As Deputacións

Non escoitei un só comentarista nin vin artigo algún que defendera a existencia das Deputacións cunha certa lóxica. O que afirman, é que para suprimilas hai que modificar algún punto da Constitución, e isto como se puido comprobar, si queren os dous grandes partidos, pódese facer en dúas semanas, aínda que teño algunha dúbida que teña que acometerse esta modificación, pois nas autonomías uniprovinciais xa non existen estes organismos.

Non escoitei un só comentarista nin vin artigo algún que defendera a existencia das Deputacións cunha certa lóxica

Outra razón, e non vin máis, é que son de gran axuda sobre todo para os pequenos Concellos. Para rexeitar este argumento hai que ver o que pasa nos pequenos Concellos de Asturias ou Cantabria por exemplo, para comprobar como estes Concellos están posiblemente mellor que os galegos e igual de atendidos, sen Deputacións. Tamén existen pequenos Concellos en Galicia, ven administrados, que fan algúns traballos mancomunados con outros Concellos, e outros servizos con empresas privadas que traballan para varios organismos, non dependendo practicamente, salvo nas estradas, da Deputación, que por certo xa no goberno bipartito, pola menos algunhas, se ían traspasar á Xunta.

Son pouco democráticas, a elección dos deputados e sobre todo, do seu goberno, faise dunha forma complexa, na que a cidadanía pouco pinta. Resultan extremadamente  caras, o gasto en persoal e moi elevado para a xestión que realizan

Sí, pola contra, existen razóns de peso para suprimilas: Son pouco democráticas, a elección dos deputados e sobre todo, do seu goberno, faise dunha forma complexa, na que a cidadanía pouco pinta. Resultan extremadamente  caras, o gasto en persoal e moi elevado para a xestión que realizan. Duplican as funcións que deberían facer os Concellos ou a Xunta, por exemplo, nas subvencións a entidades. E son moi proclives a corrupción, fundamentalmente por un motivo, non recadan, so gastan.

A “presunta” corrupción das Deputacións non se da só na de Ourense, que estes días se ve salpicada por múltiples motivos, ou nas de Castellón ou Lugo, onde o Sr. Fabra e Cacharro Pardo, eran os reis da provincia. É normal en todas, pois as axudas que dan ós Concellos, xeralmente fanse con criterios partidarios, e non hai máis que escoitar ó alcalde de Narón, un concello grande, ou ó alcalde de Parada de Sil, un concello moi pequeno, nos que as respectivas Deputacións non fan as melloras nas estruturas da súa competencia, nin lle dan subvencións, exclusivamente porque eses Alcaldes non son da cor política dos Presidentes dos organismos citados.  

Polo tanto a única solución é eliminalas, e que as súas funcións pasen a Xunta e ós Concellos, o persoal pasaría a eses organismos e loxicamente se iría amortizando co tempo

Polo tanto a única solución é eliminalas, e que as súas funcións pasen a Xunta e ós Concellos, o persoal pasaría a eses organismos e loxicamente se iría amortizando co tempo. O que si se eliminarían automaticamente serían os grandes soldos dos políticos que viven grazas a elas, e por iso os grandes partidos que copan as Deputacións son tan remisos a suprimilas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.