As competencias do señor Crespo

Dende que o conselleiro Hernández anunciou a instalación dunha incineradora de residuos en O Irixo ata hoxe non houbo anuncio oficial renunciado ao proxecto. A empresa afirma que a Xunta non lle comunicou nada. O único acordo oficial relacionado co tema fala da ampliación do vertedoiro de Areosa (Cerceda), proba de que a cantidade de lixo que xeramos diariamente non fai máis que medrar e de que non se da feito bo dela.

O mesmo conselleiro e o mesmo alcalde. Primeiro amigos persoais, logo con pareceres moi distintos e sen amizade e finalmente de acordo. Pero igual non tan amigos. Ou si. Non sei se se me entende

Nas reunións mantidas co alcalde levamos oído moitas cousas, unha detrás doutra. Por exemplo, que se sentira traizoado polo conselleiro, un amigo persoal, cando o chamou xusto antes do anuncio oficial para advertirlle do que ía pasar. Non lle fixera caso ningún. Pero agora hai que crer o que afirma o alcalde cando di que o seu amigo lle dixo que a cousa non se vai facer. O mesmo conselleiro e o mesmo alcalde. Primeiro amigos persoais, logo con pareceres moi distintos e sen amizade e finalmente de acordo. Pero igual non tan amigos. Ou si. Non sei se se me entende.

O señor Crespo tamén dixo que el non era quen para anunciar nada. Era competencia do conselleiro. Pero isto tamén mudou, volve ser competencia súa transmitir mensaxes.

O único certo é que seguimos con rumores

O único certo é que seguimos con rumores. Casualmente, cada vez que @s do NON Á INCINERADORA convocamos iniciativas (agora a sinatura da ILP), xorden rumores para desmobilizar á xente que nos apoia. Moit@s acaban pensando que a cousa xa a loitamos e que a incineradora non se instalará. Se inda por riba o di o alcalde.

Coa satisfacción polo traballo supostamente feito, o señor Crespo manexa argumentos que lle deben parecer sólidos, porque os repite con insistencia. Repasemos. A saúde das persoas non lle preocupa, porque só fala de imaxes: non quere chemineas e fumes pouco estéticos próximos a eses lugares do municipio que el e o seu equipo de goberno se van encargar de promover polo mundo para que a xente deixe moreas de cartos nos nosos petos cando nos veñan visitar.

Afirma que o modelo de tratamento de residuos é bo e non hai que mudalo. Pero as cifras din o contrario: poden pagar os concellos, incluído o noso, o sistema actual, que el sabe que é deficitario?

Logo afirma que o modelo de tratamento de residuos é bo e non hai que mudalo. Pero as cifras din o contrario: poden pagar os concellos, incluído o noso, o sistema actual, que el sabe que é deficitario?, promóvese a redución do lixo e a recuperación significativa de materiais útiles (papel, vidro, ou plásticos)?, logo de custes e beneficios, prodúcese ou consúmese enerxía mediante a incineración?; e hai máis, pero non quero aburrir.

E terceiro, algo que me asombra, o compost seica “non hai quen o queira.” Pero se o venden no super a prezo de ouro, producido en Alemaña ou Cataluña. Aquí temos sempre outras prioridades; e cada vez máis montes queimados que agradecerían toneladas de compost de calidade.

A nosa, unha vila rodeada dun rural inda vivo, non precisa compartir os problemas que ocasiona SOGAMA

O señor Crespo podería argumentar, pero non quere, o que moit@s dicían e din en O Irixo: “a merda de V*** (por non molestar a ninguén) para V*** e a nosa xa a comeremos nós.” Galicia, sendo un país pequeno pero moi heteroxéneo, debería buscar solucións diferenciadas segundo a zona; a nosa, unha vila rodeada dun rural inda vivo, non precisa compartir os problemas que ocasiona SOGAMA. Pero non, temos que ir tod@s polo mesmo camiño.

Fronte a iso propoñemos unha alternativa merecente de atención e estudo, asimilable ao que se promove dende a Unión Europea. A nosa proposta lexislativa, a ILP, terá cousas mellorables pero marca un cambio de rumbo razoable no tratamento dos residuos urbanos: moito máis inocuo, moito máis emprego, e sustentable financeiramente. É un camiño factible e realista e todo o que se desvíe del, lévanos a onde estamos agora. A rezar que a merda e a contaminación llas leven a outros, non a nós. Porque, amig@s, iso si, sen mudar o modelo, as incineradoras son necesarias.

Propoñemos unha alternativa merecente de atención e estudo, asimilable ao que se promove dende a Unión Europea

E para rematar, o día do Cocido estivo en Lalín o señor Feijoo, o home que ten a última palabra. Aquel día o señor Crespo tíñao xusto ao lado e non fixo nada semellante ao que fixemos nós: falamos claramente, erguemos respectuosamente o carteliño INCINDERADORA NON. Unha mágoa. Estes días si se manifesta. Cando un leva ao lombo tantas maiorías absolutas pensará que pode dicir o que sexa. Pero esqueceuse de que nesta película nós, as plataformas cidadáns contra a incineradora (Irixo, Carballiño e Deza), movémonos e a pesar dos moitos paus nas rodas puxemos as cousas no seu sitio.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.