Atención integral ás familias desfavorecidas. Cando?

A finais do mes de xuño, representantes de CONFAPA-GALICIA tivemos senllas xuntanzas coa directora xeral da Consellería de Traballo e Benestar e mais coa Consellería de Educación. O tema a tratar foi a necesidade urxente de moitas nenas e nenos que durante o curso escolar utilizan o servizo de comedor escolar así como dos datos de familias en situación precaria facilitados polas Anpas pertencentes á nosa Confederación.

A solución que nos plantexaron foi a dunha atención integral ás familias, idea que todos compartimos: se un neno pasa fame, a súa familia tamén

A solución que nos plantexaron foi a dunha atención integral ás familias, idea que todos compartimos: se un neno pasa fame, a súa familia tamén. De feito, en CONFAPA temos información  -sempre a través das Anpas-  de lugares onde a veciñanza colabora facéndolle a compra a estas familias, onde as propias Anpas montan Bancos de Alimentos e de roupa. Así vanse solventando parcialmente situacións de extrema necesidade.

Que está a facer a Xunta de Galicia? Cando vai comezar esa atención integral ás familias que tanto publicitaron no mes de xuño? En setembro? Parece que lle hai que lembrar novamente a quen goberna que hai FAME. Hai fame no día a día, nesta aldea, naquela vila, naquela outra cidade. Fame negra, sí.

Non sabemos que entenden por axuda ás familias, cando o cheque para libros é unicamente para iso: libros. Como van mercar material escolar familias que non teñen nin para un bo prato de lentellas ao día?

Non sabemos que entenden por axuda ás familias, cando o cheque para libros é unicamente para iso: libros. Como van mercar material escolar familias que non teñen nin para un bo prato de lentellas ao día?

Isto víase vir. Non queremos facer visible a miseria porque a ollos pechados a miseria non existe. Non é certo, señores da Xunta?.

CONFAPA-GALICIA non deixará de repetir as veces que faga falta: HAI FAME, os nenos pasan fame, as nenas pasan fame, as familias afogan e ninguén está disposto a mirar para elas... cando menos a día de hoxe, no mes de xullo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.