A ver se pasa algo

Raimundo Viejo é un galego de Cataluña, deputado de En Comú Podem e primeiro home na lista de Carolina Bescansa ás primarias de Podemos Galicia. Paga a pena ler os esbozos que escribiu estes días sobre a cuestión territorial e nacional, motivados entre outras cousas polo vínculo conflitivo que se establece entre a candidatura deles e a cúpula central de Podemos.

Observa el un carácter unitario na lista alternativa, unxida, di, por un único poder central, dentro dun modelo falsamente confederal. Cre que algúns están instalados mentalmente no modelo autonómico do Estado unitario. E afirma que a emerxencia de poderes territoriais fortes, como o de Teresa Rodríguez ou o de Bescansa, levan implícito un pluralismo interno federalizador que permitirá unha nova articulación confederal coas confluencias. As confluencias, afirma, tenden a reproducir os males herdados das autonomías.

Desde aí deduce que coas primarias galegas é posíbel construír un proxecto alternativo, gañador, camiño dunhas constituíntes de solución federal. Un debate interesante, si es que hi ha.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.