Antes que unha enfermidade colla o temón da nosa vida, deberíamos adiantarnos e procurar detectar os seus inicios. As revisións médicas rutineiras non deberían preocuparnos, facelas tarde ou non facelas pode levarnos á perda de diagnósticos precoces de enfermidades sen síntomas previos, agravando o prognostico ou dificultando a eficacia do tratamento
Cando despois da última revisión médica che din: -Todo ben, repetiremos as probas dentro de doce meses-. Pode que sexa a mellor nova que escoites no que reste de ano. Gozar dunha boa saúde é unha ventura que non todo o mundo ten, aínda que moitas veces é unha lotaría, deberíamos de facer o posible por coidala para que se quede con nós. Porén, nalgún momento chega un contratempo que require atención, é daquela cando nos invade a preocupación, esquecémonos das banalidades que nos ocupaban o pensamento no noso día a día, e centrámonos nos verdadeiros desafíos que fan a súa entrada. Antes que unha enfermidade colla o temón da nosa vida, deberíamos adiantarnos e procurar detectar os seus inicios. As revisións médicas rutineiras non deberían de preocuparnos, aínda que facelas tarde ou non facelas, pode levarnos á perda de diagnósticos precoces de enfermidades sen síntomas previos, agravando o prognostico ou dificultando a eficacia do tratamento.
Ben é certo que temos que “escoitar ó noso corpo” e acudir ao médico por calquera síntoma ou signo estraño do que nos apercibimos. Pero non sempre un problema de saúde se manifesta, e se non detectamos ningún síntoma, non é que non exista a doenza, senón que precisamos as ferramentas de diagnóstico precisas e no momento axeitado. É o caso da hipertensión, a chamada “enfermidade silenciosa asasina”, que afecta a un porcentaxe moito máis alto da poboación do que realmente está rexistrado.
As probas de diagnóstico precoz e eficaces son cruciais. Detectar enfermidades como tumores, enfermidades cardíacas, trastornos metabólicos ou neurodexenerativos nunha fase inicial pode mellorar moito as posibilidades dun mellor resultado e, moitas veces, pode salvar vidas. O éxito dos programas de detección do cancro é evidente na súa capacidade para reducir a carga da enfermidade e as mortes temperás, así como mellorar os resultados dos pacientes
Ter a tensión alta non presenta síntomas evidentes, pero aumenta significativamente o risco de varias enfermidades perigosas coma por exemplo enfermidades cardiovasculares coma infartos de miocardio, insuficiencia cardíaca, anxina de peito, ou enfermidade das arterias coronarias. Tamén se relacionou coa aparición de ictus, enfermidades renais, problemas de visión, ou mesmo aneurismas. Ademais demostrouse que os cambios de presión arterial inflúen no cerebro. Pode provocar problemas cognitivos, de comprensión e de memoria causados porque o aumento da presión arterial afecta ó sistema cerebrovascular e polo tanto ó subministro de oxíxeno e nutrintes ó cerebro. Cando estes mecanismos fallan, é cando se produce inflamación cerebral e trastornos neurolóxicos. O tratamento con medicamentos antihipertensivos, ou sartáns, confiren protección fronte a estas enfermidades, pero tamén confire protección contra outras moitas, coma por exemplo os danos cerebrais tal e como demostraban algunhas das nosas investigacións en modelos animais que publicamos en Neuropsychopharmacology no 2012 ou en BRAIN-Oxford no 2015. Dados os bos resultados nestas e outras investigacións, o doutor Geoff Manley da Universidade de California, comezou o primeiro ensaio clínico en pacientes con traumatismos cerebrais, administrándolles o sartán máis prometedor nos nosos estudos, co candesartán.
As probas de diagnóstico precoz e eficaces son cruciais. Detectar enfermidades como tumores, enfermidades cardíacas, trastornos metabólicos ou neurodexenerativos nunha fase inicial pode mellorar moito as posibilidades dun mellor resultado e, moitas veces, pode salvar vidas. O éxito dos programas de detección do cancro é evidente na súa capacidade para reducir a carga da enfermidade e as mortes temperás, así como mellorar os resultados dos pacientes.
A medida que cumprimos anos, os cribados e as revisións médicas preventivas son máis frecuentes. Despois de catorce anos nos Estados Unidos, paso a describir as revisións médicas que se recomendan aquí por idade, semellantes ás de Galicia, aínda que con algunhas diferenzas. Sen entrar en revisións pediátricas, xa na idade adulta recomendase realizar unha proba de sangue en cada revisión médica anual onde entre outros marcadores, faise un panel de lípidos para detectar diabetes, e de proteínas tiroideas. A vacinación anual contra a gripe e a COVID-19 estase a axustar aos reforzos contra as variantes predominantes. Tamén se actualizan o resto das vacinas contra o tétanos e a difteria, herpes, ou a Hepatite B, así como exames de detección de infeccións de transmisión sexual, VIH ou hepatite C. Para as mulleres comezan a partir dos 20 anos os exames regulares de cancro de cérvix.
O cancro de colon é a segunda causa máis común de morte por cancro nos Estados Unidos e aumenta coa idade. Porén, a proporción de casos entre os menores de 55 anos aumentou do 11% en 1995 ao 20% en 2019. Nos últimos tres anos aumentou o 9% nas persoas menores de 50 anos, representando agora o 13% neste grupo de idade. Por este motivo, recomendase realizar unha colonoscopia a todas as persoas ó cumprir os 45 anos
Ó cumprir os 40 anos nos EE.UU., ademais dos exames médico de rutina anteriores, incorpóranse para as mulleres as mamografías anuais que irán acompañadas de ecografías para aquelas que teñan mamas densas para detectar pequenas masas con potencial canceríxeno. Segundo a asociación española contra o cancro, en España recomendase a realización dunha mamografía cada dous anos a mulleres a partir dos 50 anos, poñéndose en dúbida o beneficio destas probas nas mulleres entre os 40 e os 49 anos, salvo casos individuais.
O cancro de colon é a segunda causa máis común de morte por cancro nos Estados Unidos e aumenta coa idade. Porén, a proporción de casos entre os menores de 55 anos aumentou do 11% en 1995 ao 20% en 2019. Nos últimos tres anos aumentou o 9% nas persoas menores de 50 anos, representando agora o 13% neste grupo de idade. Por este motivo, recomendase realizar unha colonoscopia a todas as persoas ó cumprir os 45 anos, ou con anterioridade no caso que se teñan antecedentes familiares da enfermidade ou da presenza de pólipos. O progreso nos tratamentos contra o cancro de colon podería acelerarse descubrindo a etioloxía da crecente incidencia. Pode que os hábitos de vida menos saudables, a disbiose do microbioma, falta de exercicio, alcohol e tabaco, ou a mala alimentación xogan un papel importante. En España realízanse cribados de cancro de colon a partir dos 50 anos ata os 69 cada dous anos mediante o test de sangre oculta nas feces, seguida de colonoscopia nos casos positivos. O problema radica que non sempre se detecta o cancro polos métodos regulares dos cribados, sendo a colonoscopia máis fiable e eficaz, incluso para detectar e eliminar os pólipos con potencial canceríxeno.
En España, o Ministerio de Sanidade recoñecía nun artigo recente as desigualdades nos programas de cribado de cancro de mama, de cervix e de colon nas distintas comunidades entre os anos 2013 e o 2020. As idades de cribado oscilan entre os 45 e os 50 anos, pero varían por comunidade, cunhas taxas de participación que van dende o 35% ata o 80% a pesar das campañas informativas.
En España, o ministerio de sanidade recoñecía nun artigo recente as desigualdades nos programas de cribado de cancro de mama, de cervix e de colon nas distintas comunidades entre os anos 2013 e o 2020. As idades de cribado oscilan entre os 45 e os 50 anos, pero varían por comunidade, cunhas taxas de participación que van dende o 35% ata o 80% a pesar das campañas informativas. Estas desigualdades son evitables e para asegurar a accesibilidade a estes cribados. A Comisión Europea recomenda que se ofrezan de maneira poboacional, é dicir, de maneira sistemática a todas as persoas nos grupos de idade dentro do marco regulado de política sanitaria e saúde pública. Aínda así estas recomendacións non teñen en conta a incidencia alta nos últimos anos no grupo de idade menor dos 50 anos, e isto deberíase de actualizar urxentemente. Se estamos a falar que no caso do cancro de colon, a incidencia nos menores de 50 anos está a aumentar, no caso de descartarse este grupo de idade nos cribados, estamos a esconder un problema potencialmente grave por falta de detección precoz. Precisasen máis recursos e información para que a participación nestes cribados aumente xa que non alcanzan as recomendacións europeas de intervalos de idade e precísanse axustar estes criterios cos novos datos de incidencias, ademais por igual en todas as comunidades, permitindo o acceso ós programas de cribado a toda a poboación e sen discriminar entre variables socioeconómicas e culturais. A eficacia das autoridades sanitarias para detectar determinadas enfermidades en poboacións específicas influirá na incidencia desas enfermidades no futuro. Existen diferenzas nos métodos de prevención entre as comunidades autónomas, sen xustificación científica. Polo tanto, débese asumir unha maior responsabilidade ás autoridades para recoller datos epidemiolóxicos precisos e realizar as revisións adecuadas nos grupos de poboación relevantes.
Outro dos meirandes retos na saúde que debemos de afrontar son as enfermidades cardiovasculares. Os riscos aumentan na poboación envellecida e anciá debido a factores como a fraxilidade, a obesidade e a diabetes. En canto ás probas, as recomendacións específicas para a detección de enfermidades cardiovasculares adoitan depender de factores como a idade, o sexo, os antecedentes familiares e a presenza de factores de risco como a hipertensión ou o colesterol alto. As revisións periódicas son esenciais para a detección e a xestión adecuadas da saúde cardiovascular. A partir dos 40 anos, recoméndase realizar o un electrocardiograma anual e análises de sangue para comprobar a anemia, diabetes, problemas nos riles, hipertensión e outras condicións.
Aos 50 anos entran en xogo probas como a densidade ósea, o calcio cardíaco, o panel da tireóide e os exames de audición e visión. Calquera persoa que fume o equivalente a un paquete ao día durante 20 anos debe facerse unha resonancia anual de tórax para detectar cancro de pulmón. A saúde dental tamén require atención, xa que afecta non só aos dentes, senón tamén á prevención doutras enfermidades, polo tanto as visitas ó dentista cada 6 meses ou anuais como mínimo son prioritarias.
Aos 50 anos entran en xogo probas como a densidade ósea, o calcio cardíaco, o panel da tireóide e os exames de audición e visión. Calquera persoa que fume o equivalente a un paquete ao día durante 20 anos debe facerse unha resonancia anual de tórax para detectar cancro de pulmón. Para o cancro de próstata tamén se require exploración física e análise de sangre. A partir dos 50 anos tamén se suxire a vacina que se usa para previr o herpes zoster, unha erupción cutánea dolorosa causada pola reactivación do virus da varicela-zoster en persoas que tiveron varicela. A vacina é máis do 90% eficaz na prevención do herpes zóster e as súas complicacións. Aconséllaselle ás mulleres que se fagan a súa primeira exploración ósea aos 65 anos para detectar a osteoporose, unha condición caracterizada por ósos debilitados que son máis propensos a fracturarse. O risco de osteoporose aumenta coa idade, especialmente nas mulleres posmenopáusicas debido á diminución dos niveis de estróxenos, que xogan un papel crucial no mantemento da densidade ósea. A frecuencia das exploracións posteriores é determinada polo médico en función dos resultados iniciais da exploración e doutros factores de risco que pode ter o paciente. O seguimento regular axuda na detección precoz e na xestión eficaz da osteoporose.
A saúde dental tamén require atención, xa que afecta non só aos dentes, senón tamén á prevención doutras enfermidades, polo tanto as visitas ó dentista cada 6 meses ou anuais como mínimo son prioritarias. Ademais, é fundamental prestar atención aos cambios na pel, especialmente aos lunares. A pandemia puxo de manifesto outra condición estigmatizada pola sociedade que tamén precisa coidados: a saúde mental. Pero este tema require doutro artigo enteiro.
A medida que a sociedade evoluciona, tamén o debe facer a sanidade e ofrecer os recursos de diagnóstico e de tratamentos máis actualizados. As revisións periódicas deben de axustarse aos cambios na prevalencia das enfermidades. A medicina convencional está en proceso de transformación cara a un enfoque de precisión, personalizado e integrador. Esta transformación fai fincapé nos tratamentos adaptados aos factores xenéticos, ambientais e de estilo de vida individuais, garantindo unha atención máis efectiva
Aínda que a xenética e os antecedentes familiares inflúen na nosa saúde, ademais das revisións médicas recomendadas, é fundamental educarnos sobre hábitos saudables para previr na maioría das doenzas, incluso enfermidades neurodexenerativas. Evitar o exceso de hidratos de carbono, facer exercicio con regularidade, durmir o suficiente, absterse de tabaco e alcol, manterse ben hidratado e comprender o funcionamento do noso corpo para estar alerta de anomalías, son factores cruciais para desviar a carga xenética e camiñar cara a unha calidade de vida máis saudable.
A medida que a sociedade evoluciona, tamén o debe facer a sanidade e ofrecer os recursos de diagnóstico e de tratamentos máis actualizados. As revisións periódicas deben de axustarse aos cambios na prevalencia das enfermidades. A medicina convencional está en proceso de transformación cara a un enfoque de precisión, personalizado e integrador. Esta transformación fai fincapé nos tratamentos adaptados aos factores xenéticos, ambientais e de estilo de vida individuais, garantindo unha atención máis efectiva. Ademais, os avances nas novas tecnoloxías de diagnóstico están abrindo o camiño para unha detección máis precoz e precisa da enfermidade. A integración da intelixencia artificial na asistencia sanitaria promete mellorar a toma de decisións e a eficiencia, reducindo potencialmente o erro humano nos diagnósticos ou na escolla de tratamentos. Esta progresión non é só un avance tecnolóxico; trátase de crear un sistema de saúde que sexa máis sensible, eficaz e centrado no paciente, fomentando, en definitiva, unha confianza máis profunda na atención que recibimos.