As ninguén, as nada

© Fiscalía Paraguay

A policía liberou en Santiago a doce mulleres paraguaias escravas, obrigadas a prostituírse. Pasaron varios días e os grupos feministas non emiten sinais de indignación, menos aínda para postularse como acusación contra os proxenetas, por mencionar unha posibilidade entre mil. Nada. Nunca o fan. Pasa como cos negros afogados, unha traxedia allea, porque eles son outra cousa, non son dos nosos. Elas tampouco. Convivimos coa barbarie.

A escravitude de aquí e de agora obsérvase con perturbación particular e indiferenza colectiva

A escravitude de aquí e de agora obsérvase con perturbación particular e indiferenza colectiva. O feminismo carece de práctica planificada para abordar isto, e até de discurso. Unha inhibición brutal porque neste ciclo de avance ten forza sobrada para promover unha resposta eficiente. Mais ensimésmase, pospón as medidas prácticas e polemiza sobre o abolicionismo e a legalización, ou nin iso. Non é unha agresión que padezan as clases medias e populares con aspiración de benestar, de onde procede a base social feminista mobilizada e as súas líderes. Hai razóns pero é unha vergoña.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.