Malia ser fusilado polas tropas franquista en febreiro de 1937, o seu nome resulta tan descoñecido que nin tan sequera a base de datos Nomes e Voces o recolle como merecería. Vilar non dubidou en arriscar a súa vida para salvar a miles de persoas – todos civís, homes, mulleres, nenos e anciáns – que fuxían á présa do avance fascista tras a caída de Málaga
Malia ser fusilado polas tropas franquista en febreiro de 1937, o seu nome resulta tan descoñecido que nin tan sequera a base de datos Nomes e Voces o recolle como merecería. Algo normal se atendemos ás circunstancias e lugar daquel crime atroz e inxustificábel. Porque axudou moito – se falamos de anonimato e esquecemento – o feito de que fora pasado polas armas dos sublevados nun lugar situado a unha distancia de mil quilómetros de Castro de Rei, Lugo, onde nacera en 1881.
Anselmo Antonio Vilar García, o protagonista deste relato, herdou do seu pai o traballo de fareiro nun sitio tan afastado como Torre del Mar, un núcleo de poboación pertencente ao concello malagueño de Vélez-Málaga. Anselmo seguiu os pasos do seu proxenitor, un home de mar que servira na Mariña para a continuación traballar de torreiro en Ribadeo e rematar as súas actividades profesionais como primeiro fareiro en Torre del Mar. En 1930, con 48 anos, Anselmo tomou o relevo para vivir e traballar nun concello que, naqueles tempos, apenas alcanzaba os 28.000 habitantes. Hoxe, co boom turístico iniciado na década dos 60, Vélez-Málaga supera os 85.000 cidadáns.
Nado na parroquia de Santa María de Duancos, Castro de Rei, Anselmo era un home culto e instruído, amante do xadrez que, segundo testemuñas da época, axudaba aos seus veciños na escritura e lectura das cartas que recibían. Un home bo e xeneroso situado no lugar equivocado nun momento de trebóns e morte. Con todo, Vilar non dubidou en arriscar a súa vida para salvar a miles de persoas – todos civís, homes, mulleres, nenos e anciáns – que fuxían á présa do avance fascista tras a caída de Málaga.
O 6 de febreiro de 1937 comezou un dos episodios máis sanguinarios e noxentos na historia da Guerra Civil española. Aquel día, entre 120 000 e 150 000 persoas tomaron a estrada de Málaga a Almería (esta última, aínda leal á República) para escapar do avance franquista
O 6 de febreiro de 1937 comezou un dos episodios máis sanguinarios e noxentos na historia da Guerra Civil española. Aquel día, entre 120 000 e 150 000 persoas tomaron a estrada de Málaga a Almería (esta última, aínda leal á República) para escapar do avance franquista. Aquel capítulo culminou seis días máis tarde, tempo dabondo para asasinar a entre 3 000 e 5 000 persoas, segundo as estimacións máis optimistas. La Desbandá, tal e como se coñece aquel éxodo, foi recollida na escrita do médico canadense Norman Bethune, testemuña daquel horror que deixou reproducido no libro publicado en 1937 baixo o título Le crime de la route Malaga-Almeria (hai tradución española, El crimen de la carretera Málaga-Almería, Caligrama, 2004).
A principios de 1937, Málaga estaba atestada de refuxiados procedentes de lugares máis occidentais como Granada, Marbella e Alhama. O avance das tropas moras xunto a militares italianos do Corpo de Truppe Volontaire (CTV) desatou tal pánico que axiña a estrada cara Almería apareceu conxestionada e atrancada por coches, caravanas de carromatos e camiñantes. Os fuxidos coñecían e escoitaran as alocucións desde Radio Sevilla do xeneral Gonzalo Queipo de Llano e o medo foi xeneralizado. Razóns non lles faltaban aos indefensos e aterrorizados fuxitivos.
Outro faro distante uns quilómetros, o de Torrox, permaneceu acendido e posibilitou que os buques franquistas estreitaran o cerco en Nerja situándose nas praias de Almuñécar e Salobreña. Pero o feito de apagar o faro de Torre del Mar levado a cabo por Anselmo ocasionou que a escuridade creara unha “zona segura"
Entón, deu comezo a carnicería. Ás tropas de regulares que avanzaban por terra uníronse os avións italianos metrallando a estrada mentres os cruceiros Canarias, Almirante Cervera e Baleares, situados a cincocentos metros da costa, bombardeaban sen pausa á poboación inerme. Aquí entrou en xogo o galego de Castro de Rei cunha acción que salvou a vida a milleiros de desprazados.
Anselmo Vilar decidiu tomar unha decisión sabedor que, probabelmente, ía a costarlle a vida mais, ao mesmo tempo, salvaría centos ou milleiros doutras que fuxían atemorizadas. Así, apagou as luces do faro de Torre del Mar...
Sentenciado a morte sen xuízo, o lugués Alselmo Vilar foi fusilado contra as tapias do cemiterio de Vélez-Málaga na noite do 9 ao 10 de febreiro. O lema do comandante italiano Gualteri, presente na zona, era moi explícito: “Tutto rossi fucilato, fucilato subito”, todo roxo fusilado, fusilado de inmediato. O corpo de Anselmo nunca foi recuperado
Outro faro distante uns quilómetros, o de Torrox, permaneceu acendido e posibilitou que os buques franquistas estreitaran o cerco en Nerja situándose nas praias de Almuñécar e Salobreña. Pero o feito de apagar o faro de Torre del Mar levado a cabo por Anselmo ocasionou que a escuridade creara unha “zona segura” conformada por Almayate, Torre del Mar, Caleta e Algarrobo. A torre que Vilar deixou sen luz nun radio de vinte quilómetros impediu ás tropas italianas localizar persoas e, ademais, fixo que a Armada franquista perdera todo punto de referencia para os bombardeos.
Anselmo Vilar deixou sen iluminación o faro de Torre de Mar as noites dos días 6 e 7 de febreiro de 1937 e ninguén o perdoaría. Axiña, as tropas nacionais do Rexemento de Infantería número 11, baixo o mando do capitán Ramón Marvá Macía, tomaron Vélez-Málaga e alí instalaron o seu cuartel provisional. A noticia do apagamento da torre correu como a pólvora e Anselmo foi detido.
Hai dous anos, en 2022, o pleno do Concello de Vélez-Málaga decidiu homenaxear ao fareiro de Castro de Rei. A iniciativa partiu do xornalista Jesús Hurtado Navarrete. Ao final, dezaseis concelleiros votaron a favor; mentres, outros nove representantes do Partido Popular optaron pola abstención
Sentenciado a morte sen xuízo, o lugués Alselmo Vilar foi fusilado contra as tapias do cemiterio de Vélez-Málaga na noite do 9 ao 10 de febreiro. O lema do comandante italiano Gualteri, presente na zona, era moi explícito: “Tutto rossi fucilato, fucilato subito”, todo roxo fusilado, fusilado de inmediato. O corpo de Anselmo nunca foi recuperado, sospeitándose que repousa nunha das tres foxas comúns existentes preto do cemiterio de Torre del Mar.
Hoxe, o faro permanece intacto e fóra de servizo. Quen visite a vila poderá contemplalo devorado por enormes edificios construídos para o turismo na Avenida Toré Toré. Hai dous anos, en 2022, o pleno do Concello de Vélez-Málaga decidiu homenaxear ao fareiro de Castro de Rei. A iniciativa partiu do xornalista Jesús Hurtado Navarrete, a persoa que máis investigou sobre a figura de Anselmo. A decisión de poñer o seu nome a praza onde está situada a torre non foi unánime, mais saíu para adiante. Ao final, dezaseis concelleiros votaron a favor; mentres, outros nove representantes do Partido Popular optaron pola abstención. Agora que estamos en eleccións autonómicas, convén lembrar as dificultades que a dereita española manifesta para desligarse do tufo franquista, un cheiro forte e desagradábel.