As residencias de maiores. A saúde. O negocio

Diante da tráxica morte de tantas persoas, está destacando que case o 45% das persoas mortas vivían en Residencias de Maiores.

E hai outro dato estremecedor que destaca. A maioría das persoas morreron na propia Residencia -a data do luns 20, segundo a Consellería de Sanidade morreron 10.. persoas nas Residencias, e 9.nos hospitais-.

POR QUE NON FORON HOSPITALIZADAS AS PERSOAS ENFERMAS?

Lémbrome que a Xunta de Galicia dicía que o prioritario era que non se colapsaran os hospitais.

Entón ocórreseme pensar que a maneira de non colapsar os hospitais era que se impedira a hospitalización de todas as persoas enfermas que vivían nas Residencias.

E foi o que se fixo.

Sabéndose que a gran maioría morrerían nas Residencias que non tiñan os medios dos hospitais.

Non vou poñer as palabras que definen o que fixeron as autoridades políticas e sanitarias porque non quero ser acusado xudicialmente.

Contábame unha traballadora dun Centro PUBLICO de XESTION PUBLICA, que os médicos do seu Centro envíaban aos hospitais ás persoas enfermas e que unhas eran admitidas nos hospitais e outras non.

Comentáronme ex compañeiras do Centro onde traballei 39 anos -antes "Centro de Educación Especial Santiago Apóstol- e dende o 2011 CAPD DE A CORUÑA que do CAPD non foi enviada ningunha persoa aos hospitais cando están infectad@s 25 persoas usuarias, e unha, como mínimo, estivo grave.

A comparación é clara e evidente. 

Polo tanto a pregunta é clara.

POR QUE UNS CENTROS ENVIAN AS PERSOAS USUARIAS AOS HOSPITAIS E OUTROS NON?

E tamén hai outra pregunta clara.

POR QUE UNS HOSPITAIS ADMITIRON A PERSOAS DAS RESIDENCIAS E NON ADMITIRON A OUTRAS?

O caso é que a dor máis intensa e a morte máis dolorosa tiveronna, de momento, 103 persoas que morreron nas Residencias que vivían.

Tal como dí o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía -Miguel Vázquez- pode haber un delito penal por denegación de asistencia sanitaria.

 

CATRO TIPOS DE RESIDENCIAS DE MAIORES, E CATRO TIPOS DE CENTROS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

É fundamental ter clara esta distinción porque explica moitas cousas.

RESIDENCIAS

1)RESIDENCIAS PUBLICAS DE XESTION PUBLICA.

2)RESIDENCIAS PUBLICAS DE XESTION PRIVADA.

3)RESIDENCIAS PRIVADAS SO CON PRAZAS PRIVADAS.

4)RESIDENCIAS PRIVADAS CONCERTADAS QUE CONTAN CON PRAZAS PUBLICAS

 

E O MESMO COS CENTROS DE ATENCION A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

A política desinformativa da Xunta estoupou cando se soubo que morreran varias persoas nas Residencias de Maiores de "Aldan" en Cangas, "San Lázaro" en Compostela, "Barreiro" en Vigo e "Nosa Señora da Esperanza" en Ourense. E xa non puideron ocultar que eran Residencias PRIVADAS.

 

POR QUE A XUNTA QUERE TAPAR AS MORTES DAS RESIDENCIAS PRIVADAS?

Porque xa hai moito tempo que a Xunta decidiu primar a atención das persoas maiores na XESTION PRIVADA..

Algúns motivos son.

1) O Partido Popular coincide máis cos INTERESES PRIVADOS que cos INTERESES PUBLICOS.

2) As Residencias PUBLICAS, e os CAPD, de XESTION PUBLICA supoñenlle á Consellería de Política Social cantidade de problemas organizativos, laborais, económicos...

3) A Xunta non ten este tipo de problemas concertando PRAZAS en Residencias PRIVADAS de XESTION PRIVADA.

E  incluso transferindo Residencias, e Centros PUBLICOS á EMPRESAS PRIVADAS como a Residencia "Concepción Arenal" de A Coruña ou o "CAMF Souto de Leixa" en Ferrol.

4) Esta decisión política de primar a XESTION PRIVADA xenera moitas complicidades político- económicas que permite que en moitos Centros non se cumpla o CONCERTO ASINADO; que empresas como a "FUNDACION SAN ROSENDO" teña recibido estes anos unha cntidade millonaria segundo os propios DOG;.que en moitos Centros se explote laboral e economicamente ao persoal traballador ao tempo que se gaste o mínimo cas persoas maiores en alimentación, coidados; que o Servizo de Inspección da Xunta faga poucas inspeccións que son rutinarias e burocráticas..o que provoca que diante dunha epidemia dun potente novo virus, as Residencias de Maiores de XESTION PRIVADA foran o perfecto caldo de cultivo para convertirse NO PRINCIPAL FOCO INFECCIOSO de Galicia.

5) A decisión da Xunta de primar ás PRIVADAS leva a que sexan unha gran maioría as de  XESTION PRIVADA -un 80% cunhas 17.000 prazas fronte a só 4.000 prazas públicas.

Dado que o modelo da Xunta é primar ás empresas de XESTION PRIVADA é un fracaso total desa política, e a Xunta tenta tapar como sexa que case todas as persoas mortas son de Residencias de XESTION PRIVADA.

Daí que a Consellería de Sanidade -xunto ca Consellería de Política Social rexida por Fabiola García- na lista que fan de persoas mortas en Residencias SO POÑA O NOME DAS RESIDENCIAS e o número -  , e daí que OCULTE O NOME DAS RESIDENCIAS das persoas mortas en hospitais.

 

OS DATOS OFICIAIS ATA O DOMINGO 19 DADOS POLAS CONSELLERIAS DE POLITICA SOCIAL, E DE SANIDADE. DUN TOTAL DE 200 PERSOAS MORTAS, 103 MORRERON EN RESIDENCIAS E 97 EN HOSPITAIS

Desde que empezou a pandemia morreron 24 maiores dentro do centro DomusVi de "San Lázaro" en Compostela, 20 no DomusVi "Aldan" en Cangas, outros 20 na residencia "A nosa Señora da Esperanza" en Ourense, 11 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, e 6 na residencia Moledo (Vigo).

Tamén se produciron 7 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, 3 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 3 na DomusVi Matogrande (A Coruña), un na Santa Teresa de Jornet (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Mestre (Ourense), dous na residencia San Pedro de Crecente, dúas nas Fragas de Pontedeume, un na residencia de Bande, un na de Foz e outro na nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras).
 

DENUNCIAS PENAIS

A Fiscalía Superior de Galicia sumou tres denuncias presentadas pola Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Usuarias de Residencias (REDE) presentadas o pasado luns polo presidente do colectivo cangués Vellez Digna e á súa vez secretario de REDE, Francisco Xosé Bernárdez Solla.

En concreto, unha destas denuncias está dirixida a un total de 51 xeriátricos en Galicia que contan con casos de COVID-19, mentres que outra acusa unicamente a os centros do Grupo DomusVi e, máis directamente, ao seu CEO en España, Josefina Fernández Miguélez, a cal recibiu un premio en decembro do 2019 entregado polo Conselleiro de Industria, acompañadp pola Secretaria Xeral de Igualdade e o Presidente do Parlamento.

A estas dúas súmase unha terceira contra o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidadede a Xunta, Ildefonso de la Campa Montenegro; o subdirector xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, Fernando González Abeijón; e contra a xefa de Inspección de Maiores e Discapacitados, Berta Besada. A eles, REDE acúsaos de delitos de denegación de auxilio, abandono, omisión de socorro con resultados de mortes e lesións, de forma dolosa e con prevaricación.

Tamén hai outra denuncia penal de familiares de persoas mortas na Residencia "Nosa Señora da Esperanza" da FUNDACION SAN ROSENDO


QUE FAI MENTRES TANTO A XUNTA?

1) A máis grave é non trasladar aos hospitais a persoas enfermas nas residencias.

2) Gravísimo crear dúas Residencias "Integradas", supostamente "medicalizadas" na de "Porta do Camiño" e na de "Baños de Molgas" con tremendas carencias en vez de trasladar ás persoas enfermas aos hospitais.

E máis grave cando os hospitais están ao 50% da súa capacidade.

3) Outra grave é non intervir a "San Lázaro" na cal morreron máis persoas -22-, nin intervir "Nosa Señora da Esperanza" que xa leva 20 persoas mortas na Residencia.

4) Outra cousa que fai a Xunta de Feijóo é botarlle a culpa de todo ao Goberno Estatal -Goberno Estatal que tivo moitos acertos e erros notables-.

No colmo da hipocrecía e o cinismo, e ao igual que fai o PP de Pablo Casado, acusar ao Goberno de que non da datos fiables cando os datos os dan os Gobernos das Comunidades Autónomas.

5) E no colmo da antidemocracia, non querer convocar á Deputación Permanente do Parlamento Galego para debatir como afecta a Galicia o coronavirus, rexeitando a solicitude que lle fixeron En Marea, o PSOE, o Grupo Común da Esquerda e o BNG, ao tempo que Feijóo sae continuamente na TVG e nalgúns medios de comunicación moi subvencionados pola Xunta do Partido Popular de Feijóo.

 

UNHA CONCLUSION EVIDENTE

Hai un lema moi popular nas traballadoras e traballadores do sector público: O PUBLICO E SERVIZO. O PRIVADO, BENEFICIO.

A máis evidente é a necesidade de que cambie o modelo de primar ás Residencias de XESTION PRIVADA, e como iso non o fará unha Xunta do Partido Popular, tería que facelo unha Xunta progresista que alcance a maioría absoluta nas Eleccións Galegas, e impulse as Residencias de Maiores, e os Centros de Dependencia, PUBLICOS DE XESTION PUBLICA.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.