'Atentamente', a última palabra que escribiu Vicente Aleixandre

Derradeiras palabras de Vicente Aleixandre ©

O 13 de decembro de 1984 Vicente Aleixandre escribiu unha dedicatoria e asinou un libro que recibira por correo. Poucas horas despois finou na Clínica Santa Elena, ao apagarse a luz do día

O 13 de decembro de 1984 Vicente Aleixandre escribiu unha dedicatoria e asinou un libro que recibira por correo. Poucas horas despois finou na Clínica Santa Elena, ao apagarse a luz do día.

Velintonia, a casa na que viviu arredor de 40 anos, no distrito de Chamberí, sabía que se acabaran os tempos de encontros con intelectuais: Maruja Mallo, Alberti, García Lorca, Leopoldo Panero e moitos outros. Foi o lugar do exilio interior, do amor segredo que sentiu por Miguel Hernández, e o refuxio no que intentou coidar a mala saúde.

Aquel libro que chegou a tempo, está en Lugo, e curiosamente ás veces ten o lector a sensación de que foi escrito dende a propia tumba, consumadas a vellez e a morte. Curiosamente tamén, porque o asinou nas últimas horas de vida, sendo este o texto da dedicatoria: "A D. Ángel Patricio Rodríguez Argibay atentamente".

Ángel Patricio visitou anticuarios e exposicións desde neno. Vivía nunha casa frecuentada por pintores, nun relativo paralelismo coa casa do Premio Nobel, e agora vive entre Lugo e A Coruña, onde busca pezas valiosas nos mercados, que o sorprenden pola calidade e prestixio do escultor sen que o vendedor o saiba, mesturadas con baratixas ou obxecto de moi diferente natureza e valor

Ángel Patricio visitou anticuarios e exposicións desde neno. Vivía nunha casa frecuentada por pintores, nun relativo paralelismo coa casa do Premio Nobel, e agora vive entre Lugo e A Coruña, onde busca pezas valiosas nos mercados, que o sorprenden pola calidade e prestixio do escultor sen que o vendedor o saiba, mesturadas con baratixas ou obxecto de moi diferente natureza e valor. Cada novo achado permítelle pór en valor a escultura e contacta, de ser posible, co autor ou cos herdeiros, sendo en certos casos unha enorme sorpresa para eles, pensen que falo de pezas numeradas, que a número 1 está no Vaticano, a número 2 na Casa Real, etcétera. Na súa casa ten algunha destas xoias de número moi baixo.

Ese afán por coleccionar levouno a transformar a vivenda nun museo: cerámicas de Sargadelos e Do Castro, cadros de afamados pintores, esculturas e libros; asegura posuír a maior colección de libros dedicados do mundo, algo que está en trámites para que o certifique quen corresponde.

O derradeiro libro que Aleixandre dedicou foi o recibido de Ángel Patricio Rodríguez Argibay ©

Os poemas da consumación de Vicente Aleixandre repousan nesta atmosfera, entre a luz doutros creadores, nun encontro entre obras de destacados intelectuais e, en certa maneira, nun exilio interior a poucos metros da Muralla Romana de Lugo, xunto coas obras rescatadas do esquecemento e do desleixo.

Os poemas da consumación de Vicente Aleixandre repousan nesta atmosfera, entre a luz doutros creadores, nun encontro entre obras de destacados intelectuais e, en certa maneira, nun exilio interior a poucos metros da Muralla Romana de Lugo, xunto coas obras rescatadas do esquecemento e do desleixo.

Fóra, o vento e a chuvia transforman as prazas e as rúas nun deserto de cemento e alcatrán. Abeirados, aseguramos con certeza que nunca chovera así. É a forza do presente que, nun estado líquido, se mestura coa choiva e forma pequenos regos de auga e tempo. Miramos e sentimos algo no noso interior, algo difícil de verbalizar, algo "como el silencio que queda después del amor".

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.