As identidades fracciónanos ata descortizarnos...

Escena de 'A vida de Brian' de Monty Python Dominio Público

Hoxe toca falar dun tema polémico (eu farei o meu típico comentario mediocre, pero si queren informarse de verdade, recoméndolle o seguinte traballo: https://elcomun.es/2020/10/31/por-que-oponerse-a-la-ley-trans-de-irene-montero/ ). Aínda que se trata dun debate aberto no seo do feminismo dende xa fai certo tempo, certas medidas lexislativas teñen aumentado a visibilidade do tema e da polémica. Recentemente o portal “Luzes” publicou un artigo de Rubén Alexandre no que se nos fala dun “Cambio de perspectiva”. Sendo honestos, creo que o abordaxe do tema por parte do autor é canto menos desatinado, onde se confunden conceptos, e sen saber si o elaborou guiado pola libre inspiración ou si o fixo pola inminencia de certas leis sobre o tema, atreveríame a dicir que a súa intención era defender estas medidas, xurdindo de aquí a contradición fundamental, xa que si se detivo a ler a proposta lexislativa darase conta de que esas leis fan de todo menos axudar ás persoas con disforia de xénero. Alexandre incítanos a non xuzgar o tema, cando a crítica é a base do progreso de calquera tipo. Isto representa unha especie de empirismo idealista, no que ó non poder reproducir e ti o sentimento doutro xa non podes opinar sobre esa experiencia. Unha sociedade que se guiase por eses principios non a vexo moi encamiñada ó progreso. A ciencia existe con unha razón, e non por nada conforme avanza esta ten avanzado a sociedade. Deste xeito preténdesenos mistificar como algo enormemente transcendente o cambio de sexo, e o que el denomina “proceso” cara esta meta, cando isto é biolóxicamente imposible, o sexo é algo físico, material, real e que a ciruxía e a medicina non poden modificar. Se temos esta concepción materialista e científica do mundo, alentar a unha persoa a que inicie un proceso cuxo fin sabemos que é irrealizable paréceme realmente repugnante e mezquino, xa que se está xogando cos problemas (relacionados cas concepcións do xénero da persoa) e cas ilusións dun ser humano. A parte o autor comete outro erro que a min me parece insultante, expondo exemplos estéticos de persoas transexuais caracterizadas por unha apariencia física case divina, sendo mezquino pretender vender esa imaxe idealizada do “cambio de sexo” (xa bastante idealizado de por sí) xa que por pura estatística é imposible que todas as persoas transexuais cheguen a eses canóns de beleza. Tanto tempo loitando contra os estereotipos que nos pretenden impor de corpos irrealizables, sendo os causantes da bulimia e a anorexia, para que agora reincidamos nos mesmos como algo de progreso... Xa para rematar co escuro artigo, o autor fala do difícil da “transición”, pero non menciona os casos nos que o suxeito se arrepinte de habelo iniciado, empezando así un segundo inferno. 

Ben, deixando de lado infortunados escritos, faremos un repaso xenérico do tema. Historicamente as persoas con disforia de xénero foron marxinados socialmente, sendo vistos dende unha óptica moralista como “desviados”, polo que non se lle ofrecía outra alternativa que a marxinación ou a prostitución (neste sentido, a cousa non cambiou tanto, por moitas leis que se aprobasen). Lévase loitado moito para que estas persoas fosen vistos dende un punto de vista científico, tratando de ofrecer mecanismos para tratar os seus problemas, e resulta que agora queremos volver ó escurantismo e á denigración, baixo a escusa dunha “discriminación positiva”. Sinto moito ser tan crudo, pero ante isto hai que oporse. Debemos opornos a este idealismo que solo afonda máis o problema, xa que si se ofrece unha saída irreal no fondo non se está ofrecendo unha saída. Débese aceptar que o sexo é algo biolóxico, e que non se pode modificar baixo ningún presuposto. Neste sentido os menores non poden decidir, xa que as consecuencias de semellante decisión son demasiado transcendentes como para deixalo en mans dunha mente inmadura (por non falar dos aberrantes efectos que ten a hormonación en menores...). Neste sentido abonda con citar casos como o de Keira Bell. 

Sei que podo sonar repetitivo, pero toda a xente que defende a retórica “queer” dubido que o fagan por inxenuidade, se non máis ben como un novo modo de dividirnos, de crear un problema social antes inexistente (por moito que diga basearse na marxinación dos transexuais, xa que non propoñen unha solución real ó problema). Deste xeito sei que se me vai a chamar “tránsfobo”, pero quero aclarar que a quen pretendo atacar é os promotores destas teorías idealistas (que curiosamente non son os que sofren as hormonacións ou as operacións...), non ás persoas con disforia de xénero, que para min só son vítimas dese escuro lobby que lles vende un futuro irrealizable. Remitámonos á fundadora da cuestión, Judith Butler, que mediante o insulto á ciencia pretende elevar como central unha cuestión dunha minoría social, que ó demostrarse que é un problema facilmente tratable, o que fai é instrumentalizar a esa minoría, non tratar de axudala, empregándoa como escudo humano, algo demasiado vil e mezquino ó meu parecer. Dende aquí quero denunciar ó mafioseo deste colectivo, que mediante discursos de “incitación ó odio” ou “transfobia” censuran á personaxes públicos que contradigan os seus dogmas, sendo suficiente con citar os casos de Lidia Falcón, Lucía Etxebarría ou Roberto Vaquero. O máis ridículo de todo é que se lle acusa de insultar e atacar ó colectivo, cando a min cónstame que ningún destes personaxes insultou en ningún momento a ningunha persoa con disforia de xénero, se non á mafia que os emprega como cobaias. 

O máis curioso é que este estraño lobby pretende vincularse co feminismo, cando no fondo socava por completo a cuestión central deste, a abolición do xénero, amosándonos aquí no que se pode converter algo no momento no que lle deixas a porta aberta ó idealismo. Non por nada existe unha campaña feminista que fala do borrado das mulleres. Despois de tanto tempo loitando contra os estereotipos de xénero, e agora resulta que si a unha nena lle gusta xogar ó fútbol é un home... Esta relativización absurda do sexo fai que os logros da muller salgan pola ventá. Por exemplo o deporte feminino veríase invadido por homes mediocres e frustrados que socavarían por completo o esforzo feminino, como xa se está comezando a ver en casos de homes transexuais que compiten en competicións femininas. Todo nos leva a ver que o que se amosa como “cambio de sexo” baséase en estereotipos de xénero. Outro insulto queer é a negación da binariedade, xa que se desprende da lóxica materialista que defende que o xénero é un reflexo do modo de produción (marcado así pola propiedade privada e a herencia), no que polos seus carácteres físicos a muller foi relegada a un rol secundario, favorecendo a concentración do capital, ademais de que así as frustracións dos homes da clase obreira serán dirixidas cara a súa “inimiga de sexo” e non cara o causante real da súa miseria. 

Pero non nos debemos quedar na efeméride e nunha lei en concreto. Debemos entender este fenómeno como a mostra máis dun sistema agonizante, na que se está disposto a renunciar a todo resto de moralidade, a atentar contra a mesma ciencia e deste xeito vender a imaxe dun “progreso” ficticio. O sistema creou unha pequena burguesía enferma que cre que pode impornos a súa lóxica e aínda por encima lle daremos as gracias por dentro da nosa explotación ser “máis diversos”. Unha lóxica que defende que a vontade abonda para a configuración da realidade (o que aparenta é o que importa), sendo o paradigma precisamente do “cambio de sexo” pero a amputación dos senos non te converte nun home, e xente tan intelectual como Judith Butler debería entendelo... Vemos así como un consumismo delirante pretende ser imposto en todas as esferas da vida, incluso na propia configuración do corpo. Deste xeito, lévasenos a pensar que ó igual que ca futura adquisición doutro produto calquera o “cambio de sexo” resolverá todos os teus problemas nunha sentada... Acaso isto non supón a imposición dunha moral de escravos, pretendendo que nos dividamos en infinitas “identidades”? 

En definitiva, preocúpame ver como “tránsfobo” estase convertendo na evolución de “herexe”. Quen apoia (máis ben quen a difunde e financia, xa que no fondo todos partimos dun estado de alienación do que non somos partícipes) esta nova relixión “queer”, non lle importa a xente. Si lle importase a xente farían algo contra a desigualdade social no país... Non deixa de ser curioso como os Monty Python, ó igual que amosaron con claridade o ridículo do paradigma cabaleiresco medieval, foron capaces de retratar xenialmente esta escura deriva da “”esquerda”” na vida de Bryan. Recentemente en programas cómicos que van de políticos personaxes escuros dedicáronse a difamar en suposta defensa das agresións contra transexuais, pero no fondo o que fan eles é apoiar medidas que lle esnaquizan a vida a esa xente. A parte a acusación é infundada, en ningún momento se lexitimou a violencia contra este colectivo, nin se apelou ó moralismo de non tratar de romper a división por sexos fundada por Adán e Eva, si non que se defende a solución real dos problemas desta xente, que así imposibilitaría tanto que fosen agredidos, marxinados socialmente ou instrumentalizados como cobaias políticas. Nos non somos quen botamos terra sobre os problemas reais dunha persoa prometéndolle o ceo e a panacea (porque no fondo todo demostra que ese ceo non existe). En fin, como nunca me canso de repetir: o fácil é ser valente e cruel cos vulnerables, e covarde e sumiso cos poderosos...

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.