Philip Blom estuda en O motín da natureza o enfriamento climático europeo dos séculos XVI e XVII e as súas terríbeis consecuencias. As multitudes esconxuran o horror e a enfermidade suplicando a Deus en procesións infinitas. Despois cazan bruxas, acusan en máis de cen mil procesos e executan a cincuenta mil desgraciados. Esa monstruosidade antecede a Razón e os Ilustrados.
O Brasil abandonou o mapa da fame da ONU durante os mandatos de Lula da Silva e Dilma Rousseff. Os beneficiados non acudiron a defendelos cando o golpe de estado de 2016. Non compareceron
O Brasil abandonou o mapa da fame da ONU durante os mandatos de Lula da Silva e Dilma Rousseff. E 36 millóns de persoas saíron da pobreza. Os beneficiados non acudiron a defendelos cando o golpe de estado de 2016. Non compareceron. Un cuestionario gobernamental preguntoulles cales crían que eran as causas das súas conquistas. A maioría respondeu que a primeira Deus, despois eles mesmos (“o cal é moi importante” di a ex xefa do estado) e a continuación... a nai. Finalmente as políticas do goberno.
O atávico e as máis tebras máis profundas axudan a explicar o ascenso dos cristofascismos. Tamén o dos neofascistas europeos, doutro xeito.
Así anda a pana do xénero humano.
Notas
El motín de la naturaleza. Blom, Philipp. Anagrama.
Conversando con Correa. Dilma Rousseff. RT en español.