Aniversario da pandemia da Covid-19 na atención primaria: dende o 13 de marzo do 2020 ata hoxe

Mediante a mentira, o home aniquila a súa dignidade como home”. (Immanuel Kant: 1724-1804, filósofo prusiano considerado a figura central da filosofía moderna).

O 13 de marzo de 2020, o Sr. Sánchez, decreta o Estado de Alarma. Un día antes, o Sr. Feijoo proclama o Estado de Emerxencia Sanitaria. Feijoo sempre facendo que fai...sin facer nada. Esto é unha constante na evolución da pandemia da COVID-19 na Galiza.

A Atención Primaria (AP) estaba mal no ano 2019. Os recortes feitos nos últimos 10 anos polos gobernos de Feijoo (que xa leva 4 conselleirxs de sanidade) xunto ca convocatoria de folga de abril do 2019, son a clave, para facer que a administración abrise unha Mesa de Diálogo, que levou ós Sindicatos e diferentes organizacións sociais, científicas e políticas, a súa desconvocatoria in extremis, polo ofrecemento do SERGAS do Consello Técnico (CT) de AP de Galiza. Sabemos que a administración, cando non quere resolver un problema: “promove unha comisión”…pois ben, Feijoo: promoveu 15! Este CT, traballou arréo durante 6 meses, de forma desinteresada, con 208 persoas de diferente ideoloxía, que chegaron, en novembro do 2019, ás conclusións que ten no seu poder o novo xerente do SERGAS (...e van 2). Éste, deixou pasar un ano (ca desculpa da pandemia…) con 2.200 mortxs e 4.000 contaxios de sanitarixs galegxs, sin facer nada. Despois de falar co SERGAS, conseguimos poñer en marcha, de novo, o CT, que non leva o ritmo que nós esperabamos e sigue dándonos largas, para poñer en marcha o Novo Modelo de AP na Galiza.

O Sistema Sanitario, está impregnado de hospitalcentrismo. Todo o importante que se fai: dende o aparataxe, o persoal, etc. sucede neste nivel asistencial. A política austericida dos gobernos de Feijoo, levou o desmantelamento da AP que hoxe continua na Galiza. A Precariedade Laboral que existe (e que se pomove dende o SERGAS) provoca a falta tanto de profesionais, como de estabilidade, de sustitutxs, de material, de oposicións reais que cubran as prazas vacantes e que teña en conta ás xubilacións, a emigración masiva de profesionais a lugares que de verdade dignifiquen a profesión que tanto traballo costa conseguir (e que neses lugares non gastan un peso na súa formación e que nós xs formamos e non nos benefiamos da súa profesionaliade); ésto leva consigo o deterioro máis importante que se recorda na AP.

E chegou a Pandemia. Ó principio, as contradiccións dxs especialistas e os minutos de gloria dxs políticxs de turno, fixeron que a incerteza fose cada día maior. Pensóuse que cursaría como algo parecido a gripe común, pero o tempo, foi poñendo de manifesto que estabamos moi equivocadxs: o que se nos viña enriba, era algo descoñecido e moito máis agresivo, en todolos sentidos, do que sabíamos.

E mentras tanto, Feijoo que facía? Modifica a Lei Galega de Saúde (a primeira vez): para suprimir 4 Xerencias importantes e elimina a participación cidadán: retira o Consello de Saúde de Galiza e os Consellos de Saúde de Área Sanitaria, aparte de consolidar os recortes a as privatizacións. Agora, reforma de novo a LGS. Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galiza, rexeitamos o proxecto de reforma, da reformada, LGS, xa que se presenta, como unha Proposición de Lei do Partido Popular en lugar de como goberno da Xunta, para evitar o informe preceptivo dos Servizos Xurídicos do Parlamento de Galicia sobre a legalidade desta proposta e tampouco recoller o informe preceptivo, sobre o impacto de xénero, que está na Lei 7/2004 do 16 de xuño de Galiza para a igualdade de mulleres e homes. Utiliza a alarma social da pandemia. Supón unha reforma innecesaria, dado que a actual lexislación conten todos os instrumentos legais necesarios para afrontar a COVID-19. Recorta dereitos e liberdades que noutras circunstancias non serían aceptados pola poboación. Impón, baixo ameaza de grandes sancións, a obriga de realizar probas, vacinacións e tratamentos, invadindo a liberdade de decisión das persoas sobre a súa saúde. Vulnera a Lei de Consentimento Informado. A OMS pronunciouse contra a vacinación de carácter obrigatorio. Outorga un enorme poder ao Comité Clínico (CC) integrado maioritariamente por cargos institucionais, designados a dedo pola Xunta, por afinidade política. Avanza cara a un “estado policial” ao multiplicar o número de autoridades sanitarias con capacidade de intervir en temas sensibles para as liberdades e o dereito a saúde. Pretende controlar a vida e actividade das persoas, co pretexto de protexer a súa saúde, utilizando as novas tecnoloxías informáticas (moitas delas en mans privadas). Establece un réxime de sancións dunha contía a que non poderá facer fronte boa parte da poboación e de moitas pequenas empresas. En 53 páxinas, emplea a palabra “sanción” en 74 ocasións! Non contempla medidas para intervir sobre a situación das Residencias de Maiores (moitas delas en mans de grupos multinacionais e da igrexa) pese a ser o principal determinante da mortalidade: a día de hoxe ó 45% dxs mortxs, o foron nestas “ratoneiras” onde se prioriza a cuestión económica antes que a sanitaria.

Quen toma as decisións sobre a pandemia? Feijoo e xs seus voceirxs, dínos que o CC: pois ben, aparte de que Feijoo fala sempre “antes das xuntanzas do CC” do que vai pasar, éste, componse, case na súa metade (47%), de cargos institucionais, cuxa designación é por criterios de afinidade política en lugar de pola súa experiencia ou coñecementos contrastados. Falla persoal experto en pandemias; 20 dun total de 26 membros da “Comisión de Expertos” defenden intereses privados ou presentan graves conflitos de interese, pola súa vinculación ás empresas farmacéuticas, incluíndo ás que comercializan as vacinas para a Covid-19.

Neste tempo de pandemia, o SERGAS e Feijoo, promoven a dificultade de acceso aos Centros de Saúde, pechando incluso algúns e promovendo as consultas telemáticas, sabendo que no rural galego, o 20% da poboación non ten acceso a Internet e o 6% das persoas, saben usar o móbil de forma moi básica. Ademáis, por Internet o SERGAS “non permite a consulta presencial”. Mentras a pandemia continúa, Feijoo sigue privatizando a sanidade pública: o de Vigo xa é sangrante. Existe un aumento dos seguros privados nos últimos anos de forma exponencial!

E pensaremos: ca que está caendo, os orzamentos en AP teñen que aumentar treméndamante? pois non. O orzamento deste ano é mellor que o do 2020 e mellor que o do 2019, pero inferior en 200 millóns de euros, con respecto o 2009, cando Feijoo chegou o poder na Galiza.

No tema dxs Rastrexadorxs, a desfeita xa foi de traca: comenzou dicindo que en Galiza tiñamos 6.100, e aos poucos días, “pedía militares para facer esta labor”…..en realidade eran 160 persoas para un traballo fundamental no seguimento e detección dos casos positivos e asintomáticos de infectadsx: “...si necesitas militares para facer tareas sanitarias, é que te sobran militares e te faltan sanitarixs”.

E xa temos a vacina… ou vacinas. Diferentes laboratorios, en tempo record, e cxs cidadáns en “Fatiga Pandémica” foron capaces de elaborar un remedio que permite ver o final do túnel….sempre e cando, “xs de sempre”, permitan que a vacinación siga unha orde e que por creerse impunes, pola “falta de vixiancia e control da administración”, o permitan...con respecto a Josefina Fernández dixo Feijoo:"...terá que ser ela quen de explicacións": o mundo ao revés: xs responsables de vixiar o proceso de vacinación con fondos públicos, delegan nxs cara dura!

O desmantelamanto da sanidade (e de outros moitos servizos públicos) teñen un efecto devastador no rural. Dende o sistema privatizador de Feijoo, a extratexia é: primeiro deixo de invertir no Público, logo o servizo deteriórase, ergo teño que privatizalo.

O futuro témolo difícil. A Sociedade Galega, está acostrumbrada a pelexar... e facelo dúramente, pero hai esperanza de que cambie a dinámica de actuación, para poder facernos donxs de nós mesmxs!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.