Agosto e todo o demais

Aquí en Alabama nunca pasa nada. En realidade agosto nunca será un mes, tan só a elipse nun sutil tránsito cara a nada.

FLASHFORWARD, “PROLEPSE” no antigo dialecto eurogrecolatino, aquela greguería irreversíbel.

Serán ELLOS, os elegantes, os listos, os más mejores, eses eternos aprendices do idioma inglés con convencida mirada chinesa no sometemento humillante do inferior en plano picado

Circa 0202  A. C. C. (Antes de todo Cristo Crucificado)
Lembro cando vivirei en Missouri, Alabama, no estado sureño do hemisferio norte da segregación. Hermano, separar es tan sano... es lo mejor. Talibán tú. Borriquito como tú. TururúDaquela, as beirrarúas quedarán rixidamente circunscritas aos verdadeiros posuidores copyright right right tea party all right da verdade verdadeira. Así son ELLOS, os ilustres homes varóns machos machotes soberanos do mundo hispanohablante, exclusivos emisarios no idioma monolingüe. Serán ELLOS, os elegantes, os listos, os más mejores, eses eternos aprendices do idioma inglés con convencida mirada chinesa no sometemento humillante do inferior en plano picado. ¡Olé! Naquela altura os lombos serán xa pura reverencia afeita aos contornos do káiser alemán. Como non podería ser doutra forma, as Reais Academias e a Tuna Compostelana correrán a mandar adhesión. Decreto Lei. Amén.

A liberdade liberalista consistirá na ausencia de límites de velocidade nas autoestradas de pago para a mínima minoría, así que polos carreiros lamacentos iremos o resto todas e todos nós

A liberdade liberalista consistirá na ausencia de límites de velocidade nas autoestradas de pago para a mínima minoría, así que polos carreiros lamacentos iremos o resto todas e todos nós; xente vella en idade de xubilación sen retiro, desempregados, cifras de inmigrantes ilegais en estudos demoscópicos, parados, mulleres, parados, profesionais en risco de escravitude, homosexuais ou heterosexuais non chapados e contrachapados á antiga prescrición; enfermeiros, desempregados, xornalistas, mestres, desempregados, dependentes desafiuzados de corpo e vivenda, estudantes, mineiros, desempregados, científicos, parados, prostitutas, médicos, cadáveres de mulleres con fetos en proceso de aborto, artistas, máis desempregados. Amén. Cando a diferenza sexa a maioría, esta quedará excluída do único. Decreto Lei. O goberno estará, coma sempre, facendo os deberes con ademán de neno titorizado no castigo: copiando oitenta e oito mil millóns de veces Donde dije digo, digo Diego. Hablemos con la propiedá cervantina que da la lengua común. O Decreto Lei 8/0202 obrigará a que os mamíferos funcionariais que aínda traballen no eido da servidume usen nos espazos comúns o brazalete co “P” de Puta Borralla Púb(l)ica. Cómpre marcar a diferenza co límite de déficit púb(l)ico como corresponde. Que se jodan.

O único que vén interesando algo é a reinvención dunha nova lingua coa que obrigar a repetir punto por punto os mesmos erros que se cometerán no período de entreguerras, nos momentos prebélicos mundiais a grande escala?

Será naquel verán do sur, ai Alabama, aquí nunca pasa nada, cando prohibirán vivir sen decatarse, cando o estado das autonomías quedará relegado a unha combinación en liña de bingo na lotaría, cando dixeron que habería que cambiar os plans de estudo por seren plans e ademais ousaren pretender a aprendizaxe. E xa metidos en fariña, evitar a análise da historia, porque en efecto, de que servirá estudar o futuro se en realidade este é algo moi vello e xa pasado, cando ademáis o único que vén interesando algo é a reinvención dunha nova lingua coa que obrigar a repetir punto por punto os mesmos erros que se cometerán no período de entreguerras, nos momentos prebélicos mundiais a grande escala? Grecia foi o camiño de referencia, pasiño a pasiño, paseniño, unha brétema abafadiza e nunca inesperada. Mollou sen que se notase.

Toda catástrofe debe facer constar o seu particular Amancer Dourado para entrar nos parámetros requeridos pola Troika

Naquela altura Krugman, o ianqui malnacido e traidor, terá que calar baixo o inerte neboeiro do verán no sur confederado da recuperación imposíbel; para todo o demais pasarán o rato pasmando coas mañas de Feij009 mirando de trucar con botox electoral as regras da forza da gravidade porque ao cabo, o presi & team teñen corazonciño de rato genovés e tamén lles doe nos adentros da ialma gallega cando ven que as carnes van caendo polo propio peso do tempo. De sobremesa ofrecen a enésima reinvención en territorio Far West de como vir a bater a chanca coa ascendencia galega como pretexto para reinventar o baltarismo, ese xénero, ou ir mirando se tal de adiantarse á era louzanista, o caso ir metendo o fusiño. Donas e cabaleiros, Universal Pictures Serie B presenta a Mario Conde en cómo hacer experimentos agitando gasesosa y dinamita a un tiempo; o dito: toda catástrofe debe facer constar o seu particular Amancer Dourado para entrar nos parámetros requeridos pola Troika. Se Mario non o consegue, que por favor veña xa Julio Iglesias do ganchete de Juan Pardo ou que se nos deixen de lerias e resuciten dunha vez a Charlon Heston para que nos veña a presidir a asociación do rifle.

Entrementres, a curia andará celebrando a aparición milagreira do Códice Calixtino traendo ás Pussy Riot para amenizar a espera da recuperación por bronquite de Tom Jones en Compostela

Entrementres, a curia andará celebrando a aparición milagreira do Códice Calixtino traendo ás Pussy Riot para amenizar a espera da recuperación por bronquite de Tom Jones en Compostela. Esas seguro que no te pisaron colegios para señoritas como dios manda.

Le temps s’en va e Walter Benjamin repite insistente que para mañá non haberá prognóstico. Se cadra coincide co mesmo pasado de trasantonte.

 

¿Cómo están ustedes? ¡Bieeeeeeeeennnnn!.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.