“Cando a arrogancia sube á cabeza o sentido común é o primeiro que morre”.
Vello aforismo popular anónimo: reflexión sobre o ego e a soberbia.
Se poñemos ante o espello a Alfonso Rueda (e a Feijoo): do que dín ao que fan, vemos que os galegos e galegas saímos moi mal parados. O futuro pasa por un cambio da política na Galiza e que podamos revertir situacións que neste momento están moi complicadas. De nós depende!
Alfonso Rueda defende a súa "boa xestión" baseándose en que “Galicia é unha comunidade estable que cumpre o que promete con sentidiño". Insiste en que a súa folla de ruta “non se apoia en promesas, senón en feitos concretos e obxectivos cumpridos”. Fala de “Estabilidade e Cumprimento do Programa, cun alto grao de execución”: asegura que “cumpre os prazos fixados”, chegando a afirmar que “teñen a gran maioría do seu programa electoral xa cumprido ou en marcha”. Fala dun “Goberno con rumbo claro”. Contrapón de forma habitual a "responsabilidade e a estabilidade do seu goberno” fronte ao que define como "o non por sistema" ou as críticas "repetitivas" da oposición.
E cal é a realidade? O Consello Económico e Social, “urxe” o SERGAS a “optimizar o gasto sanitario para mellorar as listas de agarda”. Este órgano consultivo do goberno, prioriza como se resolverían parte dos problemas da sanidade...e mentras, Rueda apoia a sanidade privada, fomentando a Financiación Público-Privada dándolle 270 millóns de € este ano 2026 (máis de 2.000 millóns de € nos últimos 10 anos).
Feijoo acaba de “prometer un aumento do 15% da plantilla de profesionais sanitarios”...cando goberne!!! Como é posible que alguén que controla 13 CCAA e que ten as competencias sanitarias dende a súa creación, non o teña feito onde goberna? Rueda ten tamén a capacidade de facelo (sabendo que o principal problema do SERGAS é a falta de profesionais) e tampouco o fixo...Por qué? Aínda é máis sangrante: Feijoo fala do “absentismo laboral”...pero en ningún momento fai referencia ás 128.000 horas extras semanais, traballadas polos asalariados galegos que quedan sin pagar. A hipocresía e o cinismo póñense de manifesto vendo o que dín... e comprobando o que fan!
O goberno de Rueda, dóulle no 2024 á educación privada 367 m. de € a través dos concertos. Galiza está a cola do estado español en investimento para educación: o gasto educativo por habitante, no 2025, foi 181 € inferior á media do estado según datos da Intervención Xeral da Administración do Estado (IXAE). Fechou 173 centros educativos públicos dende 2009, sendo a educación infantil a máis perxudicada. En 2025-26 a educación concertada en Europa, representou o 12%, moi lonxe do 22,3% na Galiza. Non hai máis preguntas, señoría!
Seguindo con datos do IXAE, Galiza é a terceira comunidade do estado que menos inviste en Benestar Social: en 2025, o investimento por habitante en Servizos Sociais, foi de 403 m. de €, moi lonxe da media do estado de 483 m. de € (somos os terceiros pola cola).
A Sanidade, a Educación e os Servizos Sociais son a chave do Estado do Benestar, e o goberno do PP na Galiza, pincha de forma evidente: do que se dí ao que fai, un abismo! Sin embargo, Rueda non ten reparo en apoiar ós lobbies: Naturgy, Stellantis, Alcoa, Repsol, Eólicas (incluso a mariña), Altri, SAIC, Ence, as minas obsoletas, etc. E o máis sangrante: pagarlle en xuros a banca privada 310 m. de € no 2026, pola enorme débeda pública que non fai máis que medrar, ata límites abafantes (e encima, rexeitar a quita da débeda de 4.010 m. de € que rebaixaría os xuros e sería un alivio para as arcas públicas galegas). Menudo “bo xestor”!
Na política dos medios de comunicación, o que Rueda ten na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (antes CRTVG) é o organismo de propaganda máis grande da historia (pagado por TODOLOS Galegos) facendo deste ente, un xoguete roto dependente do PP e os seus acólitos. Outros medios de comunicación “subvencionadísimos” tamén lle fan o caldo gordo, para ter á opinión pública descolocada á mantenta, do que pasa na realidade do País.
Si poñemos ante o espello a Alfonso Rueda (e a Feijoo): do que dín ao que fan, vemos que os galegos e galegas saímos moi mal parados. O futuro pasa por un cambio da política na Galiza e que podamos revertir situacións que neste momento están moi complicadas. De nós depende!
P.S. Quero volver a facer mención, ás conclusións do Consello Técnico de AP de Galiza, para ter o Novo Modelo de AP. Costóulle o posto o anterior Director do SERGAS. Veremos o que fai o novo equipo cas Xerencias de Atención Primaria que “volven” a poñer no organigrama. Váinos a saúde nelo!