As guerras tamén cotizan en Bolsa

Bolsa de Madrid CC-BY-SA FDV

"O lobby armamentístico español ven de vender mais de 2.800 millóns de euros en armamento aos países involucrados na guerra do Iemen" (PUBLICO, 11.03.2022)


Aínda que na actualidade o foco mediatice estea na guerra en Ucraína, son decenas os conflitos bélicos abertos no mundo como demostra o dato de que neste ano 2022 se calcula que superen os 85 millóns as persoas forzadas a fuxir dos seus países por mor dun conflito bélico (ACNUR): a cifra mais elevada dende que finalizara a II Guerra Mundial.

Aínda que na actualidade o foco mediatice estea na guerra en Ucraína, son decenas os conflitos bélicos abertos no mundo como demostra o dato de que neste ano 2022 se calcula que superen os 85 millóns as persoas forzadas a fuxir dos seus países por mor dun conflito bélico

Deixando a un lado a indignación que provoca esta situación e entrando no miolo dos distintos conflitos bélicos que asolan este planeta terra si, por caso, analizamos o comportamento das bolsas poderemos chegar a coñecer i entender mellor algunhas das súas causas últimas xa que a primeira vista pareceran froito so de condutas políticas irresponsables e desapiadadas. Compre facelo por que, como moi ben explica Juan Hernández Vigueras (1) as armas e as guerras forman, hoxe en día, parte do xogo financeiro de bancos e de fondos de investimento de alto risco que invisten –e/ou participan no accionaríao- en empresas que fabrican e venden armas agardando obteren zumarentas ganancias.

Tódalas evidencias empíricas din que levamos anos metidos nunha carreira armamentística a nivel mundial. Unha carreira armamentística a que non son alleos nin os bancos nin os fondos de investimento de alto risco como por caso revelara no seu día a crise da débeda grega. Evidencias que levan a que o citado autor invite a que nos fagamos preguntas como as seguintes: ¿Pode haberen un control da carreira de armamentos sen controlar os canles que facilitan o seu financiamento?, ¿ata que punto o negocio das armas está incentivado polos fluxos de diñeiro que se invisten en valores bursatis relacionados con a produción de armamento?, ¿contribúe a especulación financeira a aceleración desa carreira armamentísta?. 

Son moitas as evidencias dos vínculos entre as finanzas e a carreira armamentística e desta coa proliferación de continuos e recorrentes conflitos bélicos

Son moitas as evidencias dos vínculos entre as finanzas e a carreira armamentística e desta coa proliferación de continuos e recorrentes conflitos bélicos. O caso mas paradigmático destes vínculos é o da primeira potencia militar a nivel mundial, os Estados Unidos –con un gasto militar que supón 39% do gasto militar mundial-. Uns vínculos que se reflicten no comportamento bolsístico das finanzas onde as cotizacións presentan unha continuidade co crecemento do gasto militar o que fai que o investimento nas compañías contratistas siga sendo mais rendible que noutros valores. “E así se comprende por que o que se segue chamando nos EEUU como the war on terror -a guerra contra o terrorismo-, expresión acuñada no seu día pola Administración Bush para a invasión de Iraq e que servira tamén para xustificar tanto a guerra en Afganistán como a tensión bélica con Irán e noutras áreas, tivo como resultado un maior gasto polas forzas armadas en armas ofensivas, sistemas de defensa, equipos de comunicacións, vixilancia, protección blindada e material de uso militar. Na lista de corporacións estadounidense beneficiadas por esta política de gasto militar se inclúen xunto a nomes coñecidos en todo o mundo como Boeing ou General Dynamics, outros que só se coñecen no ameto estadounidense como Alliant Technologies, Allied Defense, Applied Signal Technology.......... ” (J. Vigueras, op.cit.)

Bolsa de Madrid © El Diario

Empresas estas que pola súa dimensión teñen conexións incluso fora dos Estados Unidos e que pesan de xeito soterrado sobre a política interna dos países onde se cubican as compañías filiais e/ou asociadas. Empresas que ademais dada a súa complexidade presentan sociedade con outras –seguridade, armamento, transporte aéreo, electrónica- nunha simbiose que favorece a financiarización deste sector e a creación de produtos financeiros para atraer diñeiro e destinalo a especulación. Unha simbiose que unida a dispersión xeográfica das filiais facilitada pola mundialización financeira “se traduce en que á estas corporacións estadounidenses, e aos produtos bursatis respaldados pola industria bélica, acudan potentes investidores de moitos países coa cooperación dos grandes bancos globais” (J. Vigueras, op.cit.) como sucede, por caso, co Banco Santander a quen se lle acusa de investir en compañías que producen armas nucleares e bombas de acio.

Un exemplo paradigmático desta cotización en Bolsa das guerras foi a invasión de Iraq pero tamén podémolo atopar nas masacres que o exercito israelí provoca na franxa de Gaza

Proba desta financiarización da industria militar témola na actual vinculación entre o sector financeiro e as forzas armadas, algo que “sómente se pode entender dende o concepto do complexo militar-industrial, cuxa fondura das derradeiras décadas converteuse agora en complexo financeiro-militar (the Military-Industrial-Complex) no marco da integración mundial dos mercados” (J. Vigueras, op.cit.). Un complexo financeiro-militar que xestiona as guerras nas que, de xeito regular e permanente, vese envolto o imperio americano, todo grazas a extrema fluidez da relación entre este complexo e as autoridades estadounidenses –Congreso, Senado, Goberno, Presidencia…-.

Un exemplo paradigmático desta cotización en Bolsa das guerras foi a invasión de Iraq pero tamén podémolo atopar nas masacres que o exercito israelí provoca na franxa de Gaza: si, é moi posible, que a morte e a mutilación de moitos nenos e mulleres palestinos estean cotizando en bolsa e incrementando as ganancias especulativas dos accionistas, directivos e executivos das corporacións armamentísticas implicadas. Aínda que resulta escasamente coñecido os valores bursatis de “a defensa” –a industria de armamento ten uns índices propios que rexistran as variacións nos valores das súas accións: PHLX Defense Sector, Standard Poor´s 500, Spade Defense Index…- teñen cada vez mais importancia dentro dos mercados financeiros por mor das crecentes ganancias. A lóxica diabólica deste mercado é moi simple: os valores destas accións medran a carón dos investimentos da industria armamentística quen a súa vez puxa por intensificar a carreira armamentística para o que preciso contar con un mercado en permanente actividade i expansión. E que pode favorecer mellor a este mercado que a proliferación de conflitos bélicos?.

Para os que teñan algunhas dúbidas sobre a veracidade desta criminal lóxica mercantil compre explicarlles algúns aspectos da invasión de Iraq (2003) que non apareceron na maioría dos medios de opinión e comunicación nacionais e internacionais. Logo da invasión de Iraq o índice bursatil DFI (Amez Defense Index), que agrupaba os 15 títulos das corporacións con maior capitalización no sector do armamento quen inclúen os cinco primeiros contratistas do Departamento de Defensa de EEUU, como son Lockheed Martin, Boeing, Raytheon, Northrop Grumman e General Dynamics que, por si sos repártense un 50% dos gastos de subministro de armamento tivo un crecemento continuo durante os anos seguintes. Velaí que, a partir de entón, os analistas financeiros consideren as guerras dos Estados Unidos como unha fonte de negocios financeiros.

As ganancias da industria militar medran en paralelo as vítimas civís das guerras

Fonte de negocios que non paran de medrar como evidencia o feito tamén contrastable de que cada vez mais bancos, compañías de seguros, fondos de pensións e fondos de investimento de alto risco tanto orienten as súas carteiras de valores deica os valores citados como procuran un peso cada vez maior no citado complexo financeiro-militar (the Military-Industrial-Complex). “A gran banca e os fondos milmillonarios contribúen a potenciar os megagrupos de fabricantes de armamento como fonte de substanciosos negocios financeiros” (J. Vigueras, op.cit.).

E para rematar que mellor que recoller unhas consideracións do gran historiador inglés E. Hobsbawm (2) sobre as guerras que favorecen as grandes ganancias cando, co rigor que o caracterizou, sinalaba que “ao longo do século (XX) o peso da guerra foi recaendo mais e mais sobre os ombros dos civís, que non so eran as vítimas do conflito senón tamén o obxectivo das operacións militares e politicomilitares. O contraste entre a primeira guerra mundial e a segunda é abraiante: sómente o 5% das vítimas da primeira guerra mundial eran civís; na segunda, a porcentaxe elevouse ata o 66%. Na actualidade, a proporción de vítimas civís en calquera guerra sitúase entre o 80 e o 90% do total, e esa cifra aumentou dende o fin da guerra fría xa que moitas das operacións militares que se levaron a cabo dende entón non corresponderon a exércitos de soldados de reemplazo senón a tropas regulares ou irregulares, as cales, en moitos casos, dispoñían de armamento de última xeración e protexíanse para evitar baixas”. As ganancias da industria militar medran en paralelo as vítimas civís das guerras. 


 

Fontes consultadas:

(1): EL CASINO QUE NOS GOBIERNA: TRAMPAS Y JUEGOS FINANCIEROS A LO CLARO. Juan Hdez Vigueras. Edit. Clave Intelectual. 2012.

(2): GUERRA Y PAZ EN EL SIGLO XXI. Eric Hobsbawm. Editorial Sol90. 2007. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.