Alfonso Sastre, unha referencia ética universal

Intervención de Alfonso Sastre na entrega do Premio Donostia de Teatro a Ados Teatro © Juan Carlos RUIZ/FOKU

En Alfonso, a actividade creativa e o compromiso político forman un par dialéctico que define toda a súa longa e frutífera vida. Dende esta perspectiva, podemos dicir que nel se encarnaban e encarnaban as calidades dun verdadeiro suxeito desde a lóxica lacaniana. 

En Alfonso, a actividade creativa e o compromiso político forman un par dialéctico que define toda a súa longa e frutífera vida

A vida do noso gran dramaturgo basculou entre a Antígona de Sófocles e a Orestiada de Esquilo. 

A loita de Alfonso contra o Superego (Creonte, arquetipo do poder despótico e inxusto), encarnada no Estado español, opresor de Euskal Herria, está atravesada pola Angustia (Antígona prefire a morte antes que acatar a lei do tirano). Angustia derivada do medo, fundado, ás represalias do Estado español. Non obstante, o noso dramaturgo non cedeu e, como Orestes, armouse de Valor: compromiso coa loita de Euskal Herria pola súa liberación. A busca de Xustiza (como Atenea) abarcou toda a súa vida: unha Euskal Herria independente e socialista.

Agur eta Ohore, Alfonso! 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.