corto prazo, para pensar nas xeracións venideiras e nas persoas que o precisen no momento da vida, en que son máis vulnerables. Ten que durar no tempo e que o “conselleirx” de turno non trate de actuar en solitario e cunha mentalidade cortopracista e ventaxista.

Temos os mimbres, temos a xente, temos os documentos,...falta a vontade política de levalo a cabo...e esa é a grandeza da propia política.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.